Conceptos Fundamentais: UE, Comercio, Sistemas Políticos e Renacemento
Enviado por Chuletator online y clasificado en Ciencias sociales
Escrito el en
gallego con un tamaño de 6,19 KB
Obxectivos da Unión Europea (UE)
- Lograr un crecemento intelixente, baseado no coñecemento, a innovación e a tecnoloxía.
- Crecemento sostible que conxugue o crecemento económico cun uso racional dos recursos naturais e o respecto polo medio ambiente.
- Crecemento integrador, baseado nun alto nivel de emprego e en evitar desigualdades sociais entre os diferentes territorios europeos.
Institucións Europeas
Consello Europeo
Establece as prioridades xerais da UE. Está formado polos xefes de Estado ou Goberno dos países membros e reúnense 4 veces ao ano.
Comisión Europea
Representa os intereses do conxunto da UE, propón e aplica as leis e xestiona o orzamento común. Está formada por comisarios encargados das diferentes áreas da política comunitaria.
Consello da UE
Representa os estados membros e aproba as leis e o orzamento xunto ao Parlamento Europeo. Está formado por un ministro de cada Estado.
Parlamento Europeo
Representa a cidadanía da UE, aproba as leis e orzamentos xunto ao Consello da UE. Está formado por parlamentarios, elixidos pola cidadanía europea.
Tribunal de Xustiza
Xulga as disputas entre estados e garante o cumprimento das leis europeas. Está formado por xuíces independentes.
Tratados Fundamentais da UE
Tratado de Roma (1957)
Francia, Italia, Alemaña, Bélxica, Países Baixos e Luxemburgo crearon a Comunidade Económica Europea (CEE), entrando en vigor en 1958.
Tratado de Maastricht (1992)
A CEE transfórmase na UE. Creouse o euro, os Fondos de Cohesión e a Política Exterior e de Seguridade Común (PESC), entrando en vigor en 1993.
Tratado de Ámsterdam (1997)
Nace Europol, créase a figura de ministro de Exteriores da Unión e increméntase o control do Parlamento sobre a Comisión, entrando en vigor en 1999.
Tratado de Lisboa (2007)
Modifica os tratados anteriores. A súa finalidade é facer máis democrática e máis eficiente a UE, entrando en vigor o 1 de decembro de 2009.
Elementos Fundamentais do Comercio
A Oferta e a Demanda
O vendedor que oferta o ben ou servizo e o comprador interesado en adquirilo.
As Mercadorías
Bens e servizos cos que se comercia.
O Pagamento
Pola mercadoría adquirida. Antigamente usábase o troco; na actualidade empréganse os cartos e outros medios como cheques, letras, tarxetas de crédito, etc.
O Mercado
Lugar onde se realiza a compravenda. Pode ser un mercado concreto, se a mercadoría está presente (como unha tenda); ou o mercado abstracto, se a mercadoría non está presente (como a bolsa).
Principais Áreas de Comercio Internacional
- A Unión Europea e os Estados Unidos.
- Países Emerxentes: China, India e Brasil.
- Resto de países: Rusia, América Latina, Oceanía, África subsahariana.
Tipos de Comercio Interior
Comercio por Xunto (Almacenista)
Cómpralles directamente aos produtores grandes cantidades de mercadorías que logo lles vende a outros comerciantes ou empresas. Concéntrase en mercados centrais.
Comercio polo Miúdo (Minorista)
Véndelles directamente aos consumidores en diversos establecementos comerciais.
Comercios Tradicionais
Tendas especializadas, mercados municipais e mercados pequenos, caracterizados por escasa rotación de produtos e atención personalizada.
Grandes Superficies Comerciais
Supermercados, hipermercados e grandes centros comerciais, de gran tamaño, con variedade de produtos e autoservicio.
Réximes Políticos (Século XVII)
Monarquía Absoluta
O rei concentraba todos os poderes do Estado e gobernaba sen contar coas Cortes ou Parlamentos. As súas bases son:
- O poder proviña directamente de Deus.
- Administración centralizada.
O seu representante foi Luís XIV, o "Rei Sol".
Monarquía Parlamentaria
O poder do rei estaba limitado por un Parlamento que representaba os intereses dos distintos estamentos sociais. O mellor exemplo foi Inglaterra.
Sistemas Económicos
Sistema Capitalista (Economía de Mercado)
A actividade económica está regulada polo mercado. Réxese pola lei da oferta e demanda, onde se produce segundo a demanda de bens ou servizos. Os seus principios son:
- Predominio da propiedade privada.
- Liberdade de circulación de persoas e mercadorías.
- Libre competencia entre as empresas.
- Busca o máximo beneficio individual.
Dáse na maioría dos países do mundo.
Sistema Socialista (Economía Planificada)
A actividade económica está regulada polo Estado a través de plans de obrigado cumprimento polas empresas. O Estado fixa os prezos dos produtos e os salarios dos traballadores. Principios:
- A propiedade estatal das empresas e medios de produción.
- Planificación económica polo Estado.
- Igualdade social.
Dáse en China, Cuba, Vietnam, entre outros.
Sistema Mixto
Combina a economía de mercado cunha intervención do Estado. Dáse en moitos países de Europa.
O Renacemento
Quattrocento (Século XV)
Arquitectura
- Brunelleschi: Cúpula da catedral de Florencia.
- Alberti: Palacio Rucellai.
Escultura
- Ghiberti: Portas do Paraíso.
- Donatello: O David.
Pintura
- Botticelli: O Nacemento de Venus.
Cinquecento (Século XVI)
Arquitectura
- Bramante: Basílica de San Pedro do Vaticano.
Escultura
- Miguel Anxo: Tumbas dos Medici, David e Moisés.
Pintura
- Leonardo Da Vinci: A Gioconda e A Sagrada Cea.
- Miguel Anxo: Frescos da Capela Sixtina.
- Rafael: A Escola de Atenas.