Conceptos Fundamentais de Psicoloxía Social e Influencia Cultural

Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 4,6 KB

Definicións Clave en Psicoloxía Social e Cultura

Cultura

Conxunto de patróns compartidos por todos os membros dunha sociedade, un conxunto de formas específicas de adaptación a ambientes físicos e sociais concretos. Estes patróns son aprendidos mediante a relación con outros membros do grupo.

Psicoloxía Social

Ocúpase de estudar a influencia das outras persoas e da situación social sobre o comportamento individual, abandonando as teses tradicionais e tendo en conta a influencia da situación do individuo.

Influencia da Cultura na Sociedade

A personalidade é produto da estrutura social sobre a bioloxía individual da persoa; a dialéctica entre cultura e individuo depende do contexto social e está condicionada pola influencia de culturas.

Personalidade Básica

Moldeada pola educación na infancia e expresaríase na ideoloxía do grupo, nas súas actividades emocionais, nos procesos cognitivos e nas «formas de estar no mundo».

Sintalidade

Diferenzas e diverxencias individuais con respecto ao carácter xeral do grupo de referencia.

Cultura e Enfermidade

Existen diferenzas significativas respecto á forma de manifestar as emocións ou a comprensión da relación mente-corpo entre diferentes culturas que semellan afectar a todos os individuos que compoñen esa cultura e que delimitan, en ocasións, o que se considera un cadro patolóxico.

Grupos Sociais e Socialización

Grupo Social

Calquera grupo de individuos que se atopa nunha interacción mutua e duradeira; poden ser grupos grandes ou reducidos e teñen normas de funcionamento interno. Determínanse por obxectivos comúns, estrutura, normas, valores e crenzas.

  • Grupos primarios (familia): Fundamentais para a natureza social, marcan os valores e as normas ético-morais. Axudan a satisfacer as nosas necesidades afectivas e persoais.
  • Grupos secundarios (colexio/empresa): Fundamentais para conseguir obxectivos de interese común. Establecen relacións en base ao interese mutuo.
  • Grupos terciarios (manifestacións): Son casuais, de curta duración e só se forman por un obxectivo común transitorio.

Proceso de Socialización

Proceso que dura toda a vida e polo que as persoas se converten en membros dun grupo social aprendendo os seus valores, formas aceptables de conduta e regras de comportamento formais.

  1. Socialización primaria: É a que realiza o individuo durante a súa infancia, dentro da familia. O individuo asimila as normas identificándose coas figuras maiores a través da afectividade e o principio de autoridade.
  2. Socialización secundaria: Prodúcese a través do contacto con outros grupos sociais. Permite a identificación cun grupo maior e precisa mellor a propia identidade.
  3. Socialización terciaria: É a que se produce cando o individuo se afasta temporal ou definitivamente do seu grupo, costumes e valores e debe aprender outros novos (resocialización).

Prexuízo, Discriminación e Actitudes

Prexuízo

Actitude que consiste nunha opinión intolerante, desfavorable e ríxida sobre un grupo de persoas. Está baseado nunha crenza non fundamentada en datos obxectivos, sobre un grupo de persoas ás que se lles atribúen caracteres comúns, formando o que chamamos un estereotipo.

Discriminación

Conduta ou serie de actos que negan oportunidades sociais a membros dun grupo determinado. Está baseada nun prexuízo porque trata unha clase de persoas coma se fosen iguais, pero non sempre un prexuízo deriva nunha conduta discriminatoria, porque os individuos poden controlar a súa conduta.

Actitude

Avaliación que facemos dunha determinada idea, problema ou obxecto sobre o que pensamos. Poden ser negativas (rexeitamento) ou positivas (aceptación). Tres elementos:

  1. Cognoscitivo: Refírese ás percepcións e crenzas cara ao obxecto da actitude.
  2. Afectivo: Componse das emocións que esperta un obxecto.
  3. Condutivo: Consiste nas predisposicións a actuar de certa forma diante do obxecto.

Orixe das Actitudes

As actitudes persoais dependen en boa medida da sociedade e cultura na que vivimos. A nosa conduta está condicionada por estas actitudes e determinada polo noso contorno social.

Entradas relacionadas: