Cultura Galega e Franquismo: Resistencia e Exilio Literario
Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
español con un tamaño de 3,47 KB
O Franquismo exerceu a censura e desprezou a cultura como expresión de tolerancia e liberdade. Intentou eliminar todas as linguas que non encaixaban no seu modelo unitarista, considerando o cultivo e reivindicación do idioma galego como un acto separatista e de traizón.
Impacto da Guerra Civil na Literatura Galega
A Guerra do 36 freou o sistema literario galego: creación, edición e difusión, debido ao asasinato de xornalistas, escritores e editores, o peche de revistas e xornais, un clima de medo e a baixa consideración do galego.
Lenta Recuperación a Finais dos Anos 40
- 1947: Cómaros Verdes, de Aquilino Iglesia Alvariño.
- Revistas poéticas bilingües.
- Suplemento cultural “La Noche”.
- Colección “Benito Soto”: primeira tentativa de recuperación editorial.
- Editorias como “Bibliófilos Gallegos”, publica a primeira novela en galego da posguerra: A Xente da Barreira de R. Carballo Calero.
- 1950, Editorial Galaxia (liña culturalista) promove os cadernos “Grial”, publica a “Revista de Economía” e abre a colección “Illa Nova”.
- Década dos 50: Colección poética “Xistral”.
- Década dos 60: “Edicións do Castro” e Editorial “Castrelos” (O Moucho).
O Exilio Galego: Un Refuxio para a Cultura
A derrota do bando republicano na Guerra Civil provoca o exilio de moitos galegos, entre eles escritores, artistas e intelectuais. Os países de Arxentina, Uruguai e México acolleron o maior continxente de exiliados. Alí existían comunidades estábeis e un tecido asociativo e cultural que facilitaron a inserción, aínda que non faltaron problemas.
Bos Aires e Montevideo foron as cidades onde se concentraron a maior parte dos intelectuais, escritores e artistas exiliados: Castelao, Lorenzo Varela, Rafael Dieste, Suárez Picallo, Luís Seoane, Lois Tobío... A eles sumáronse outros emigrados: Blanco Amor, Emilio Pita, Varela Buxán... Esta concentración axudou a dinamizar en xeral a vida asociativa e reforzou as posicións do galeguismo, liderado por Castelao ata o ano 1950.
O exilio mantivo así acesa a chama da cultura galega e a continuidade do galego como idioma escrito, con iniciativas como:
- A organización de toda clase de actos culturais.
- A fundación de varias editoriais e as coleccións bibliográficas como “Citania” e “Galicia”. Edítanse obras como Sempre en Galiza de Castelao e A esmorga de Blanco Amor.
- Posta en marcha e sostemento de xornais (“Galicia”, “A Nosa Terra”), revistas (“Galeuzka”, “Galicia Emigrante”, “Saudade”, “Vieiros”) e programas radiofónicos.
- Creación de grupos músico-corais e de compañías dramáticas (Compañía “Maruja Villanueva”, “Teatro Popular Galego” de Blanco Amor).
- A constitución de diversos organismos e entidades para a promoción da nosa cultura.
- A presentación dunha denuncia diante da UNESCO (1954) pola persecución da cultura galega e do idioma galegos polo réxime franquista; e a celebración do Primeiro Congreso da Emigración Galega.
Outros Centros de Actividade no Exilio
Tamén houbo actividade noutros lugares: En México está o poeta Delgado Gurriarán e publícanse as revistas Saudade e Vieiros. En Estados Unidos escribe Ernesto Guerra da Cal. Ademais, houbo actividade en Cuba, Porto Rico e Venezuela (Silvio Santiago).