Conceptos Fundamentais de Química e Física Atómica

Enviado por Chuletator online y clasificado en Química

Escrito el en gallego con un tamaño de 4,3 KB

Conceptos Fundamentais do Átomo

Forzas Atómicas

As forzas que manteñen estable o átomo son:

  • Forza electrostática: Une electróns con protóns.
  • Forza nuclear forte: Une protóns e neutróns (é a máis forte de todas).
  • Forza nuclear débil: Mantén estables os neutróns e é a responsable da radioactividade.

Potencial de Ionización

É a enerxía que temos que aplicarlle a un átomo para arrancarlle un electrón.

Fórmula de Niels Bohr:

Pi = 13,6 * Z2 / N2

Onde Z é o número atómico e N é o período.

Valencia Química

Número de hidróxenos que se poden enlazar cun átomo ou elemento químico (Exemplo: NH3).

Electróns de Valencia

Son os electróns que un átomo intercambia con outros átomos. Son importantes porque as propiedades químicas dos elementos dependen deles.

Definicións Clave en Química Atómica

Isótopos

Átomos dun mesmo elemento que teñen igual número atómico pero distinto número másico.

Elemento Químico

Representación dos isótopos de cada átomo. Caracterízase porque a súa masa atómica é unha medida ponderada dos números másicos dos seus isótopos.

Diferenza entre Masa Atómica e Masa Molar

  • Masa atómica: É a masa que ten un só átomo.
  • Masa molar: É a masa que ten unha molécula (suma da masa dos átomos que a forman).

Terminoloxía Atómica Fundamental

  • N: Número de neutróns.
  • Z: Número de protóns.
  • Número Másico: N + Z.

Ion

  • Anión: Átomo que gaña electróns (carga negativa, -X).
  • Catión: Átomo que perde electróns (carga positiva, +X).

Átomo Neutro

No núcleo están os protóns (+) e neutróns (sen carga), inmóbiles. Na codia están os electróns (-) movéndose.

Número Másico e Número Atómico

  • Número Másico: Número de protóns e neutróns nun átomo.
  • Número Atómico: Número de protóns que hai no núcleo dun átomo.

Estrutura Interna do Átomo (segundo Niels Bohr)

O átomo ten unha estrutura interna formada por núcleo e codia. No núcleo están os protóns e neutróns. O núcleo é 10.000 veces máis pequeno que a codia e nel está concentrada o 99% da materia atómica, polo tanto, o átomo está case baleiro. A codia está formada por electróns xirando en órbitas circulares.

Propiedades e Conceptos Adicionais

  • A radioactividade dos átomos débese á interacción nuclear débil.
  • Un catión atómico é máis pequeno que o átomo neutro correspondente.
  • Un anión atómico é máis grande que o átomo neutro correspondente.
  • Diferenza entre número másico e masa atómica: O número másico é a suma de neutróns e protóns, e a masa atómica é a masa do átomo expresada en UMAS (Unidades de Masa Atómica).
  • Os criterios polos que se ordenan os elementos químicos na táboa periódica son: períodos, familias e número atómico.
  • O número atómico representa o número de protóns.
  • Na táboa periódica pódense atopar: elementos químicos, número atómico, masa atómica e relación entre unidades.

Magnitudes Físicas e Químicas

Masa:
Magnitude que mide a cantidade de materia.
Densidade:
Magnitude que mide a cantidade de materia que hai na unidade de volume.
Dureza:
Propiedade que mide a dificultade de raiar a materia.
Acidez:
Magnitude que mide a concentración de catións de hidróxeno (H+) nunha substancia.
Magnitude extensiva:
Aquela magnitude que depende da cantidade de substancia que ten o corpo.
Magnitude intensiva:
Aquela cuxo valor non depende da cantidade de materia do sistema.

Entradas relacionadas: