Conceptos Fundamentais de Xeografía Física e Humana en Galego: Glosario e Terminoloxía

Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 4,11 KB

Glosario de Conceptos Fundamentais de Xeografía

Terminoloxía Xeolóxica e do Relevo

PAISAXE

Resultado das interrelacións de fenómenos físicos, biolóxicos e humanos que se producen nun lugar ou espazo da Terra. Aspecto que adquire o espazo xeográfico cando se articulan entre si elementos naturais e antrópicos ou, dito noutras palabras, elementos abióticos, bióticos e antrópicos.

ALUVIÓN

Material de diverso tipo arrastrado por unha corrente fluvial e depositado no seu leito, que presenta unha morfoloxía redondeada polo frotamento coa auga e con outras partículas transportadas polo río.

MESETA

Superficie chá ou lixeiramente inclinada nunha determinada dirección, cortada por vales e situada a certa altitude sobre o nivel do mar.

TECTÓNICA DE PLACAS

  1. Teoría científica que describe os movementos a gran escala da litosfera, baseándose no concepto de deriva continental ou desprazamento de fragmentos ou placas da codia terrestre sobre a astenosfera.
  2. Teoría que explica a deriva continental e outros fenómenos. Segundo esta teoría, a superficie exterior da Terra consiste en aproximadamente dez bloques ou placas ríxidas. Estas placas transportan os continentes e os solos oceánicos, están en constante movemento e son a causa de moita actividade xeolóxica (formación de montañas, volcáns e terremotos). As placas experimentan tres tipos básicos de movementos: sepáranse, converxen e escorregan.

RÍA

Entrante costeiro que resulta da invasión polo mar do tramo final dun val fluvial. Este feito pode deberse ao ascenso do nivel do mar ou ao descenso da codia continental.

ZÓCOLO

Chaira ou meseta que se formou na era primaria ao erosionárense as cordilleiras xurdidas na oroxenia varisca ou herciniana. Constitúe a base das posteriores cordilleiras e concas sedimentarias.

CORDILLEIRAS DE PREGAMENTO

Grandes elevacións xurdidas na oroxénese alpina da era terciaria polo pregamento de materiais sedimentarios, fundamentalmente calcarios, depositados polo mar na era secundaria. Na actualidade presentan fortes pendentes e formas escarpadas, xa que pola súa relativa xuventude, a erosión aínda non as suavizou.

CUNCA SEDIMENTARIA

Zona deprimida da codia terrestre de orixe tectónica onde se acumulan os sedimentos produto da erosión da superficie da Terra. Para a súa formación requírese un proceso de subsidencia prolongada.

A Globalización e os seus Motores

Causas da Globalización

  • Mellora dos transportes: Mobilidade de persoas e mercadorías, e accesibilidade de espazos.
  • Progreso das telecomunicacións: Coordinación, axilización e difusión que fai do mundo unha “aldea global”.
  • Xeneralización do sistema capitalista: Propiedade privada, libre competencia, busca de maiores ganancias, explotación e consumo de recursos naturais.
  • Extensión da ideoloxía neoliberal: Liberdade de mercados e desaparición de barreiras comerciais.
  • Actuación de empresas multinacionais e organizacións internacionais: As multinacionais buscan beneficios mercando produtos e man de obra a países menos desenvolvidos. As organizacións internacionais clave inclúen a OMC, FMI, Banco Mundial, G-20 e ONU.

Conceptos Xeográficos Adicionais

A Banana Azul Europea

A Banana Azul Europea é un concepto que se utiliza para resaltar o gran eixo industrial europeo, e que abrangue desde Inglaterra ata o norte de Italia.

Formas de Relevo Granítico

  • Domo
  • Pedro cabaleira
  • Tor
  • Barrocal
  • Caos de bolas

Formas de Relevo Kárstico

  • Ponor
  • Polje
  • Dolinas
  • Uvala
  • Sima
  • Calcaria
  • Rocha impermeable
  • Garganta
  • Lapiás
  • Cova

Formas de Relevo Volcánico

  • Roque (ou Roques)
  • Caldeira
  • Coada de lava
  • Cheminea
  • Cono
  • Malpaís
  • Dique

Entradas relacionadas: