Conceptos Sociolingüísticos: Funcións, Bilingüismo, Diglosia e Prexuízos

Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en gallego con un tamaño de 3,67 KB

Funcións Esenciais da Lingua

A función básica dunha lingua é a de servir como medio de comunicación entre os membros dunha comunidade. Unha lingua é unha institución social.

Tipos de Funcións Lingüísticas

  • Función de identidade: Refírese ao idioma do pensamento do individuo.
  • Función familiar: Permite a relación entre os individuos da familia.
  • Función laboral: Posibilita a comunicación no mundo do traballo, é dicir, o idioma no que se desenvolve o traballo. Hoxe en día prima o emprego do castelán.
  • Función local: Favorece os contactos entre persoas do mesmo contorno. Prima o uso do castelán.
  • Función institucional: Permite a comunicación entre o cidadán e os diferentes estamentos políticos.
  • Función cultural: Serve de medio para expresar e recibir os saberes das ciencias, etc.

O Bilingüismo e a Diglosia

Bilingüismo

En sentido individual, o bilingüismo é a capacidade que ten unha persoa de desenvolverse, con máis ou menos igual destreza, en dúas linguas. En sentido colectivo, refírese á comunidade na que se empregan dúas linguas, sendo bilingües boa parte dos seus cidadáns.

Tipos de Bilingüismo polo Coñecemento

Polo que respecta ao coñecemento das dúas linguas, distinguimos:

  • Bilingüismo pasivo: Designa aquelas persoas que entenden ambas linguas pero só saben falar unha.
  • Bilingüismo activo: Designa aqueles que falan e entenden ambas.

O individuo desas comunidades bilingües empregará unha lingua A para usos cultos e unha lingua B para usos informais. O normal é que a lingua A vaia impoñéndose á lingua B.

Diglosia

A diglosia prodúcese cando existe un desigual reparto de usos entre variantes dunha mesma lingua ou entre linguas diferentes, e cada unha cumpre unhas funcións distintas segundo:

  • Ámbitos sociais de uso: Emprégase o galego para funcións de menor prestixio social, deixando o castelán para aquelas funcións de maior prestixio.
  • Espazos xeográficos: Úsase o galego no rural e nos arrabaldes das cidades, e o castelán nas zonas máis urbanas.
  • Interlocutores: Dependendo da confianza entre os interlocutores, usarase o galego ou o castelán.

Estereotipos e Prexuízos Lingüísticos

Os prexuízos lingüísticos son xuízos que consisten en presentar trazos negativos sobre unha lingua e teñen como obxectivo provocar o seu rexeitamento. Son discriminatorios e baséanse na contraposición entre linguas que se consideran “boas” e outras “non axeitadas”. Os prexuízos pretenden encadrar o galego neste segundo grupo.

A lingua galega vén arrastrando historicamente moitos prexuízos, tentando persuadir aos galegos das vantaxes de ter unha soa lingua común. Isto xera actitudes de «autoodio».

Exemplos de Estereotipos e Prexuízos

Créanse así:

  • Estereotipos: (Exemplo: os galegos son ignorantes).
  • Prexuízos: (Exemplo: se saes de Galicia o galego xa non ten utilidade).

O galego conta con prexuízos lingüísticos de carácter xeral, como que é unha lingua con poucos falantes. Algúns xa son vellos, como a súa vinculación co mundo rural, e outros novos, como o de que o galego normativo é unha lingua artificial.

Entradas relacionadas: