Cultura y Lengua Gallega: Represión, Exilio y Resistencia Artística
Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en español con un tamaño de 5,13 KB
Galicia baixo o Franquismo: Represión e Uniformización Lingüística
Durante o franquismo, Galicia tivo catro características principais: represión planificada e brutal, ausencia de fronte bélica no territorio, serviu de despensa de alimentos e diñeiro, e resistencia popular (a “guerrilla”). Máis de 8.000 fusilamentos e cinco milleiros de persoas asasinadas pola Falange, ademais de abusos sexuais e malleiras, foron parte da realidade. Na década dos 60, fundáronse dous partidos: un nacionalista e outro de esquerda. Co réxime, implantouse a uniformización lingüística, anulando calquera asomo de diversidade. O uso do galego fóra da familia e do traballo estaba prohibido. Calquera defensa do galego considerábase un acto antipatriótico; nin se permitían nomes galegos, vascos nin cataláns, tampouco se permitía traducir obras da literatura universal a dialectos.
Durante o franquismo, intensificouse o proceso de desgaleguización, que incluíu:
- Incremento do uso do castelán.
- Penetración do español no mundo rural.
- Aumento da presenza de persoas monolingües en español.
- Difusión dos prexuízos contra o galego.
Os factores que influíron neste proceso foron:
- Modificación dos contextos sociais e dos tipos de hábitat.
- Influencia das estruturas estatais.
- Impacto sociolingüístico da emigración.
- Influencia doutras institucións.
- Influxo dos novos medios de comunicación de masas.
Literatura na Posguerra: O Exilio Galego
A derrota do bando republicano empurrou ao exilio a moitos galegos. Arxentina, Uruguai e México foron os principais destinos. Alí xa existían comunidades galegas, o que, unido á existencia dun tecido asociativo, mutualista e cultural importante, facilitou a integración dos exiliados. O exilio mantivo acesa a cultura galega que non podía desenvolverse co franquismo e garantiu o galego como lingua escrita por diferentes iniciativas, tales como:
- Organización de actos culturais.
- Fundación de varias editoras (Alborada, Galicia).
- Edición de xornais (Galicia).
- Revistas (Galicia Emigrante) e programas radiofónicos.
- Constitución de compañías dramáticas e de diversos organismos e entidades para a promoción da nosa cultura.
- Denuncias diante de organismos internacionais como a UNESCO.
Poesía na Diáspora
Luis Seoane
Luis Seoane presenta un compromiso ideolóxico nacionalista e marxista. Combina a denuncia social coa visión histórica, a vivencia persoal cos dramas colectivos. O volume Obra poética 1977 reúne toda a súa produción. Trazos da súa poesía:
- Estilo realista, ás veces xornalístico.
- Temática preferentemente social, con predominio do tema da emigración.
- Escaseza de poemas líricos e persoais.
- Dominio do verso longo.
Lorenzo Varela
Lorenzo Varela publicou con Seoane Catro poemas pra catro gravados, tamén coñecido como María Pita e tres retratos medievais. A súa obra Lonxe recolle temas como as vivencias tráxicas da Guerra Civil, o pasado histórico da loita das clases populares, certas figuras emblemáticas ou míticas da Galicia medieval e a saudade da Terra desde a vivencia do exilio.
Emilio Pita
Emilio Pita emigrou á Arxentina con doce anos e colaborou coa prensa e coa radio galega. Publicou, entre outros, os poemarios Jacobusland e Serán. Os temas básicos da súa obra son a nostalxia por Galicia; a condición de emigrante; a denuncia da opresión franquista; e as vivencias persoais.
O Teatro na Diáspora
Durante a posguerra, conviviron na diáspora dúas propostas teatrais diferentes: unha de carácter máis popular, enxebre e costumista; e outra máis culta, con técnicas, temas e enfoques dramáticos innovadores.
Alfonso R. Castelao
Os vellos non deben namorarse é a obra con que Castelao culmina o esforzo de renovación da dramaturxia galega levado a cabo polas Irmandades da Fala e o Grupo Nós. Castelao sinala que Os vellos... é unha obra imaxinada por un pintor e non por un literato. A obra está formada por tres lances independentes entre si que van enmarcados por un prólogo e por un epílogo. Entre os personaxes destacan os vellos, que representan os diferentes sectores dominantes na sociedade galega. Os vellos... parece ter como obxectivo pór en ridículo uns amoríos de tres vellos incautos. A peza foi estreada en Bos Aires en 1941. O propio Castelao ocupouse en persoa da escenografía, luces, vestiario.