Conceptos e Formas da Música do Romanticismo
Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Música
Escrito el en
español con un tamaño de 3,12 KB
Glosario de Termos Musicais do Romanticismo
- Bel canto: Estilo característico da ópera italiana que se centra na beleza da melodía e o virtuosismo do cantante.
- Gran ópera: Tipo de ópera francesa que deriva da ópera seria do clasicismo. Caracterízase por empregar grandes coros, ballets e unha orquestra ampla.
- Leitmotiv: Melodía instrumental que se repite ao longo dunha peza e que identifica un personaxe ou situación. É característico das óperas de Wagner.
- Lied: Canción sinxela de orixe alemá para voz e piano.
- Mazurca: Danza pertencente ao repertorio de piano romántico.
- Nocturno: Peza para piano nacida no Romanticismo pertencente ao grupo das pezas breves e líricas. Un dos máis importantes compositores deste tipo de pezas é F. Chopin.
- Obertura programática: Tipo de peza pertencente á música programática moi semellante ao poema sinfónico. Normalmente as oberturas programáticas están inspiradas en obras literarias, como a composta por F. Mendelssohn inspirándose no "Soño dunha noite de verán" (Shakespeare).
- Ópera lírica: Tipo de ópera francesa máis sinxela que a gran ópera e con diálogos falados ou en recitativo. Un exemplo é "Carmen" (Bizet).
- Orquestra romántica: Tipo de orquestra derivada da orquestra clásica pero máis numerosa (aumentan especialmente as seccións de vento metal e percusión).
- Poema sinfónico: Tipo de peza pertencente á música programática. Só consta dun movemento e ten forma libre. Este termo foi acuñado por Liszt.
- Polonesa: Danza para piano procedente da música tradicional polaca.
- Preludio: Peza para piano nacida no Romanticismo pertencente ao grupo das pezas breves e líricas.
- Música programática: A música programática é música instrumental que intenta contar unha historia ou reflectir unha idea ou sentimento. O primeiro exemplo é a "Sinfonía fantástica" (H. Berlioz).
- Sinfonía programática: Peza instrumental que mantén o esquema formal da sinfonía (4 movementos, o primeiro con forma sonata) pero que, como a música programática, intenta contar unha historia ou reflectir unha idea. Un exemplo de sinfonía programática é a 5ª de Beethoven.
- Verismo: Estilo de ópera italiana vinculado co naturalismo que se desenvolve no postromanticismo. Caracterízase por plasmar o lado máis sórdido do ser humano, as escenas violentas e os finais tráxicos.