Conceptos de Cosmoloxía e Cosmovisión: Unha Exploración Filosófica
Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en español con un tamaño de 3,43 KB
Conceptos Fundamentais da Visión do Mundo
Cosmoloxía
Pódese entender por cosmoloxía a disciplina filosófica que trata de explicar de maneira unitaria os diferentes aspectos do mundo físico, entendido como unha totalidade ordenada, tendo en conta as achegas dos distintos saberes e ciencias.
Cosmogonía
Unha cosmogonía é unha visión do universo que implica elementos míticos ou achegas relixiosas.
Cosmovisión
Unha cosmovisión é unha interpretación coherente e sistemática do mundo, unha forma de ver e comprender a realidade no seu conxunto. Thomas S. Kuhn consideraba que cada cosmovisión constitúe un modelo máis ou menos completo do mundo, que se corresponde cos coñecementos científicos aceptados como verdadeiros en cada momento histórico.
Tipos de Cosmovisións
Cosmovisións Científicas
As ciencias foron descubrindo fenómenos naturais e explicándoos, e iso contribuíu a proporcionarnos certa visión do mundo e un modo de posicionarnos ante a realidade. De aí que se poida falar de cosmovisións científicas.
Cosmovisión Teleolóxica
Unha cosmovisión é teleolóxica cando considera que todos os seres que poboan o universo, e tamén o universo como unidade, tenden a un fin.
A Cosmovisión Aristotélica
Para Aristóteles, o universo é finito e eterno. Está formado por oito esferas principais concéntricas, introducidas unhas dentro das outras, e no centro está a Terra. Por iso afirmamos que a súa cosmovisión é xeocéntrica. O universo de Aristóteles está dividido en dúas grandes rexións:
- O mundo supralunar: formado polas esferas dos planetas coñecidos, a esfera das estrelas móbiles e a esfera das estrelas fixas. Esta rexión do universo está formada por unha materia especial, chamada «éter», que é incorruptible. Non se trata dun ser persoal e transcendente, senón dun elemento ou peza máis do sistema do universo.
- O mundo sublunar: que se estende desde a esfera da Lúa ata o centro, onde se encontra a Terra, está formado por catro elementos (lume, terra, auga, aire).
Estrutura Xerarquizada do Universo Aristotélico
O universo aristotélico está xerarquizado segundo tres niveis:
- Os seres inmateriais e inmóbiles.
- Os seres materiais incorruptibles e eternos.
- Os seres corruptibles e temporais compostos dos catro elementos.
As Catro Causas de Aristóteles
Aristóteles propuxo catro causas para explicar a existencia e o cambio das cousas:
- Causa material: «de que» está feita unha cousa.
- Causa formal: «o que é» propiamente unha cousa.
- Causa eficiente: «a que ou quen» produciu unha cousa.
- Causa final: «para que», a finalidade ou télos dunha cousa.
Cosmovisión Mecanicista
A cosmovisión mecanicista considera a natureza como unha máquina da que o comportamento estaría rexido por un pequeno número de leis sinxelas.