Conceptos Sociolingüísticos y la Dialéctica del Cambio Social

Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 3,94 KB

Conceptos Fundamentais da Sociolingüística

Lingua Minorizada e Lingua Minoritaria

A distinción entre lingua minorizada e lingua minoritaria é crucial:

Lingua Minorizada

É aquela que, historicamente propia dun pobo, está sometida a condicións sociais tales que ve restrinxidas as súas funcións de uso. A **competencia desigual** cunha ou varias linguas alleas de maior prestixio constitúe o factor básico.

Os factores principais que levan á minorización son:

  • A) A non existencia dun estado que as recoñeza como oficiais. En Europa cómpre facer excepción nos casos do maltés, o luxemburgués e o gaélico irlandés, linguas que, aínda sendo oficiais dos correspondentes estados (Malta, etc.), atópanse nunha situación de minorización.
  • B) A non coincidencia de fronteiras políticas e fronteiras lingüísticas, polo que é raro que estas delimitacións coincidan. É o caso do catalán (falado en España, Francia, Andorra e Italia).

Linguas Dominantes

Gozan dun **prestixio social**, determinado pola existencia dun **poder político-económico** que as potencia. O inglés é unha **lingua hexemónica** e a que maior prestixio social posúe actualmente no mundo.

Linguas Minoritarias

Independentemente da consideración social que teñan, son as que posúen un **escazo número de falantes** en comparación con outras. O islandés (200.000 falantes) é minoritaria dentro do conxunto de linguas do mundo. En cambio, o islandés non é unha lingua minorizada, posto que goza de **plena normalidade** no seu territorio. O esloveno, o lituano e o letón, idiomas oficiais de estados de recente ingreso na UE, aínda que teñen cada un deles un número de falantes inferior ao do galego, convértense en linguas oficiais deste organismo. Os conceptos de **lingua minoritaria e lingua minorizada non deben confundirse**.

O Caso do Galego e Outros Exemplos

A imposición do castelán relegouna a un segundo plano durante máis de trescentos anos unicamente como **lingua oral**. A recuperación na escrita que se produce durante o S. XIX proseguirá no XX. Non sería recoñecido de forma oficial como a lingua propia de Galicia ata **1981**.

Fronte á situación do galego, o sueco en Finlandia, que só é falado polo 6% da poboación, e o das Illas Feroe (territorio pertencente a Dinamarca), teñen o feroés como **lingua oficial**.

A Normalización Lingüística

A **normalización lingüística** dunha lingua é un proceso que ten como obxectivo convertela en **vehículo habitual e normal de comunicación** entre os cidadáns dunha comunidade. Normalizar o galego consiste, pois, en que este recupere a súa implantación en **todos os ámbitos da vida** e en todos os estamentos sociais.


Dialéctica do Cambio Social e a Violencia

Todo ten o seu oposto. Cando este se desenvolve, prodúcese unha **contradicción** que xera un **cambio violento**. Por exemplo, un ovo fecundado leva dentro de si o seu oposto; cando o poliño se desenvolve e crece, rompe o ovo, que deixa xa de ser ovo. Aquí hai un **cambio violento**, unha ruptura.

En toda sociedade, desde a antigüidade, sempre que houbo un modo de produción coa súa cultura e a súa relixión, a aparición de novas tecnoloxías (como a informática, innovacións electrónicas e químicas, etc.) orixinou unha reacción de algúns individuos que, por unha causa ou outra, se expuñan cambiar o establecido. Ao crecer este grupo oposto, crece a contradición, o que leva ou xera unha **violencia** que pode producir un cambio inmediato ou mediato, pero ese cambio sempre será violento.

En toda sociedade, a **violencia exercida polos poderosos** sempre orixina unha resposta violenta en sentido contrario. Por iso foron estériles os esforzos dos "apaciguadores". Por isto, cada día é máis difícil vivir preto e feliz da **xente humillada**…

Entradas relacionadas: