Conceptos Fundamentais de Demografía e Economía: Termos Clave para Entender a Sociedade
Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en español con un tamaño de 4,52 KB
Poboación Activa
Concepto demográfico que se refire a aquela poboación en idade de traballar. A partir desta definición diferenciamos entre poboación activa ocupada e poboación activa desocupada ou en paro. A efectos estatísticos convén, non obstante, diferenciar a poboación en paro da poboación activa desocupada que realiza labores non asalariadas.
Esperanza de Vida
Cálculo do número de anos que un individuo pode esperar vivir, xa sexa no momento de nacer ou cando se acada unha determinada idade, sempre que os niveis de mortalidade se manteñan constantes.
Réxime Demográfico
Concepto demográfico que se refire a cada etapa pola que pasa a evolución do movemento natural dunha poboación, no que a natalidade, a mortalidade e o crecemento natural presentan características homoxéneas. Así, diferenciamos na dinámica demográfica dos países desenvolvidos un réxime tradicional, un réxime de transición e un réxime actual.
Censo de Poboación
É un documento no que se reconta a poboación dun país nun momento determinado e achéganos información sobre o volume de poboación dun lugar, a súa composición por sexo e por idades, estado civil, tamaño da familia, etc.
Saldo Migratorio
Resultado de poñer en relación a inmigración e a emigración nun determinado territorio. O saldo migratorio é positivo cando o número de inmigrantes é superior ao de emigrantes, e negativo cando a emigración supera a inmigración.
Taxa de Fecundidade
Pon en relación o número de nacementos vivos nun ano determinado co número de mulleres en idade de procrear, isto é, entre os 15 e os 49 anos.
Transición Demográfica
É un modelo que describe os cambios demográficos acaecidos ao longo do tempo nos países desenvolvidos: a transición desde unha situación de altas taxas de natalidade e mortalidade a outra caracterizada por un descenso destas.
Padrón Municipal
Rexistro que leva a cabo cada concello sobre a poboación que reside no seu municipio. Contén tamén información sobre as características da poboación, aínda que algo menos detallada ca a do censo.
Balanza de Pagamentos
Concepto de contabilidade económica que se refire á medida de todas as transaccións económicas realizadas entre un país e o resto dos países durante un ano.
Economía Sumerxida
Concepto económico que se refire á actividade económica ilegal ou non declarada, non suxeita a control fiscal, que se aproveita de situacións de altos índices de desemprego e busca evitar o pago de impostos, cotas de seguridade social e salarios baixos.
Ecoturismo
Concepto económico e medioambiental do sector terciario, tamén coñecido como turismo ecolóxico, que se refire á actividade turística vinculada a un sentido da ética ao intentar promover, ademais do goce do viaxeiro, o benestar das comunidades locais, incentivando, xunto coa preservación do medio natural, o desenvolvemento sostible.
Franquicia/Franquía
Concepto xurídico-mercantil que se refire a unha rede de empresas nas que unha delas, propietaria da marca, a cede a outras pequenas empresas, que a utilizan a cambio dun pago mensual e dun estrito control do seu funcionamento por parte da franquiciadora.
Plan Estratéxico de Infraestruturas do Transporte (PEIT)
Concepto de vertebración socioeconómica do territorio que se refire ao documento-proposta do Ministerio de Fomento que asume o obxectivo a longo prazo de abordar os retos do transporte en España e as medidas que poidan contribuír a mellorar a competitividade económica, a cohesión territorial e social, e a seguridade e calidade do servizo en todos os modos de transporte desde os principios de racionalidade e eficiencia no uso dos recursos.
Taxas Aeroportuarias
Concepto xurídico-mercantil que se refire á tributación sobre actividades que realicen persoas físicas ou xurídicas nos aeroportos de uso e administración pública.
Tour Operadores
Concepto económico que se refire a un sistema de organización do turismo por parte de axencias especializadas, que lle facilitan ao turista a xestión total da viaxe, desde a estadía ata as visitas, pasando polo resto dos pormenores organizativos.