Conceptos Esenciais: Medio Ambiente, Materiais e Tecnoloxía
Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en español con un tamaño de 3,93 KB
Quecemento global
É o aumento da concentración do dióxido de carbono como consecuencia das actividades humanas. En consecuencia, prodúcese un incremento significativo do efecto invernadoiro e a temperatura da Terra experimenta un incremento constante.
Propón 3 medidas para deter o quentamento global
- Reducir o transporte individual.
- Minimizar o rego de xardíns e promover o sistema de rega por goteo.
- Favorecer a separación de lixo e a reciclaxe.
Chuvia ácida
Prodúcese cando o dióxido de nitróxeno e o dióxido de xofre presentes na atmosfera reaccionan coa auga, producindo ácido nítrico e ácido sulfúrico. Estes ácidos caen sobre a superficie terrestre en forma de chuvia ácida.
O buraco da capa de ozono
É a zona da atmosfera terrestre onde se producen reducións anormais da capa de ozono. Este fenómeno atribúese ao aumento da concentración de cloro e de bromo na estratosfera debido ás emisións antropoxénicas de compostos químicos.
Consecuencias do buraco da capa de ozono
- Cancro de pel.
- Cataratas.
- Inmunodeficiencias.
- Danos nas colleitas.
- Alteración de ecosistemas acuáticos.
Tres consecuencias do cambio climático
- Aumento da temperatura terrestre.
- Aumento do nivel e da temperatura do mar.
- Perigo de extinción de numerosas especies de animais e vexetais.
Desenvolvemento sostible
É un tipo de crecemento que cobre as necesidades da presente xeración sen comprometer as necesidades das futuras. O problema da mala xestión dos recursos afecta non só á explotación medioambiental, senón tamén ao abismo que separa as condicións de vida das persoas.
Que son os plásticos
Aplícase ás substancias de estrutura similar que carecen dun punto fixo de evaporación e posúen, durante un intervalo de temperaturas, propiedades de elasticidade e flexibilidade que permiten moldealas e adaptalas a diferentes formas e aplicacións.
As tres R
- Reducir: diminuír o impacto no medio ambiente.
- Reutilizar: darlle unha segunda vida útil a un obxecto.
- Reciclar.
Diferenza entre tsunamis e terremotos
Os terremotos prodúcense cando as tensións acumuladas pola deformación das capas da Terra se liberan bruscamente.
Os terremotos submarinos (tsunamis) provocan movementos da auga do mar, xerando ondas enormes.
Protocolo de Kioto
É un acordo internacional que ten por obxectivo reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro que causan o quentamento global.
Importancia da auga en Galicia
- Úsase para a produción de enerxía.
- No sector agrario.
- Hai máis de 10.000 ríos en Galicia.
Nanotecnoloxía
É un campo das ciencias aplicadas dedicado ao control e manipulación da materia a nivel de átomos e moléculas.
Fullerenos
É a terceira forma molecular máis estable do carbono, tras o grafito e o diamante. As súas aplicacións inclúen o espazo, a medicina...
Tres aplicacións da nanotecnoloxía
- Na informática.
- Na construción.
- Na medicina.
Tres exemplos de polímeros plásticos
- Polietileno.
- Polipropileno.
- Poliestireno.
Tres riscos do uso de internet
- Roubo da identidade.
- Adicción.
- Fuxida do contacto interpersonal.
Protocolos de internet
É un conxunto de protocolos de rede nos que se basea Internet e que permiten a transmisión de datos entre ordenadores, como HTTP, IP, ARP.
Grafeno
É unha substancia formada por carbono puro, con átomos dispostos nun patrón regular hexagonal similar ao grafito, pero nunha folla dun átomo de espesor. Aplícase en circuítos integrados, transistores de frecuencia...