Conceptos Fundamentais de Xeomorfoloxía e Relevo Terrestre

Enviado por Chuletator online y clasificado en Geología

Escrito el en español con un tamaño de 3,32 KB

1. Paisaxe

A paisaxe é a imaxe de calquera área da superficie terrestre produto da interacción dos diferentes factores que están presentes nela. Os seus elementos son basicamente de tres tipos: abióticos, bióticos e antrópicos.

Considérase o documento xeográfico básico a partir do que se fai a xeografía. Exemplo: paisaxe urbana.

2. Aluvión

O aluvión é un depósito de material detrítico transportado e depositado transitoria ou permanentemente por unha corrente de auga. Pode estar composto por area, grava, arxila ou limo. Acumúlanse nos canles das correntes, nas planicies inundables e nos deltas. É material non consolidado. Exemplo: delta do Ebro.

3. Meseta

Forma de relevo horizontal ou lixeiramente basculada, extensa e pouco accidentada. Está rodeada normalmente por ladeiras empinadas e abruptas; a súa altitude pode oscilar desde uns centos a varios miles de metros. Unha meseta presenta maiores dimensións que unha mesa ou un cerro testemuña.

A súa orixe pode ser erosiva, volcánica, tectónica ou sedimentaria. Na península Ibérica destaca a Meseta Central, que é resultado da evolución xeolóxica do Macizo Hespérico.

4. Tectónica de placas

Teoría que explica a deriva continental e outros fenómenos como a formación de montañas, volcáns e terremotos; en resumo, a estrutura das placas litosféricas e os seus movementos. Segundo a tectónica de placas, a capa exterior da Terra, chamada corteza,

5. Ría

Forma de relevo litoral que adopta a desembocadura dun río cando o val costeiro do tramo final do río queda somerxido baixo o mar. É un brazo de mar que se interna na costa e que está sometido á acción das mareas. A súa orixe pode ser tectónica, por afundimento dos vales fluviais costeiros, e/ou debido á transgresión mariña.

As rías son fundamentais na costa galega. Exemplos: Rías Altas (Viveiro) e Rías Baixas.

6. Zócalo

Chaira ou meseta formada na Era Primaria ou Paleozoica como resultado do arrasamento pola erosión das cordilleiras xurdidas na oroxénese herciniana desta mesma era. Está formado por materiais paleozoicos (rochas silíceas moi ríxidas).

Se non se ven afectados por novas presións, constitúen relevos horizontais. Pero ante novos empuxes oroxénicos non se poden pregar e fracturan, orixinando unha estrutura xermánica de bloques elevados e afundidos. Exemplo: Meseta Central.

7. Cordilleiras de pregamento

Grandes elevacións montañosas xurdidas na Era Terciaria ou Cenozoico (Oroxenia Alpina) con materiais sedimentarios da Era Secundaria ou Mesozoico. Existen dous tipos: cordilleiras intermedias e cordilleiras alpinas, ao pregarse os materiais depositados nos xeosinclinais ou fosas mariñas longas e profundas. Exemplos: os Sistemas Béticos.

8. Cunca sedimentaria

Depresión formada pola tectónica de plac

Entradas relacionadas: