Conceptos Fundamentais de Xestión Ambiental: Conservación de Especies, Control de Vertidos e Infraestruturas Naturais
Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
español con un tamaño de 18,89 KB
Xestión de Vertidos e Residuos
Segundo a lexislación, que se entende por contaminación?
Contaminación é a introdución, directa ou indirecta, mediante a actividade humana, de substancias, vibracións, calor ou ruído na atmosfera, a auga ou o solo, que teñan como resultado efectos nocivos para a saúde humana ou o medio ambiente.
En que pode afectar a salinidade nos solos?
Provoca un aumento da condutividade e limita o crecemento das plantas.
Cales son os obxectivos da inspección de vertidos?
Os obxectivos son: garantir o cumprimento dos límites ás industrias, identificar focos contaminantes, establecer mecanismos para comprobar a solicitude de vertidos e fixar taxas.
Define que é un vertido:
Aqueles que se realizan directamente en augas continentais e no resto do dominio público hidráulico.
Que fórmula utilizaría para calcular un caudal?
A fórmula é: Q = S * v, onde Q é o caudal en m³/seg., S é a sección en m², e v é a velocidade en m/seg.
Que son as auditorías medioambientais?
Son ferramentas de xestión nas que se fai unha diagnose documentada, periódica e obxectiva do funcionamento ambiental dunha empresa.
Cales son as fases dunha auditoría medioambiental?
- Recopilación de probas.
- Análise das fortalezas e debilidades.
- Estudo da información recompilada.
- Informe previo e informe final.
Para que é importante aforar ou medir o caudal circulante nunha sección de auga?
Para realizar o control efectivo dos volumes de auga utilizados e dos vertidos.
Nomea dúas vantaxes que unha empresa obtén ao realizar unha auditoría medioambiental:
Aumento da credibilidade externa por cumprimento da lexislación (evitando sancións) e facilidade para conseguir boa imaxe fronte á competencia e obtención de contratos e licenzas.
A xestión de residuos ten 5 piares fundamentais, cales son?
Os piares son: Minimizar, Reutilizar, Reciclar, Valorizar, Eliminar.
Cales son os criterios que hai que seguir para unha toma de mostras?
- Punto de mostraxe.
- Descrición da toma de mostras.
- Envasado da mostra.
Que é a valorización de residuos e cal é o seu obxectivo principal?
Consiste en conseguir produtos, enerxía ou materiais reciclables, reducindo así o seu impacto ambiental. O obxectivo é conseguir dar un novo valor a ese residuo.
Que lexislación europea, estatal, autonómica e local pode afectar á xestión de residuos e vertidos?
A Lei 7/2022 (entre outras normativas específicas de cada ámbito).
Que ten que figurar na redacción do informe anual da xestión de residuos?
Figura a cantidade, a natureza, a orixe, o destino, a frecuencia de recollida, o medio de transporte, e o método de valorización ou eliminación dos residuos.
Control e Conservación de Especies
(Preguntas de control de especies 1-6 test 21, 34)
Cal dos seguintes métodos considérase un método de valor absoluto para cuantificar poboacións animais?
C) Censo directo.
Segundo o Real Decreto 139/2011, as especies catalogadas "en perigo de extinción" son aquelas:
B) Os factores de ameaza actuais fan moi probable a súa desaparición.
Cal é un dos principais riscos asociados ás enfermidades en poboacións silvestres?
C) Alteración do equilibrio ecolóxico e perda de especies.
O Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras regúlase mediante:
C) O Real Decreto 630/2013.
Cal dos seguintes NON É un impacto ecolóxico causado polas EEI?
B) Aumento da biodiversidade.
Que ferramentas se poden usar para identificar especies de flora e fauna durante unha saída a campo?
B) Guías de identificación, chaves dicotómicas e restos e rastros dos animais.
Un listado cualitativo, presenza-ausencia, é dicir, establece a presenza das especies de fauna ou flora que son obxecto de estudo e están presentes no territorio é:
A) O inventario.
Cales son os principais factores desequilibrantes do estado sanitario das poboacións?
- Intervención humana: vertidos contaminantes, deforestación para uso agrícola ou gandeiro, queima de rastroxos, introdución de especies exóticas, etc.
- Desastre natural: algúns incendios, inundacións, avalanchas, tsunamis, terremotos, volcáns, furacáns, tifóns, etc.
- Cambio climático: chegada foránea de vectores (normalmente insectos) de enfermidades ou cambio de comportamentos e rutas migratorias.
Por que é importante analizar os intentos de erradicación de EEI que fallaron?
Porque permite identificar que erros ou factores fallaron e mellorar, no posible, futuras estratexias de control ou erradicación.
Que organismos son os responsables de tramitar as denuncias e sancións en caso de infraccións contra especies autóctonas?
O Seprona e os Axentes Medioambientais Autonómicos.
Os plans de recuperación e conservación das especies ameazadas deben incluír:
Ámbito de aplicación e vixencia, Avaliación da efectividade, Diagnóstico, Principais ameazas, Accións para a súa Conservación ou Recuperación.
O obxectivo dos bancos de xermoplasma vexetal ou bancos de sementes é:
A conservación de sementes, actuar de laboratorios viventes para a investigación en prol da conservación, produción de planta, reproducir plantas de especies ameazadas, investigación en técnicas de reprodución e educación ambiental.
Define endemismo:
Especie cuxa distribución redúcese a unha área xeográfica pequena, que depende completamente dunha área específica e única para a súa supervivencia e, polo tanto, é máis vulnerable.
Sinala 2 especies de 2 categorías no catálogo galego de especies ameazadas:
- Vulnerables: Narcissus cyclamineus, Woodwardia radicans (sen plan de conservación establecido).
- Perigo de extinción: Iris boissieri, Culcita macrocarpa (sen plan de recuperación establecido).
Cal é a Lei que prevé e garante a conservación das especies autóctonas silvestres?
A Lei 42/2007 a nivel estatal e a Lei 5/2019 galega.
Cales son as 8 categorías de ameaza para a UICN?
- Branco - Non avaliado (NE)
- Marrón - Datos insuficientes (DD)
- Verde escuro - Preocupación menor (LC)
- Verde claro - Case ameazadas (NT)
- Amarelo - Vulnerables (VU)
- Laranxa - En perigo (EN)
- Vermello - Perigo crítico (CR)
- Negro - Extinto en estado silvestre (EW)
Que impacto teñen as EEI sobre a saúde humana?
- Son vectores de enfermidades.
- Causan problemas na pel.
- Son fonte de problemas respiratorios tales como a asma ou as alerxias.
Cales son os grupos nos que se clasifican os métodos para erradicar as especies exóticas invasoras?
Químicos, Mecánicos, Biolóxicos.
Que é o CITES?
É a Convención sobre o Comercio Internacional de Especies Ameazadas da Fauna e Flora Silvestres.
Cal é o obxectivo dos Centros de Recuperación de Especies de Fauna Silvestre?
Rehabilitar para despois liberar os exemplares da fauna silvestre autóctona que por calquera motivo se encontrasen feridas ou incapaces de desenvolverse con naturalidade na natureza.
Que son as microreservas de flora ou botánicas?
Son un instrumento de protección de pouca extensión que conteñen elementos botánicos de interese, onde se xestionan coa fin de favorecer a conservación de especies vexetais, endémicas ou ameazadas.
Cal é a función principal dos inventarios, censos e mostraxes na conservación de especies e territorios?
Os inventarios rexistran que especies hai, os censos contan cantos individuos hai, e as mostraxes recollen datos co tempo para ver como cambia a poboación. Estas ferramentas axudan a coidar e protexer as especies e os seus hábitats.
Por que é fundamental a correcta identificación de especies na xestión do medio natural?
Porque permite coñecer a biodiversidade real do territorio e aplicar medidas axeitadas de conservación. Unha identificación errónea pode afectar a xestión ecolóxica e os plans de protección de especies.
Que diferenza existe entre as guías e as chaves dicotómicas na identificación de especies?
As guías presentan especies con imaxes e descricións para o seu fácil recoñecemento, mentres que as chaves dicotómicas requiren coñecementos técnicos e permiten identificar especies mediante comparacións sucesivas.
Que é, e por que é importante o control de axentes zoonóticos?
Son unha serie de enfermidades das que os animais silvestres poden ser portadores e diseminadores, podendo ser contaxiadas a humanos.
Cales son os principais impactos sobre a biodiversidade producidos polas EEI?
Introdución de novas enfermidades, ocupación do hábitat natural, transformación do ecosistema, competencia por alimento, hibridacións e depredación de especies.
Por que a nivel internacional se considera que o tráfico de especies constitúe unha ameaza grave para a biodiversidade?
É a segunda causa de perda de biodiversidade no mundo (regulado polo CITES, redactada en 1973).
Que é un taxón?
Unidade de clasificación taxonómica que se lle asigna aos organismos segundo as súas diferenzas e semellanzas.
Que fai que España sexa o país de Europa con maior importancia na conservación?
É o país con maior número de especies ameazadas segundo as categorías da UICN, ten unha situación estratéxica na migración de especies e ten unha alta cantidade de endemismos.
Que é un transecto lineal?
Mostraxe de exemplares detectados nunha franxa.
Como debe ser o enfoque no control sanitario das poboacións?
Debe ser multidisciplinar, abarcando campos como xeoloxía, clima, etoloxía, etc.
Niveis de medidas da UE na loita contra as especies exóticas invasoras:
Prevención, Detección temperá e actuación rápida, e Xestión das especies exóticas invasoras xa implantadas.
Cales son as dúas categorías principais de protección nas que se dividen as especies ameazadas? Que quere dicir cada unha?
- Vulnerables: Que corren perigo de pasar á categoría seguinte.
- En perigo de extinción: Que a súa supervivencia é pouco probable se non se corrixen os factores causantes.
Obras e Equipamentos de Uso Público
Que actores interveñen no desenvolvemento dunha avaliación de impacto ambiental?
- Promotor.
- Órgano ambiental.
- Órgano substantivo.
- Participación cidadá.
Que é un equipamento de uso público?
É toda instalación fixa ou móbil destinada a prestar soporte físico ás actividades e programas de uso público.
Cita os equipamentos de uso público en función das actividades ou servizos que ofrecen. Pon exemplos.
- Educación e interpretativos: Sendeiros, miradoiros, observatorios.
- De acollida e información: Centro de investigación, documentación.
- De apoio: Albergues, refuxios, cámping.
- Recreativos: Merendeiros, parques infantís, áreas recreativas.
Que tipos de equipamentos hai en función dos medios ou recursos que empregan?
- Equipamentos construídos ou ex situ: Son as instalacións construídas fóra do territorio ou preto. Exemplo: Centros de Interpretación, Albergues.
- Equipamentos naturais ou in situ: Deséñanse coa fin de ofrecer un servizo. Exemplo: Sendeiros, Miradoiros.
Dime 3 criterios básicos para o deseño dun sendeiro.
- Ser aptos para a poboación en xeral.
- Evitar pendentes fortes en tramos prolongados.
- Utilizar antigas vías de comunicación, evitando abrir viais novos.
Onde se utilizará a sinalización interpretativa?
Naqueles itinerarios interpretativos, especialmente nos autoguiados ou en trazos naturais e culturais illados e xerais. Teñen que ser mensaxes claras.
Cales son os principios da construción sostible?
- Adaptada ao contorno.
- Aforro en recursos.
- Aforro de enerxía.
- Contar cos consumidores.
- Resistencia ao vandalismo.
Que serie de datos debe levar un plano para a súa correcta execución?
Nome do proxecto, número, nome e autor do plano, data e escala.
Que factores determinan a decisión de empregar ou non medios mecánicos para unha determinada tarefa?
- Redución de custos de execución.
- Redución do prazo de execución.
- Accesos á obra.
- Adecuación da maquinaria á tipoloxía de traballo.
- Lexislación aplicable na obra.
Cales son os aspectos importantes dos impactos ambientais e explícaos:
- Signo: Se é positivo e serve para mellorar, ou se é negativo e degrada o medio ambiente.
- Intensidade.
- Extensión.
- Momento.
- Persistencia.
- Recuperación.
- Suma.
- Periodicidade.
Que é un miradoiro nun espazo natural?
É unha zona habilitada nun punto alto para interpretar e gozar da paisaxe.
En que lugares deberán instalarse refuxios?
Deberán establecerse en lugares onde non exista a posibilidade de pernoctar noutros equipamentos ou servizos turísticos.
Segundo o Real Decreto 1627/97, cales son as obras no medio natural que como excepción poderían prescindir de proxecto?
As obras de curta duración, as obras en período de garantía, as obras de conservación de infraestruturas e outras obras menores que establecen os Concellos nas súas ordenanzas de urbanismo.
Cales son algunhas das normas de ámbito nacional, autonómico e incluso local que determinan o posible uso de maquinaria nunha determinada obra?
- Lexislación de marcado CE en maquinaria de obras.
- Lei de prevención de incendios forestais.
- Ordenanzas municipais que prohiben o uso de maquinaria nun determinado horario, debido á contaminación acústica.
Que é o impacto ambiental?
É o síntoma ou efecto ecolóxico ou fisiolóxico, evidenciado no medio natural, ocasionado pola actividade humana ou por causas naturais.
Que é a sinalización horizontal?
É a sinalización que se realiza con pintura sobre o terreo, utilizando elementos que se encontran na paisaxe (rochas, árbores, etc.).
As aulas de natureza, xardíns botánicos, miradoiros, observatorios e sendeiros, cal é o seu obxectivo?
Estes equipamentos teñen por obxectivo promover e realizar actividades de educación e interpretación ambiental.
Cales son os tres principios básicos que se deben ter en conta para a localización dos equipamentos e dotacións?
- A seguridade dos usuarios.
- Que preste o servizo para o cal se deseñou.
- Evitar ao máximo calquera tipo de impacto ambiental.
A Memoria descritiva, que contidos ten dun proxecto e que anexos adoita levar?
Contidos: Os antecedentes, as opcións estudadas e a solución adoptada, descrición dos traballos e actuacións a realizar, e plan ou cronograma de obra das mesmas.
Anexos: Climatoloxía, Xeoloxía, Edafoloxía, Hábitats, fotográfico, Estudo de impacto ambiental, e Estudo básico de seguridade.
A que corresponde responder a sinalización?
Debe responder a criterios de discreción, eficacia e limpeza, así como guiar a unha persoa sen ningún coñecemento do territorio.
Que sinalización básica do itinerario se deberá empregar como mínimo?
- O inicio e final da ruta.
- Cando o percorrido acceda a unha poboación.
- Cruces e cambios de dirección.
- Cando o sendeiro cambie de firme ou vial.
Cal é a característica principal dun sendeiro homologado?
Un sendeiro homologado é unha pista deportiva, identificada polas marcas rexistradas de GR, PR ou SL, que se desenvolve preferentemente no medio natural e sobre vías tradicionais, atopándose oficialmente aprobado pola federación de montañismo autonómica ou territorial correspondente.