O Currículo da Área do Contorno en Educación Infantil: Conceptos, Estratexias e Lexislación Galega

Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 8,62 KB

O Contexto Socioeducativo e a Transición Democrática

O Emerxer do Pensamento Crítico e a Liberdade Educativa

Coa desaparición do pensamento ideolóxico dominante (o da ditadura), apareceron profesores ateos, vermellos, ecoloxistas e outras correntes de pensamento. Grazas a isto, emerxe o pensamento crítico, fundamental para a liberdade de pensamento e de gran importancia para as Ciencias Sociais (CCSS).

A lexislación educativa incorpora novas tendencias relacionadas coa psicoloxía evolutiva (recoñecendo que non todos temos as mesmas capacidades para aprender un concepto) e novas tendencias vinculadas ao contorno/lugar (non é o mesmo explicar CCSS no rural que na cidade). Debe existir cohesión entre o texto e o que se ensina.

A etapa democrática permitiu a recuperación de dereitos para os cidadáns (votar, reunión, dereitos da muller, dereitos colectivos).

A Descentralización Educativa e as Autonomías Históricas

Xorden as novas nacionalidades en España: os Estatutos de Autonomía de Galiza, Cataluña e País Vasco, consideradas comunidades históricas (xa que antes de 1936 xa tiñan solicitado o estatuto).

As autonomías teñen a competencia da educación transferida. En Galiza, isto supuxo que se comezase a estudar a xeografía, historia e contorno propios, afondando na realidade social de Galiza.

A LOGSE de 1970 [sic] deu a oportunidade de ceder/descentralizar e cambiar o contexto das CCSS en Galiza.

Nota histórica: O 4 de decembro de 1981 aprobouse o Estatuto de Autonomía de Galiza.

A Área do Contorno no Currículo de Educación Infantil

Non é necesario que todos sexamos iguais, nin é necesario acadar os coñecementos da mesma maneira. A Área do Coñecemento do Contorno adáptase ás necesidades de todos os nenos.

O contorno será a base para a aprendizaxe das Ciencias Sociais (CCSS).

Conceptos Fundamentais do Currículo

  • Currículo

    Contempla os principios básicos de Educación Infantil. Ten que ser aberto, cun marco de actuación que se pode flexibilizar dependendo do contorno e da estrutura que nos rodea. Organiza os contidos en áreas.

  • Área

    Organización lóxica de coñecementos, metodoloxía, aptitudes e competencias que existen dentro das áreas.

  • Tipos de Pre-Contido

    Na etapa de Educación Infantil hai distintos tipos de "pre-contidos", xa que non é unha formalidade regulada estritamente. Por exemplo: Que é un río? Os nenos teñen que ter as ferramentas (sensoriais, experimentais) para descubrir autonomamente que é un río, e ter a imaxinación para crear os seus propios conceptos.

Os Tres Tipos de Contidos Curriculares

O valor educativo reside na integración dos tres tipos de contidos:

  • Contidos Conceptuais

    Que ensinamos? Que debemos ensinar? Son os elementos que se traballan a partir do contorno dos nenos (ríos, mares, océanos, familia, escola, montañas). Son pre-contidos relacionados coa xeografía, historia, arte, etc.

  • Contidos Procedementais

    Como ensinamos? Que ferramentas se usan? Aprendemos xogando, con excursións, experiencias... Trátase de trasladar unha actitude científica: buscar as definicións a través de métodos científicos, tamén con carga emocional.

  • Contidos Actitudinais

    Para que? Por que? Contidos que establecen finalidades positivas (paz, respecto, diversidade, igualdade, empatía). Son principios e valores éticos que nos axudan a convivir en sociedade. A través dos contidos actitudinais obtemos criterios sociais.

Por exemplo, saber as cores dos contedores de lixo é un contido actitudinal.

A Educación Integral baséase na combinación de conceptos, procedementos e actitudes. En Educación Infantil, hai que poñer máis fincapé nos contidos actitudinais para que sirvan de base para a aprendizaxe, educando en emocións, co corazón e non só coa lóxica.

Obxectivos Curriculares (Lexislación de Galicia)

Segundo a lexislación de Galicia (páxina 55), os obxectivos inclúen:

  1. Orientación e Representación Espacial: Aprender a orientarse e desprazarse no espazo a partir do corpo, doutros puntos de referencia do contorno e de códigos usuais de representación do espazo. Iniciarse cos mapas e cartografías básicas.

    Estratexias: Mapas mentais, debuxar o camiño da casa á escola, puzzles, fotos, xogos, audiovisuais. O valor actitudinal é crear unha identidade propia, coñecer o noso lugar no mundo e saber que existen outros lugares coma o noso.

  2. Recoñecemento Cultural e Histórico: Recoñecer e explicar acontecementos, lugares, símbolos, monumentos, personaxes e institucións do pasado e do presente (por exemplo, o Día de Rosalía) a través de contos, xogos e cantigas. Apreciar e identificarse cos elementos significativos propios da tradición e da cultura galega (expresións artísticas, costumes, festas populares, folclore, gastronomía).

  3. Valores Democráticos e Dereitos Humanos: Coñecer e respectar os dereitos humanos, exercendo os dereitos e deberes democráticos nas súas actuacións. Isto conséguese con dinámicas de grupo, saídas e observando a diversidade e a integración cultural.

Bloques de Contidos da Área do Contorno

Os bloques de contidos consisten nunha unidade coherente e organizada de contidos conceptuais, procedementais e actitudinais sobre un tópico determinado dentro dunha área ou materia. Non deben ser entendidos como "temas" no modo tradicional, nin como apartados independentes entre si.

A súa presentación tampouco supón unha orde ou secuencia de ensinanza ríxida. Débese fixar a súa secuencia para o ensino-aprendizaxe e analizar e establecer relacións entre eles, dende unha perspectiva flexible e aberta.

Estrutura dos Bloques de Contidos na Área do Contorno

  • B1: Medio Físico

    Inclúe xeometría e elementos de coñecementos matemáticos (grande-pequeno, lados, número, cantidades), así como a relación coa natureza e co noso contorno.

    Foco: Tempo, espazo, causalidade e resolución de problemas.

  • B2: Achegamento á Natureza

    Fomenta o interese e a curiosidade (xeográfica, experiencias sensoriais).

    Foco: Valores, respecto e coidado do medio.

  • B3: Cultura e Vida en Sociedade

    Lugares cotiáns propios da vida do neno. Inclúe a identidade individual e social, a inclusión dentro dunha organización social (cultura, escola, sanidade, oficios), festexos e estacións.

    Foco: Identidade individual e social.

Estes bloques están secuenciados en función da etapa educativa.

Estratexias Didácticas e Avaliación en Educación Infantil

Estratexias Didácticas

As estratexias didácticas poden ser entendidas como as capacidades (mentais e sensoriais) empregadas polos nenos para chegar ao coñecemento (razoamento, emocións). Hai dúas estratexias fundamentais:

  • Coñecementos previos.
  • Experiencias vividas.

As metodoloxías, recursos e procesos que empregamos para estimular estas capacidades mentais e emocionais inclúen:

  • Xogo Libre: Movemento, capacidades mentais, puzzles, unir puntos.
  • Expresión Oral: Repetición de vocabulario, conceptos, cancións, expresión musical, aprender a escoitar.
  • Novas Tecnoloxías (NNTT).
  • Experimentación: Sensorial e emocional (texturas, experimentos, vivencias).
  • Resolución de Problemas: A través do xogo e a observación (pezas, torres, matrioscas).
  • Saídas de Campo.
  • Observación: Detallada e sen présa.

Tamén se aplican Estratexias Individualizadas para asegurar que os nenos progresen nas súas competencias.

Avaliación das Competencias

Para comprobar se os nenos están adquirindo as competencias, utilízanse os criterios de avaliación.

O mecanismo fundamental de avaliación en Educación Infantil é a observación (día a día). Tamén é necesaria a autoavaliación do docente.

A lexislación establece rúbricas e estándares de aprendizaxe (con dificultade / sen dificultade / en proceso). A avaliación márcaa a media da clase e a apreciación do propio mestre, baseada en criterios e indicadores claros.

Entradas relacionadas: