Cosmoloxía, Sistema Solar e Dinámica Terrestre: Orixe, Planetas e Tectónica de Placas

Geología5,1 KB

A Teoría do Big Bang

Foi proposta polo astrónomo Georges Lemaître e desenvolvida polo físico George Gamow. Segundo ela:

  1. Tanto a materia como o espazo e a enerxía estiveron nun comezo concentrados nun átomo primixenio, con densidade e temperatura moi elevadas.
  2. Expandiuse bruscamente e comezou a expansión do universo: a enerxía foise transformando en materia e orixinouse o espazo e o tempo.
  3. Foronse xerando partículas subatómicas e os átomos máis sinxelos.
  4. Foi descendendo a temperatura, a materia espallada foise condensando e foron xurdindo as nebulosas, as galaxias, as estrelas e os planetas.

Os Planetas do Sistema Solar

De acordo coa UAI, os planetas que compoñen o noso sistema solar son: Mercurio, Venus, Terra, Marte, Xúpiter, Saturno, Urano e Neptuno. Plutón foi rebaixado de categoría.

A Orixe do Sistema Solar

Calquera teoría sobre o sistema solar ten que explicar os seguintes feitos:

  • O Sol e os planetas xiran no mesmo sentido.
  • Os planetas percorren órbitas case circulares e situadas nun mesmo plano.
  • O movemento de rotación da maioría dos planetas prodúcese no mesmo sentido que o de traslación.
  • Os planetas próximos ao Sol son pequenos e densos, mentres que os extintos, grandes e lixeiros.
  • Todos os corpos planetarios presentan grandes impactos.

A Teoría dos Planetesimais

É o modelo que explica a orixe do sistema solar:

Os materiais da nebulosa comezaron a onditarse e a interactuar. Como consecuencia, a materia da nebulosa condensouse e comezou a concentrarse na parte central, comprimiúna e quedou un núcleo que alcanzou suficiente temperatura como para iniciar as reaccións termonucleares que fan que as estrelas emitan grandes cantidades de luz e de calor. Foi o nacemento do Sol. O resto da materia permaneceu xirando arredor da nova estrela.

Os materiais máis densos dispuxéronse máis preto do centro, aparecendo concentracións chamadas planetesimais, que se dispuxeron en órbitas diferentes arredor do Sol e que comezaron a colisionar entre si. Os planetesimais foron o xerme dos futuros planetas. Os planetas que se formaron preto do Sol orixinaron os planetas interiores rochosos; os máis lonxanos convertense nos planetas exteriores gaseosos. Posteriormente, os planetas arrefriáronse e crearon unha atmosfera cos gases liberados.

Telescopios

Na actualidade, a instalación de telescopios en órbitas espaciais permite non só estudar a radiación visíbel, senón tamén as radiacións non visíbeis, o que permite un estudo máis profundo das estrelas e das galaxias.

Métodos de Observación Indirectos

  • Medición: medición dalgunhas propiedades físicas do planeta, gravidade e enerxía térmica, e o estudo de rochas que poden compararse coas que supostamente constitúen o interior terrestre.
  • Os ensaios de laboratorio: intentan reproducir as condicións do interior da Terra.
  • O estudo das ondas sísmicas: método indirecto que achega os datos máis completos sobre a estrutura e a composición do interior da Terra.

División do Interior da Terra

As ondas sísmicas mostran irregularidades nos tempos de desprazamento a través do planeta e da súa velocidade, o que indica que entran nun novo tipo de material. A estas variacións bruscas denomínaselles descontinuidades, e indican que a Terra ten unha estrutura en capas: núcleo, manto e codia.

Tectónica de Placas

A litosfera está dividida en 12 placas principais. Hai placas que están formadas exclusivamente por litosfera oceánica, mais o máis común é que as placas teñan unha parte compoñesta por litosfera continental e outra oceánica.

A Terra está dividida en placas litosféricas que non son estáticas, senón que cambian de tamaño e disposición. Esta dinámica produce rozamentos e empurróns entre as placas, desencadeando diferentes procesos como o vulcanismo.

Bordes das Placas

Os límites ou bordos entre placas poden ser de tres tipos:

  • Bordes converxentes: Dúas placas que se aproximan e se empuxan. Unha das placas introdúcese e úndese, e unha delas diminuye o seu tamaño. Por esa razón tamén se chaman bordos destrutivos. Os choques entre placas orixinan cadeas montañosas, terremotos e vulcanismo na Terra.
  • Bordes diverxentes: Dúas placas que se separan. Ábrense fracturas entre ambas que se encheron con rochas fundidas. Cando este material fundido chega á superficie, solidifícase. Como nestes bordos se constrúe codia, tamén se chaman bordos construtivos. Son zonas con intenso vulcanismo.
  • Bordes con movemento lateral (ou pasivos): Placas que se moven lateralmente unha con respecto á outra. Trátase de fracturas chamadas fallas transformantes. Como nestes bordos non se crea nin se destrúe litosfera, denomínanse bordos pasivos. Son zonas caracterizadas por actividade sísmica.

Descargar

PDF Word HTML