Conceptos Fundamentais da Arte e a Arquitectura

Enviado por Chuletator online y clasificado en Plástica y Educación Artística

Escrito el en español con un tamaño de 2,82 KB

Técnicas e Conceptos Pictóricos

Claroscuro

Claroscuro: técnica pictórica que contrasta luces e sombras. Aplícase para destacar as partes iluminadas sobre un fondo escuro.

Esfumado (Sfumato)

Esfumado: técnica pictórica definida por Leonardo da Vinci como “sen liñas, nin bordes, coma o fume” (de aí o nome italiano de sfumato) ou máis alá do plano de enfoque. Ten un efecto vaporoso, dá sensación de profundidade e acusa a perspectiva espacial e aérea.

Tipos de Perspectiva

Perspectiva aérea

Perspectiva aérea: perspectiva que intenta representar a atmosfera que envolve aos obxectos, debuxando os do fondo máis esvaídos para dar a sensación de distancia espacial.

Perspectiva lineal

Perspectiva lineal: tipo de perspectiva na que as liñas converxen no fondo, cara a un punto de fuga. As figuras cada vez son máis pequenas na medida que se afastan do primeiro plano.

Perspectiva xerárquica

Perspectiva xerárquica: perspectiva na que as figuras representadas dispóñense por tamaños segundo sexa a súa relevancia e importancia.

Escultura e Composición

Estatua ecuestre

Estatua ecuestre: xénero escultórico no que se representa ao personaxe montando a cabalo. Pode ser un retrato.

Liña serpentina

Liña serpentina: concepto tradicional na arte que designa a liña ou esquema compositivo, ou figura que ten forma sinuosa como unha serpe ou en "S"; rotada sobre si mesma (en hélice ou helicoidal). Está relacionada co contrapposto, dando unha sensación de movemento máis esaxerado e con máis tensión do corpo. Tamén se emprega o termo italiano serpentinata.

Elementos Arquitectónicos

Columna salomónica

Columna salomónica: columna de fuste helicoidal típica do barroco europeo. Crese que así eran as columnas do templo do Rei Salomón, de aí o seu nome. Adoitan decorar o fuste con follas, acios e pampos de vide. Chámaselle tamén torsa ou entortada.

Ménsula

Ménsula: elemento arquitectónico que sobresae do plano do paramento dun edificio. Pode ser decorativa ou ter unha función construtiva.

Piar

Piar: elemento arquitectónico exento de sustentación con sección poligonal. Adoita ser máis robusto que a columna.

Pilastra

Pilastra: piar apegado ao muro. Pode ter unha función decorativa ou construtiva.

Trompa

Trompa: elemento arquitectónico construtivo para achafranar un canto. Ten forma de pequena bóveda semicónica co vértice no ángulo de dous muros e a parte máis ancha cara fóra.

Entradas relacionadas: