Construción e instalacións das vivendas: Guía e exercicios

Matemáticas13,39 KB

Unidade didáctica 7: Construción e instalacións

Construción e instalacións das vivendas. Resumo

O proxecto de construción

Para que sexa posible a construción dun edificio é precisa a intervención de moitas persoas con diferentes niveis de cualificación: profesionais técnicos para elaborar o proxecto e dirixir a execución da obra, e traballadores cualificados de todos os oficios que interveñen nela. Para que cada un saiba o que ten que facer e como executalo é imprescindible a elaboración do proxecto de construción.

O proxecto de construción dun edificio é o conxunto de documentos nos que se reflicten os cálculos e traballos a realizar para a construción dun edificio, incluíndo a verificación do cumprimento da normativa urbanística, a normativa de aplicación, as condicións de execución e control da obra, o orzamento e os planos necesarios para definir con claridade o edificio e todas as súas instalacións.

Unidade didáctica 7: Resumo do proxecto

Construción e instalacións das vivendas. Resumo continuado

Para que sexa posible a construción dun edificio é precisa a intervención de moitas persoas con diferentes niveis de cualificación: profesionais técnicos para elaborar o proxecto e dirixir a execución da obra, e traballadores cualificados de todos os oficios que interveñen na obra. Para que cada un saiba o que ten que facer e como executalo é imprescindible a elaboración do proxecto de construción.

O proxecto de construción dun edificio é o conxunto de documentos nos que se reflicten os cálculos e traballos a realizar para a construción dun edificio, incluíndo a verificación do cumprimento da normativa urbanística, a normativa de aplicación, as condicións de execución e control da obra, o orzamento e os planos necesarios para definir con claridade o edificio e todas as súas instalacións.

Elementos do proxecto de construción

Todo proxecto construtivo consta dos seguintes documentos: memoria, planos, prego de condicións, medicións e orzamento.

Memoria

  • Memoria descritiva: debe conter a seguinte información:
    • Axentes: promotor e técnico proxectista.
    • Información previa: antecedentes e condicionantes de partida, emprazamento, contorno físico, normativa urbanística e outras normativas de aplicación.
    • Descrición do proxecto.
    • Descrición xeral e usos previstos do edificio.
    • Cumprimento do Código Técnico da Edificación (CTE), normativa urbanística, ordenanzas municipais, etc.
    • Descrición do edificio, volume, superficies útiles e construídas, accesos e evacuación.
    • Parámetros utilizados no cálculo da cimentación e da estrutura, paramentos, acabamentos, etc.
  • Memoria construtiva: descrición das solucións adoptadas no deseño do edificio:
    • Características do solo, cimentación e estrutura do edificio; parámetros e métodos de cálculo.
    • Definición construtiva do paramento do edificio e do seu comportamento fronte ás accións a que estará sometido: peso, vento, sismo, lume, humidade, illamento térmico e acústico, etc.
    • Compartimentación do edificio e comportamento ante o lume, os ruídos, etc.
    • Acabamentos, con indicación das características e dos materiais utilizados no revestimento dos paramentos horizontais e verticais.
    • Instalacións do edificio e bases de cálculo de cada unha: protección contra incendios, antiintrusión, electricidade, iluminación, ascensores, fontanaría, evacuación de residuos, ventilación, telecomunicacións, instalacións térmicas e o seu rendemento enerxético, aforro de enerxía e incorporación de enerxía solar térmica ou fotovoltaica, e outras enerxías renovables.
    • Equipamento de baños, cociñas, lavadoiros, etc.
  • Cumprimento do Código Técnico da Edificación (CTE): xustificación das prestacións esixidas polo código e outra normativa específica (seguridade estrutural, seguridade en caso de incendio, seguridade de utilización, protección contra o ruído, medidas adoptadas para o aforro de enerxía, etc.).
  • Anexos á memoria: o proxecto conterá tantos anexos como cumpran para a definición e a xustificación das obras, como información xeotécnica, cálculo da estrutura, estudo de eficiencia enerxética, impacto ambiental, plan de control de calidade e estudo de seguridade e saúde.

Planos

O proxecto conterá os planos necesarios para a definición en detalle das obras:

  • Planos de emprazamento, coa xustificación urbanística, aliñamentos, retranqueos, etc.
  • Plano de urbanización: rede viaria, acometidas, etc.
  • Plantas xerais con cotas, que reflictan os elementos fixos e o mobiliario.
  • Planos de cubertas: pendentes, puntos de recollida de augas, etc.
  • Alçados e seccións con cotas, con indicación de escala e cotas de altura de plantas e altura total para comprobar o cumprimento dos requisitos urbanísticos e funcionais.
  • Planos de estrutura coa súa descrición gráfica e dimensional.
  • Planos de instalacións: descrición gráfica e dimensional das redes de cada instalación.
  • Planos de definición construtiva: documentación gráfica de detalles construtivos.
  • Memorias gráficas: solucións concretas e elementos singulares (carpintaría, etc.).

Prego de condicións

  • Prego de cláusulas administrativas e de condicións técnicas particulares.
  • Disposicións xerais, facultativas e económicas.
  • Prescricións sobre os materiais: características que deben cumprir os materiais, os equipamentos e os sistemas que se incorporen ás obras, condicións de subministración e conservación, e garantías de calidade.
  • Prescricións sobre execución por unidades de obra: características técnicas, proceso de execución, tolerancias, terminación, conservación e mantemento, ensaios e probas, criterios de aceptación e rexeitamento, criterios de medición e valoración de unidades, etc.
  • Prescricións sobre verificacións no edificio rematado, indicando comprobacións e probas de servizo que haxa que realizar para comprobar as prestacións finais do edificio.

Medicións

É o desenvolvemento por partidas, agrupadas en capítulos, que contén todas as descricións técnicas necesarias para a súa especificación e valoración no orzamento.

Orzamento

É unha valoración aproximada do custo de execución material da obra proxectada, especificado por capítulos:

  • Orzamento detallado co cadro de prezos agrupados por capítulos.
  • Resumo por capítulos e valor final do custo da execución e de contrata.
  • Orzamento do estudo de seguridade e saúde.

Normativa de habitabilidade

Para o deseño dunha vivenda de nova construción cómpre ter en conta sobre todo as normas do hábitat galego. Esta normativa pretende mellorar o deseño, a calidade e a funcionalidade das vivendas, tendo en conta novos conceptos aplicados á construción, como a sustentabilidade, a reciclaxe, o aforro de enerxía ou o asollamento, relacionados coa preocupación polo coidado do medio e da natureza.

Establécense tamén nesta normativa as superficies mínimas das pezas da vivenda, mellorando a súa accesibilidade para que no futuro se poidan adaptar ás necesidades das persoas con discapacidade e recuperando antigas tipoloxías típicas galegas.

Tamén se regula o uso dos espazos complementarios das vivendas, como son os garaxes e os rochos, e, no caso de edificacións colectivas, os espazos comúns para o desenvolvemento de actividades comunitarias.

As instalacións da vivenda

Conforme a normativa de habitabilidade vixente, os edificios destinados a vivendas deben ter as instalacións necesarias para a realización das funcións previstas nas diferentes pezas que os compoñen. Estas instalacións son as seguintes: electricidade, gas, fontanaría, saneamento, tratamento e reutilización de augas grises e pluviais. Outras instalacións con que pode contar o edificio segundo as súas características e o sistema adoptado son as seguintes: ascensores, calefacción e auga quente sanitaria, ventilación, illamento térmico, etc.

Arquitectura bioclimática

A finalidade da arquitectura bioclimática é a de acadar unha construción sustentable, é dicir, edificar con respecto polo medio conseguindo o máximo confort no interior da vivenda co mínimo gasto enerxético, de xeito natural, tendo en conta as condicións do contorno e o clima que soporta.

A arquitectura tradicional galega respectaba máis ca a actual os principios da arquitectura bioclimática. Así, a elección da localización da vivenda, a súa orientación, os materiais utilizados na construción, o aproveitamento da radiación solar para calefactar as vivendas, o illamento térmico, etc., eran factores determinantes no deseño das vivendas e que na actualidade apenas se teñen en conta.

Aspectos para ter en conta

Os aspectos máis importantes que debe ter en conta unha arquitectura bioclimática son os seguintes:

  • Elixir unha boa localización da vivenda en función da climatoloxía e da orografía do terreo, cunha orientación axeitada e unha distribución que favoreza a iluminación natural das estancias de día, o aproveitamento óptimo da radiación solar e, nas zonas de forte insolación, a refrixeración natural da vivenda por correntes de aire. A este respecto, existen algunhas solucións que se poden adoptar, como as seguintes:
    • Utilizar o efecto invernadoiro que se produce nas galerías e terrazas acristaladas para captar a enerxía solar e distribuíla ao resto da vivenda.
    • Utilizar parasois para evitar unha excesiva insolación do interior da vivenda en épocas de forte radiación solar.
  • Empregar sistemas como as cubertas invertidas ou ecolóxicas para reducir a calor que recibe a vivenda a través da cuberta.
  • Empregar os materiais axeitados para illar termicamente a vivenda do exterior e do solo, evitando perdas de calor innecesarias e utilizando cores escuras, que absorben mellor a radiación solar, ou cores claras que a reflicten, en función das necesidades e do clima.
  • Aproveitar ao máximo as enerxías renovables como os paneis solares térmicos para a produción de auga quente para uso sanitario e para calefacción. Tamén se poden instalar paneis solares fotovoltaicos, que converten a enerxía solar en enerxía eléctrica, aproveitar a enerxía eólica, a biomasa, etc.
  • Reducir o impacto ambiental todo o posible utilizando a tipoloxía de vivendas e os materiais predominantes no contorno, en harmonía con el e procurando a súa integración ambiental, de acordo coa paisaxe natural ou urbana onde se insiran.

Exercicios de proporcionalidade inversa

1. Un grupo de amigos contrata un autocar para realizar unha excursión por 360 €, dividindo o prezo entre todos. Completa a seguinte táboa:

Excursionistas20253048
Prezo que paga cada un en €

Son magnitudes inversamente proporcionais? Se o son, calcula a constante de proporcionalidade inversa.

Solución:

Excursionistas202530404830
Prezo que paga cada un en €1814,41297,512

Constante de proporcionalidade inversa: 360

2. Un granxeiro calculou que para as 80 galiñas que posúe dispón de comida para 60 días. Se compra 40 galiñas máis, canto tempo lle durará a comida?

Solución: 40 días

3. Un ciclista que avanza a unha velocidade de 18 km/h cobre a distancia entre as dúas vilas en 20 minutos. Canto tardará en facer ese mesmo percorrido un camiñante a 6 km/h? E unha motocicleta a 72 km/h?

Solución: a) 60 min; b) 5 min

4. Tres pas escavadoras fan un desmonte en 6 días. Cantas pas serían precisas para realizar ese mesmo traballo en 2 días?

Solución: 9 pas

5. Cinco obreiros abren unha gabia en 15 días. Cantos obreiros serán necesarios para abrir unha gabia igual en 3 días? Canto tardarían 3 obreiros en abrir unha gabia igual?

Solución: a) 25 obreiros; b) 25 días

6. Para construír unha autoestrada, calculouse que dúas máquinas realizarían as obras en 90 días. Se quixésemos reducir ese tempo á metade, cantas máquinas farían falta?

Solución: 4 máquinas

7. Un tren tarda 6 horas en facer un percorrido a unha velocidade de 100 km/h. Se a viaxe de volta a fixo en 5 horas, cal foi a súa velocidade?

Solución: 120 km/h

8. Un gandeiro ten 36 vacas e penso suficiente para darlles de comer durante 24 días. Se decide comprar 18 vacas máis, para cantos días tería penso?

Solución: 16 días

Descargar

PDF Word HTML