Conceptos Esenciais de Física: Propagación de Ondas, Luz e Son
Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
español con un tamaño de 5,38 KB
Conceptos Fundamentais sobre Ondas
Ondas: As ondas son unha forma de propagación de enerxía dun punto a outro do espazo que non vai acompañada dun desprazamento de materia.
Frecuencia: É o número de oscilacións dunha partícula por segundo. A súa unidade é o hertz (Hz).
Lonxitude de onda: É a distancia que existe entre dúas cristas. A súa unidade é o metro (m).
A Luz e a Súa Propagación
Fontes Luminosas
Os corpos que emiten luz chámanse fontes luminosas e pódense clasificar en dous tipos:
- Naturais: Como o Sol, as demais estrelas e os lucernas (ou lucecús).
- Artificiais: Como as lámpadas, as candeas acesas e as lanternas.
Emisores secundarios de luz: Son os corpos que absorben parte da luz que lles chega e reflicten outra parte en todas as direccións.
Clasificación dos Corpos Segundo a Absorción de Luz
Segundo a súa capacidade de absorción, os corpos poden ser:
- Transparentes: Deixan pasar a luz e pódense ver os obxectos a través deles con nitidez, xa que non dispersan a luz que lles chega. Exemplos: a auga ou unha lámina de vidro.
- Translúcidos: Deixan pasar só unha parte da luz que reciben, pero non permiten ver con total claridade, posto que dispersan parte da luz que lles chega. Exemplos: papel vexetal ou vidro esmerilado.
- Opacos: Son os obxectos que non deixan pasar a luz e, polo tanto, non pode verse a través deles, xa que reflicten ou absorben toda a luz que reciben. Exemplos: un anaco de madeira, unha peza de cerámica ou un anaco de metal.
Fenómenos de Propagación
Raio luminoso: É cada unha das direccións na que a luz se propaga a partir dun foco luminoso.
Feixe de luz: É o conxunto de raios luminosos.
Velocidade de propagación da luz: Depende do medio no que se propague. Arredor dos 300.000 km/s.
Sombra e Eclipses
Sombra: Prodúcese cando un obxecto opaco se interpón nun raio de luz e detrás del créase unha silueta escura.
Penumbra: Se o foco de luz é moi grande ou se encontra próximo ao obxecto, a sombra non ten contornos nítidos e ao seu arredor aparecen zonas de penumbra.
Tipos de Eclipses
Eclipses: Prodúcense cando un astro se oculta parcial ou totalmente porque se interpón outro que impide que o vexamos. Poden ser:
- Parciais: Se se oculta unha parte do astro.
- Totais: Se queda oculto todo o astro.
- Anulares: Se se ve un anel do astro ocultado.
Eclipse de Sol: A Lúa interponse entre o Sol e a Terra.
Eclipse de Lúa: A Terra encóntrase entre o Sol e a Lúa.
Interacción da Luz coa Materia
Reflexión da luz: É o cambio de dirección que experimenta un raio luminoso ao rebotar contra a superficie dun corpo.
Espello: É un corpo opaco cunha superficie lisa e pulida capaz de reflectir regularmente a luz que recibe.
- Espellos planos: Son superficies planas.
- Espellos curvos: Son superficies curvas (espellos cóncavos e espellos convexos).
Refracción da luz: É o cambio de dirección que experimenta un raio luminoso ao pasar dun medio a outro no que a súa velocidade é distinta.
Lentes e Espectro
Lentes: Son corpos transparentes que poden formar imaxes refractando a luz. Hai lentes que concentran os raios da luz e outras que os dispersan.
- Lentes converxentes: Fan que os raios de luz se concentren nun punto que se denomina foco.
- Lentes diverxentes: Son máis grosas nos extremos ca no centro. Fan que os raios de luz se separen.
Luz infravermella: Radiación cunha lonxitude de onda superior á vermella.
Ultravioleta: Ten unha lonxitude de onda menor cá violeta.
O Son e as Súas Calidades
Calidades do Son
- Intensidade:
- É a cantidade de enerxía que chega ao noso oído por unidade de tempo. Segundo a súa intensidade, os sons poden ser débeis (se levan pouca enerxía) ou fortes (se levan moita).
- Ton:
- Está determinado pola súa frecuencia e mídese en hertzs (Hz). Segundo o seu ton, poden ser graves (cando a frecuencia é baixa) ou agudos (cando a súa frecuencia é alta).
- Timbre:
- É a calidade que nos permite distinguir os sons de igual intensidade e ton producidos por dúas fontes sonoras diferentes.
Fenómenos Acústicos
Eco: Repetición dun mesmo son reflectido.
Reverberación: O son reflectido non se distingue claramente do directo, senón que os dous se mesturan e se confunden.
Espectro Sonoro
Infrasons: Ondas por debaixo de 20 hertzs.
Ultrasons: Ondas por riba de 20.000 hertzs.