Cunqueiro, Fole e a Nova Narrativa Galega

Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en gallego con un tamaño de 3,59 KB

A narrativa de Álvaro Cunqueiro

Obras

Novelas

  • Merlín e familia
  • As crónicas do sochantre
  • Se o vello Sinbad volvese ás illas

Libros de relatos

(Describen a forma de ser das xentes galegas do rural)

  • Escola de menciñeiros
  • Xente de aquí e acolá
  • Os outros feirantes

Características

  1. Orixinal mestura de realidade e fantasía.
  2. Técnicas propias da narración realista:
    • A) Recursos da tradición oral: digresións, apelacións a un auditorio...
    • B) Aparencia de realidade:
      • Ambientes familiares, lugares da Galicia da época.
      • Referencias a feitos e personaxes históricos.
  3. Dous tipos de personaxes:
    • A) Da realidade cotiá nos libros de relatos.
    • B) De vellos mitos doutras culturas e literaturas: Merlín (mitoloxía celta), Sinbad (literatura árabe).
  4. Presenza do humor.

A obra narrativa de Ánxel Fole

Etapas e características

  1. 1ª etapa (anos 50):

    • Espazos rurais do sueste de Lugo (O Courel, Quiroga e O Incio).
    • Historias enmarcadas: un grupo de personaxes reúnense e cada un deles vai contando as súas historias.
    • Obras: Á lus do candil, Terra brava.
  2. 2ª etapa (anos 70 e 80):

    • Espazos urbanos.
    • Maior presenza do humor.
    • Obras: Contos da néboa, Historias que ninguén cre.

Características da narrativa de Fole

  • A) Os seus relatos inscríbense dentro do realismo popular e tira da literatura oral os seus argumentos e técnicas narrativas. Aínda que o fantástico e misterioso está moi presente, o autor tenta coas súas narracións facer unha descrición precisa das xentes da Galicia rural.
  • B) Reproduce a lingua falada nos territorios onde sitúa as historias, cos seus dialectalismos e formas coloquiais.
  • C) Recrea as crenzas, lendas e mitos que pervivían na Galicia rural da súa época; de aí que nos seus contos se nos relaten maleficios e outras accións máxicas, premonicións e aparicións de defuntos, visións da Santa Compaña e lendas coma as de tesouros ou lobos.
  • D) O misterio, a maxia, o medo, o humor e a descrición da paisaxe teñen tamén gran importancia na súa obra.

A Nova Narrativa Galega

Que foi?

Foi un movemento renovador da narrativa que se produciu entre 1954 e 1970.

Características

  • No tempo úsanse os saltos temporais, con avances e retrocesos, e o contrapunto (a narración de feitos que ocorren simultaneamente).
  • No tocante aos espazos, predominan os urbanos imprecisos ou claustrofóbicos, aínda que se poden chegar a describir minuciosamente e algúns presentan valor simbólico, pasando a resultar hostís e desacougantes.
  • Novos narradores:
    • En primeira persoa.
    • Narrador escéptico ou pouco fiable.
    • Narrador que actúa coma unha cámara cinematográfica.
  • Técnicas narrativas innovadoras:
    • Monólogo interior.
    • Perspectivismo (varios narradores).
  • Introducen temas novos como a violencia, a soidade e a angustia ante o absurdo da vida, o subconsciente cos soños e pesadelos, a rebeldía, a loita pola independencia de Galicia...
  • Os protagonistas son antiheroicos: seres violentos, fracasados ou á beira da loucura; tamén se poden encontrar protagonistas colectivos.

Entradas relacionadas: