Curros Enríquez: Poeta Cívico e Obra Fundamental do Rexurdimento

Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en gallego con un tamaño de 3,58 KB

Curros Enríquez: Figura Central do Rexurdimento

Curros é unha das grandes figuras do Rexurdimento literario galego. Converteuse nun dos grandes poetas cívicos europeos do século XIX. Empregaba a literatura como ferramenta de loita contra as inxustizas, como por exemplo, na obra Crebar as liras. Acabou por ser o poeta galego do século XIX máis coñecido popularmente.

Comezou a súa traxectoria como escritor galego co poema A cantiga e seguiuno con Ben achegado. A súa consagración viría da man da publicación de dous libros fundamentais:

  • Aires da miña terra
  • O divino Sainete

Análise de "Aires da miña terra"

Aires da miña terra foi publicado en 1880, formado inicialmente por 17 poemas, e foi medrando ata 1886 con 32 poemas. Os seus temas principais son:

  • Poemas sociais ou cívicos: nos que defende aspectos do seu ideario progresista, democrático e galeguista, e expón críticas contra os sectores hexemónicos.
  • Poemas intimistas e de circunstancias: forman algúns poemas que teñen a súa orixe nalgún acontecemento persoal.
  • Poemas costumistas: son os tres cos que gañou o certame literario de Ourense.

"O divino Sainete": Sátira e Estrutura

O divino Sainete é un longo poema de carácter satírico-burlesco, composto por 312 tríades de versos octosílabos con rima consoante. Componse dunha introdución e 8 cantos. Tivo tres grandes obxectivos:

  1. Facer unha crítica aos sectores reaccionarios da sociedade.
  2. Desenvolver unha defensa do Rexurdimento.
  3. Satirizar inimigos persoais.

Ideoloxía e Compromiso de Curros Enríquez

Curros definiuse a si mesmo como un home de ideas e convicción. A súa poesía e a súa vida estiveron sempre marcadas polo combate e o compromiso cos ideais de progreso, democracia, liberdade, república e galeguismo, en contra da opresión e a inxustiza.

A ideoloxía de Curros está asentada en tres bases fundamentais:

Progresismo democrático

É un poeta social ou civil que defende as liberdades e dereitos persoais.

Compromiso social

Ten a misión ética de denunciar a inxustiza e poñerse ao lado dos que sofren.

Anticlericalismo

Curros atacará á Igrexa Católica, por considerala viva imaxe da intolerancia.

Curros experimentou unha evolución ideolóxica provocada polo contraste entre os seus esquemas teóricos optimistas e as evolucións, case sempre negativas, da realidade histórica.

Lingua e Estilo

Curros baseou o seu galego na fala popular, resultando en liñas xerais máis enxebre, depurado de castelanismos e rico que o de Rosalía, pero menos elaborado que o de Pondal. A poesía de Curros ten unha intención didáctica e moralizante.

A Escola Poética de Curros (Lira Cívica)

Debido aos poemas de Curros, moitos foron os que se fixeron eco da súa lira cívica. Entre eses autores cabe mencionar a:

  • Manuel Leiras Pulpeiro: quen publicou en vida só un libro (Cantares Gallegos) e demais poemas que serían recompilados en 1930 pola editorial Nós.
  • Manuel Lugrís Freire: un dos discípulos de lira de máis fecunda calidade. É autor de cinco volumes poéticos, entre eles:
    • Soidades (con 28 poemas de ton patriótico).
    • Noitebras (con 21 poemas, metade dedicados á súa muller morta e metade de temática social e combativa).

Entradas relacionadas: