Conceptos Fundamentais de Bioloxía: Xenética e Evolución

Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 2,99 KB

Xenética e Biotecnoloxía

Replicación

É a réplica de si mesma de cada molécula antes da división celular. A información contida no ADN é idéntica para todas as células do individuo e transmítese en cada división.

Enxeñería Xenética

Son técnicas complexas que permiten eliminar, modificar ou agregar xenes aproveitando os coñecementos sobre o ADN e as súas funcións para o beneficio humano.

Organismos Transxénicos

Poden ser organismos pro- ou eucariotas. Adoitan ir acompañados de técnicas de clonación e son organismos cuxo xenoma se transformou mediante enxeñería xenética (EX).

Biotecnoloxía

É a utilización de células vivas como alimentación ou medicación con finalidades comerciais. Aplícase en moitas áreas e acarrean numerosos riscos para o medio ambiente, a saúde ou o contexto social e político.

Terapia Xénica

Son as posibilidades de substituír o xene responsable dunha enfermidade.

Evolución

Evolución

Todos os seres vivos temos unha orixe común ao estar construídos por células e ADN como soporte da información. Bases: a vida ten unha historia que cambiou ao longo do tempo e distintas especies teñen antepasados comúns.

Fósiles

Son restos de organismos que viviron sobre a Terra en épocas pasadas e que quedaron preservados.

Feito da Evolución

Diferentes especies pero semellantes en lugares distintos. Débese a que teñen un antecesor común. Moitas destas similitudes vense reflectidas na homoloxía.

Órganos Homólogos

Son os que teñen unha estrutura interna moi similar.

Primeiras Explicacións

A evolución é a responsable da diversidade.

Fixismo

Pensamento no que os seres eran distintos porque así foran creados, sen parentescos. Eran os creacionistas.

Lamarckismo

É unha transformación gradual (Teoría de Lamarck).

Darwinismo

Selección natural (Teoría de Darwin).

Darwinismo Actual

Explica a orixe da variabilidade dos individuos a través das mutacións ou reprodución sexual (reparto ao azar dos cromosomas).

Neodarwinismo

Mestura entre o darwinismo e as mutacións, teoría evolutiva da ciencia actual. Admite que a evolución vén das mutacións cromosómicas.

Saltacionismo

Todo o contrario ao gradualismo. Defende que non se atopan formas intermedias que habería se fose gradual e que a evolución ocorre a saltos con grandes cambios seguidos doutros de gran estabilidade.

Biodiversidade

É a aparición e desaparición de especies que non lograron adaptarse ás condicións do ámbito no que vivían.

Selección Natural

É a responsable de que en cada xeración aumente o número de descendentes que aportan caracteres vantaxosos no seu medio.

Teoría do Neutralismo

Defende que a maioría dos cambios que ocorren en poboacións son neutros, polo que non supoñen vantaxe nin desvantaxe.

Entradas relacionadas: