Conceptos Fundamentais do Aparello Circulatorio e Cardioloxía

Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 4,25 KB

  1. Na coartación da aorta non serve como procedemento diagnóstico: biopsia de aorta
  2. A síndrome de Eisenmenger: é unha complicación evolutiva das cardiopatías conxénitas con curtocircuíto esquerdo-dereito
  3. Con respecto ao fenómeno de Raynaud: acostuma desencadearse por exposición ao frío
  4. Non constitúe un signo: palpitación
  5. A utilización de Ta (radioisótopo) pode resultar útil para: ningún destes casos
  6. A túnica íntima do aparello circulatorio está formada por: tecido epitelial, conxuntivo e conectivo
  7. A túnica adventicia interna que recobre o corazón recibe o nome de: pericardio visceral e parietal
  8. A válvula que comunica AD con VD recibe o nome de: válvula tricúspide
  9. A túnica media da árbore vascular é: de tecido muscular máis tecido elástico.
  10. As arterias coronarias parten: da aorta ascendente
  11. Respecto das cordas tendinosas sinala a resposta incorrecta: insírense nunhas pequenas dilatacións na orixe das arterias pulmonar e aórtica denominadas seos de Valsalva
  12. A proba diagnóstica que combina a técnica radiolóxica co tratamento computerizado de imaxe denomínase: DIVAS
  13. Indica de que patoloxía se trata: activación dobre dos ventrículos por vía normal pero a través dun fascículo anómalo (de Kent) que comunica aurícula e ventrículo con velocidade elevada: síndrome de Wolff-Parkinson-White
  14. Indica de que patoloxía se trata: perda de secuencia de activación auricular quedando as aurículas fragmentadas en múltiples parcelas que se activan independentemente: fibrilación auricular
  15. Sinala a correcta: todas son correctas
  16. Como se chama o xerador de impulsos fisiolóxico cardíaco: Keith-Flack
  17. Respecto da sístole ventricular o correcto: as válvulas A-V están abertas e as sigmoideas pechadas
  18. O SN simpático produce: vasoconstrición e taquicardias
  19. Sinala a correcta con respecto ao IAM: sempre hai insuficiencia cardíaca
  20. Cal destas probas identificará mellor unha anxina: ergometría
  21. A principal causa de cardiopatía isquémica é: a aterosclerose
  22. A ablación por radiofrecuencia é unha terapia útil para: as arritmias
  23. Nun flutter auricular a frecuencia cardíaca oscila entre: 250/300
  24. Cando hai unha dificultade para que o impulso orixinado no nodo sinusal alcance os ventrículos e se produce unha interrupción ocasional do impulso podemos falar de: bloqueo de 2º grao ou Mobitz I/II
  25. Na insuficiencia mitral a incorrecta: o gasto cardíaco está sempre diminuído en estados iniciais
  26. Sinala a resposta correcta: na pericardite aguda hai: etioloxía neoplásica
  27. Na estenose aórtica hai: todas correctas
  28. A técnica de Morrow é: miotomía ou miectomía
  29. A enfermidade de Roger é: unha CIV menor a 1 cm
  30. Indica cal destas cardiopatías conxénitas é cianótica: transposición de grandes vasos
  31. Unha anxite segmentaria que afecta as arterias de pequeno e mediano calibre e as veas das EEII e EESS identifícase como: enfermidade de Buerger
  32. Coloración vermella, calor e dor urente en forma de crise e sen secuelas que afecta a mulleres de idade media define a: eritromelaxia
  33. Paso de sangue desde a luz arterial ao interior da parede por desgarro da íntima que provoca separación do resto das túnicas identifica: aneurisma disecante de aorta.

Entradas relacionadas: