A Crise de 1873 e a Primeira Gran Depresión
Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Historia
Escrito el en gallego con un tamaño de 2,83 KB
A mundialización da economía foi un proceso que mellorou moito desde finais do século XIX. A produción das grandes potencias industriais chegaba a todo o mundo grazas á revolución do transporte. A expansión do capitalismo levouse a cabo mediante a formación dun mercado internacional. Era a época do mercado mundial.
Esta forma do capitalismo caracterizábase por estar sometida a uns ritmos cíclicos (expansión e depresión). As crises económicas nas sociedades preindustriais eran de escaseza ou subsistencia. As crises do novo sistema capitalista son de superprodución industrial (empresas producían por enriba das posibilidades de consumo, baixan os prezos, descenden os beneficios e aumentaba o paro entre os traballadores).
A Primeira Gran Depresión do Capitalismo (1873-1896)
En 1873 produciuse unha gran crise económica; parecía que ía ser curta, pero durou un longo período.
Impacto nos Sectores Económicos
A agricultura foi a primeira vítima da crise, co aumento da produción agraria en países como EE. UU., Austria, Arxentina, etc., que tiñan un doado acceso a terras. Tamén unhas condicións naturais favorables e o transporte fan que os produtos agrarios de fóra sexan producidos cuns custos máis baratos. As consecuencias para os produtos europeos foron dramáticas: os prezos baixaron ata un 30%.
Detrás do sector agrario, seguiron o sector industrial e financeiro. En 1873, o crash da Bolsa de Viena foi seguido de quebras bancarias.
Consecuencias Sociais e Económicas
Estes países tiveron un aumento do paro e unha diminución do salario. O resultado desta grande crise da economía mundial foi un descenso dos prezos. A magnitude do paro obreiro por primeira vez chegou ao 10% (os dous díxitos). Aumentou a diferenza social.
Tamén aumentou a rivalidade entre as principais potencias para controlar os recursos económicos e os mercados do mundo extraeuropeo. Os países tomaban medidas proteccionistas.
Respostas á Crise: Concentración e Proteccionismo
Concentración Industrial e Financeira
- Cartel: Convenio entre empresas para fixar o prezo dos produtos e repartirse o mercado.
- Trust: Fusión de diversas empresas dedicadas á mesma actividade (fusión horizontal) ou a distintas fases do proceso (fusión vertical).
- Holding: Unha sociedade financeira que inviste en empresas variadas para controlalas.
Potencias industriais como EE. UU. promulgaron leis antitrust, co fin de evitar a posición de monopolio.
Proteccionismo Económico
É un nacionalismo económico que defende os produtos do país fronte á competencia dos do estranxeiro. Consistía en elevar aranceis aduaneiros.
E outra das causas tamén foi o Imperialismo por esta rivalidade.