Curros Enríquez: poeta galego do século XIX
Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en gallego con un tamaño de 2,08 KB
Curros Enríquez
En 1877 dáse a coñecer como poeta ao gañar en Ourense un premio literario coas composicións «A Virxe do Cristal», «O gueiteiro» e «Unha voda en Einibó». Regresa a Galicia e escribe Aires da miña terra, que se publicará en 1880.
Aires da miña terra (1880)
Nos 21 poemas deste poemario están presentes tres liñas temáticas:
- Poesía social ou cívica: As súas críticas diríxense contra a Igrexa por fomentar o fanatismo e a superstición, que provocan a ignorancia e o atraso. Tamén ataca os fidalgos e os caciques, beneficiarios dos foros e impostos que padecen os labregos, que os obrigan a emigrar. Boa parte dos seus poemas reflicten as súas ideas progresistas, contra a pena de morte, o imperialismo...
- Poesía costumista: O seu costumismo mestúrase en ocasións coa intención reivindicativa. Esta temática ten unha escasa presenza na súa obra e en ocasións combinase coa temática social.
- Poesía lírica: expresa a súa propia situación anímica. Neles trata acontecementos familiares, como a felicidade polo nacemento do seu primeiro fillo, ou a súa dor pola morte da súa nai, e noutros ofrece unha visión pesimista da existencia.
O divino sainete (1888)
É un longo poema narrativo de temática satírica e social. Tomando como modelo a Divina comedia de Dante, relata unha imaxinaria peregrinación a Roma para gañar o xubileo. Realiza a viaxe acompañado de Francisco Añón nuntren de 7 vagóns, que simbolizan os 7 pecados capitais. A partir deste tema, Curros realiza unha forte sátira anticlerical, social e literaria.
Ideoloxía de Curros:
- Progresismo: defende as liberdades e os dereitos individuais
- Compromiso social: denuncia as inxustizas e póñese ao lado dos que sofren
- Anticlerical: ataca á Igrexa católica porque as considera a viva imaxe da intolerancia