Conceptos Esenciais de Python: Módulos, Refactorización e Control de Versións
Enviado por Chuletator online y clasificado en Informática y Telecomunicaciones
Escrito el en
español con un tamaño de 4,99 KB
Módulos en Python
Os módulos son arquivos que conteñen código Python que podemos chamar dende o programa principal ou dende outros módulos. O nome do módulo é o nome do arquivo (sen a extensión .py).
Ademais dos módulos que creamos para utilizar no noso código, Python proporciónanos librarías estándar con centos de funcións de propósito xeral.
Para crear un módulo, abonda con crear un arquivo .py cun nome que faga referencia ao código que vai conter. O código do módulo pode conter todo tipo de elementos de programación: definicións de clases, obxectos, métodos, funcións, variables, etc.
Como importar un módulo
Para importar un módulo, podemos utilizar diferentes métodos:
import nome_do_módulo: Accedemos a todos os seus elementos, pero sempre co nome do módulo (e un punto separador) por diante. É posible crear un novo identificador que nos sirva como acceso á función do módulo. Para realizalo, simplemente asignámoslle a función do módulo:novaFuncion = módulo.función.from nome_do_módulo import elemento1, elemento2, ...: Accedemos indicando directamente o nome do elemento importado (sen prefixar co nome do módulo). Non se pode acceder ao resto dos elementos, nin sequera a través do nome do módulo.from nome_do_módulo import *: Accedemos directamente a todos os elementos do módulo.
O intérprete busca primeiro o arquivo nome_do_módulo.py na carpeta actual, aínda que existen variables de contorna onde se pode modificar a ruta de busca.
Obter información do contido dun módulo
O primeiro que temos que facer é importar o módulo e, logo, podemos utilizar dende o intérprete un dos seguintes comandos:
help(): Mostra axuda dos elementos do módulo ou dun elemento en concreto. Pódese chamar pasándolle de parámetro o nome do módulo importado ou un elemento concreto comonome_do_módulo.nome_do_elemento.dir(): Mostra os nomes que define un módulo. Chamando adir()sen parámetros, visualízanse todos os nomes dos elementos aos que se ten acceso. Pasándolle o nome dun módulo como parámetro, visualiza os nomes dos seus elementos.
Módulos da libraría estándar
Non todos os elementos de programación da libraría que proporciona Python están dispoñibles cando empezamos a traballar. Algúns dos máis utilizados son:
- Módulo
math: Proporciona funcións para cálculos matemáticos en punto flotante. - Módulo
random: Proporciona funcións para xerar números e seleccións aleatorias. - Módulo
datetime: Proporciona funcións para manexar datas e horas.
Refactorización de Código
Chámase refactorización de código ao conxunto de procedementos empregados en programación para reestruturar un conxunto de liñas de código, de xeito que o resultado obtido funcione do mesmo xeito pero teña algunhas vantaxes sobre o orixinal. O resultado da refactorización depende fundamentalmente do obxectivo que se busca: mellorar a estrutura, facelo máis rápido ou lexible, evitar repeticións, etc.
Algúns indicadores da necesidade de efectuar algún tipo de refactorización son:
- Código demasiado complexo.
- Nomeado de variables e funcións non axeitado.
- Repetición dun mesmo conxunto de liñas en varios lugares do código.
- Funcións moi longas.
- Falta de comentarios.
Repositorios de Código e Control de Versións
O termo repositorio fai referencia a un servidor ou recurso dunha rede no que se almacena e mantén o código dunha aplicación informática. Moitos destes repositorios de código poden ser accedidos a través dunha páxina web. O código do repositorio pode ser público (calquera pode obter unha copia do código) ou privado (soamente o dono do código pode acceder a el).
Entre as principais características que adoita incorporar un repositorio de código atopamos a xestión de fallos, a revisión do código e un wiki para facilitar a documentación relacionada co código que manteñen.
O control de versións fai referencia á xestión dos cambios que teñen lugar no código que se programa para desenvolver un sitio web ou unha aplicación informática. Os distintos estados polos que vai pasando o código conforme se desenvolve a aplicación adoitan identificarse mediante un número de versión.
As características máis salientables comúns aos sistemas de control de versións son:
- O rexistro completo dos cambios levados a cabo nos distintos ficheiros que compoñen o código fonte.
- A ramificación e fusión.
- A trazabilidade.