Conxugación verbal en galego: andar, varrer e partir
Comproba o que aprendes facendo os exercicios que aparecen no fondo desta páxina.
| 1ª Conxugación | 2ª Conxugación | 3ª Conxugación | ||
| ANDAR | VARRER | PARTIR | ||
INDICATIVOO modo da realidade | ||||
PresenteA acción que presenta ocorre no mesmo momento en que se fala:"Varro a escaleira e axiña xogamos" | ||||
| ando andas anda andamos andades andan | varro varres varre varremos varredes varren | parto partes parte partimos partides parten | ||
Pretérito imperfecto (copretérito)Sinala a coincidencia da acción cun momento do pasado:"Daquela comiamos moita froita" | ||||
| andaba andabas andaba andabamos andabades andaban | varría varrías varría varriamos varriades varrían | partía partías partía partiamos partiades partían | ||
Pretérito perfecto (pretérito)Indica unha acción anterior ao momento da fala:"Hai dous días que andei pola praia" | ||||
| andei andaches andou andamos andastes andaron | varrín varriches varreu varremos varrestes varreron | partín partiches partiu partimos partistes partiron | ||
Pluscuamperfecto (antepretérito)Expresa unha acción rematada no pasado, anterior a outra tamén pasada:"Cando falei contigo, xa varrera a escaleira" | ||||
| andara andaras andara andaramos andarades andaran | varrera varreras varrera varreramos varrerades varreran | partira partiras partira partiramos partirades partiran | ||
FuturoExpresa un acontecemento que vai vir con posterioridade ao momento presente:"Mañá collerei as miñas cousas" | ||||
| andarei andarás andará andaremos andaredes andarán | varrerei varrerás varrerá varreremos varreredes varrerán | partirei partirás partirá partiremos partiredes partirán | ||
Futuro hipotético (pospretérito)Serve para indicar un tempo futuro a partir dun momento do pasado:"Avisou que chegarían onte á iso das cinco" | ||||
| andaría andarías andaría andariamos andariades andarían | varrería varrerías varrería varreriamos varreriades varrerían | partiría partirías partiría partiriamos partiriades partirían | ||
SUBXUNTIVOO modo da irrealidade, do desexable, do posible... | ||||
Presente | ||||
| ande andes ande andemos andedes anden | varra varras varra varramos varrades varran | parta partas parta partamos partades partan | ||
Pretérito imperfecto | ||||
| andase andases andase andásemos andásedes andasen | varrese varreses varrese varrésemos varrésedes varresen | partise partises partise partísemos partísedes partisen | ||
IMPERATIVOO modo das ordes, recomendacións... | ||||
| anda andade | varre varrede | parte partide | ||
INFINITIVO CONXUGADOEmprégase cando o infinitivo ten suxeito propio distinto do que leva o verbo principal:"Pasou iso por andaren coma tolos" | ||||
| andar andares andar andarmos andardes andaren | varrer varreres varrer varrermos varrerdes varreren | partir partires partir partirmos partirdes partiren | ||
FORMAS NOMINAIS | ||||
Infinitivo | ||||
| andar | varrer | partir | ||
Xerundio | ||||
| andando | varrendo | partindo | ||
Participio | ||||
| andado | varrido | partido | ||