Conflictos no Cáucaso e Europa Oriental Post-Guerra Fría
Enviado por Chuletator online y clasificado en Ciencias sociales
Escrito el en
gallego con un tamaño de 2,11 KB
Guerras e conflitos na antiga URSS
O Cáucaso é unha complexa zona de grande diversidade cultural, con decenas de linguas diferentes, nas que coexisten zonas de maioría musulmá (Acerbaixán e Chechenia) con outras predominantemente cristiás (Armenia e Xeorxia). Tras a desaparición da Unión Soviética, en 1991, rexurdiron as tradicionais diferenzas e disputas na zona. Máis recentemente, no ano 2014, Rusia retomou unha posición belixerante para poder converterse de novo nunha potencia rexional e intervir en Ucraína: anexionou a península de Crimea e exerceu presión para que a rexión do Donbás, habitada maioritariamente por poboación rusa, obtivese a independencia e mesmo puidese chegar a integrarse en Rusia.
Europa Oriental tras o fin da Guerra Fría
- Crise e disolución do Partido Comunista
- Mobilización e protestas populares
- Insurrección popular e división interna do goberno: En 1991, todos os países de Europa Oriental convocaran eleccións e elixirán, por primeira vez en medio século, gobernos democráticos. O cambio de sistema supuxo nalgúns casos unha nova división territorial e a existencia de dous estados independentes: a República Checa e Eslovaquia. Pero un caso diferente foi Iugoslavia, deste xeito naceron así Eslovenia, Croacia, Bosnia-Hercegovina, Macedonia, Montenegro e, na práctica, Kosovo.
Que é a Globalización?
O proceso de globalización económica é unha crecente interdependencia entre os países do mundo. Esta nova economía tamén se caracteriza pola formación de empresas multinacionais, que operan en varios países. Estas empresas concentran un enorme poder económico e exercen unha clara influencia nas decisións políticas de ámbito estatal e internacional. E foi posible grazas a:
- A difusión de novas tecnoloxías, que abarataron os custos de produción e distribución.
- O desenvolvemento dos transportes.
- A revolución das comunicacións, que transmiten en tempo real unha gran cantidade de información para xestionar os negocios.