Contos Galegos: Vida, Morte e Misterio
Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Informática y Telecomunicaciones
Escrito el en gallego con un tamaño de 4,62 KB
Sobre da morte de Bieito
Un home leva canda a outros tres un cadaleito de camiño ao camposanto. Preto da chegada, sente ruído dentro da caixa e comeza a ter remorsos por se o seu amigo Bieito está vivo. Dubida até o momento en que comezan a botar terra por riba, pero por vergoña non fala. Mais á noite regresa ao cemiterio cun sacho, pero escoita uns pasos e retírase.
De cómo se condenou o Ramires
Ramires, un indiano que regresara da emigración logo de vinte anos traballando nas terras de Catamarca, está no seu leito de morte, acompañado da súa muller e os seus fillos. O párroco da aldea intenta convencelo para que morra como bo cristián, pero Ramires négase. O sancristán intenta convencelo meténdolle medo, e mesmo chega un frade que fora párroco da aldea anos atrás, pero nin así.
A Volta
Resenda ten un fillo, chamado Andrés, que emigrou a Mouramia e non volveu ter noticias del, mais agárdao con ilusión. Ao cabo, o seu home morre e queda viúva. A veciñanza dicía dela que gardaba moedas de ouro que gardaba para o fillo. Moitos anos despois, oe ruídos na súa casa e sente medo de que lle vaian roubar, polo que comeza a chamar polo marido. Colle afouteza e érguese para pechar a porta, e á luz da lareira ve o seu fillo. Ao día seguinte apareceu morta.
A luz en silencio
Un home que vive na cidade regresa á casa familiar da aldea para arranxar uns papeis por mor dunhas lindes. De noite, só na casa, comeza a sentirse intranquilo por se houbese un espírito. Prende tres mistos, e ao resplandor da luz vermella sente que non está só. Finalmente, cando entra na sala, descobre amargamente que está só.
Historia dun xoguete
Un mariñeiro entretén a súa estancia na goleta tallando en madeira unha miniatura dun barco, ao que chama Nosa Señora do Carmen, como a propia goleta. Ten a idea de chegar a terra e penduralo na casa que comparte coa muller, mais de socato chega unha tormenta. Xa na costa, un neno pequeno atopa a miniatura na praia e a nai recoñéceo. Ao chegaren á casa pendúrano, e a muller comeza a vestir de loito polo seu home.
Pampín
Pampín é un mozo que vive nunha vila costeira, que sempre axuda os demais sen pedir nada a cambio, acompañado dunha pequena cana que leva sempre enriba.
O vello Moreno
Nunha taberna dunha vila portuaria están varios homes a falar de mulleres. O vello Moreno é un viaxante que comeza a contar a historia dunha muller que lle é infiel ao seu home emigrado. Cando sabe que o seu marido vai regresar axeita a casa, pero o home non dá chegado. Porén, a esposa recibe moitos cartos e un baúl grande con agasallos e roupa para os fillos, e ela rompe a chorar. O vello Moreno, ao cabo, móstrase partidario da monogamia e a fidelidade.
O vagamundo
O narrador fala do personaxe dos vagamundos, dos que di que hai un en cada vila, xeralmente orfos, que deixan de estudar sen se poñeren a traballar, peregrinando pola vila e os arredores á procura de comida, con roupas vellas. Conta o caso dun vagamundo que vai tras dunha muller para espiala mentres lava a roupa, mais é descuberto por outro home que o golpea.
O vello que quería ve-lo tren
Un home que vive na montaña non quere morrer sen mirar un tren, e coa axuda do seu neto convence a familia para iren en carro até un apeadoiro. Alí ven achegarse o fume da locomotora e despois o convoi, ao que soben dúas mulleres. Fican abraiados, e mentres que o neno expresa a súa emoción, o avó queda algo triste ao ser consciente de que existen moitos outros mundos que xamais coñecerá.
O neno suicida
Un cativo suicídase dun disparo, e nunha taberna un home conta a súa historia. Seica tempo atrás, cara a 1830, un ancián apareceu espido nun camposanto. O vello acababa de nacer, e a súa vida iría ao revés, co consentimento de Deus, desde vello a bebé. Tivo unha vida vizosa, traballando de maior e desfrutando das rendas de novo. Mais xa de rapaz comezou a angustiarse ante a chegada do seu fin, quizais entrando no ventre dunha muller, polo que decidiu pór fin á súa vida.
Na morte de Estreliña
Estreliña é unha meniña ben mandada e simpática, sempre alegre e disposta. Un día morreu, e a súa nai e a súa irmá choraban por ela lembrándoa. Este conto acabano decindo: Estreliña onte, Estreliña hoxe e Estreliña mañá.
O grandor do mundo
Un home marcha da súa vila cara a Buenos Aires co propósito de facerse rico, e xa no porto da cidade onde embarca sorpréndese do grande que é o mundo. Dez anos despois regresa, pobre, e asolágao un sentimento estraño.