Conceptos de Xeoloxía: Relevo, Cartografía e a Terra

Enviado por Chuletator online y clasificado en Geología

Escrito el en gallego con un tamaño de 4,53 KB

Conceptos fundamentais do relevo terrestre

  • 1. Deriva continental: Teoría que afirma que as placas continentais flotan sobre o Sima (subcapa interna da codia terrestre) e desprázanse ou desprazáronse a xeito de almadías (balsas). No devandito desprazamento, a parte frontal dos continentes sufriría unha compresión que daría lugar a sistemas montañosos, mentres que na parte posterior iríanse desprendendo anacos que quedarían formando illas.
  • 2. Epicentro: Punto onde o terremoto provoca máis danos.
  • 3. Depresión ou cunca: É unha zona máis ou menos extensa que se caracteriza por estar a unha altitude inferior ás formacións do relevo que a rodean.
  • 4. Altiplano ou meseta: Son superficies planas pero elevadas sobre as terras que as rodean e adoitan superar os 400 metros sobre o nivel do mar. Mesetas importantes son a española e a do Tíbet.
  • 5. Ría: Val fluvial somerxido baixo o nivel do mar a causa da elevación deste ou afundimento do continente.
  • 6. Plataforma continental: É unha prolongación dos continentes baixo o mar.
  • 7. Chairas abisais: Son chairas submarinas situadas a 4000 ou 5000 metros e ocupan a maior parte da superficie dos océanos.
  • 8. Fosas mariñas: Son profundas cavidades situadas no fondo oceánico. A máis coñecida é a das Marianas, que supera os 11 quilómetros de profundidade.
  • 9. Dorsais oceánicas: Son cordilleiras submarinas e ás veces sobresaen do mar e dan orixe a illas ou arquipélagos.
  • 10. Magma: Masa rochosa fundida que se atopa no interior da Terra, a máis de 16 km de profundidade, sometida a unha presión e temperaturas elevadas.

Cartografía e representación da Terra

As proxeccións cartográficas son formas diferentes de representar unha superficie esférica de maneira plana coa mínima distorsión posible.

Un mapa é unha proxección gráfica proporcionada da superficie plana en dúas dimensións.

Os mapas topográficos son mapas de tipo xeral que inclúen información tanto de aspectos físicos como humanos.

Estrutura interna do planeta Terra

A parte máis interna é o núcleo e supón o 15% do volume total do planeta. Divídese en núcleo externo (estado sólido) e en núcleo interno (onde se atopan os materiais fundidos).

Ao redor do núcleo está o manto, que supón un 84% do volume da Terra. Está integrado por materiais moi diversos, algúns parcialmente fundidos: é o magma.

A capa externa da Terra é a codia, que apenas representa un 1% total do planeta. Está constituída por rochas sólidas como o basalto.

A codia, por situarse sobre os materiais parcialmente fundidos do manto da Terra, mantén un equilibrio inestable; ás veces fractúranse algunhas partes, estas elévanse e outras fúndense.

Tectónica de placas e axentes internos

As placas continentais son cada parte da litosfera que flota sobre o manto. As dorsais oceánicas son grandes cordilleiras mariñas que se atopan na liña de contacto entre dúas grandes placas.

Debaixo da codia terrestre atópanse gases e outros materiais moi comprimidos que exercen presión e poden chegar a agretala. Estes gases e materiais actúan como forzas internas da Terra, os axentes internos, que provocan a actividade sísmica dos volcáns e terremotos.

Os terremotos e os volcáns

Os terremotos prodúcense como consecuencia da desfiguración do movemento de placas que configuran a codia terrestre. Os sismógrafos son os aparellos que miden por escalas a dimensión dun terremoto.

Cando as gretas ou fendas da codia terrestre son tan profundas que alcanzan zonas onde hai magma, este ascende por elas como unha cheminea e, a través do cráter, pode saír ao exterior en forma de erupción volcánica.

As erupcións expulsan gases, cinzas, pedras e lava incandescente. En contacto co aire, estes materiais arrefrian e deposítanse formando conos volcánicos.

Algúns conos volcánicos pódense converter en altas montañas como o Teide.

Entradas relacionadas: