Conceptos Clave e Reformas Borbónicas no Século XVIII (Felipe V e Carlos III)
Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
español con un tamaño de 3,98 KB
Terminoloxía Fundamental do Século XVIII
Gremio
Agrupación de todas as persoas que se dedican ao mesmo oficio e que está rexido por normas particulares.
Mercantilismo
Sistema económico que se basea na **fortaleza do Estado** e na protección da economía nacional, controlando os recursos naturais e unificando o mercado interno.
Monarquía Absoluta
Sistema de goberno no que todo o poder recae sobre a figura do monarca, cuxo poder provén directamente de **Deus**.
Monarquía Parlamentaria
Sistema de goberno no que o poder do rei está limitado ou incluso dirixido polo poder do **Parlamento**.
Ilustración
Movemento social e cultural europeo que se basea no uso da **Ciencia** e da **Razón** para acabar co sistema tradicional previo.
Lei Sálica
Lei pola cal os dereitos dinásticos non poden estar nas mans das mulleres; foi unha innovación de **Felipe V** á súa chegada a España e durou ata a Pragmática Sanción que fixo Fernando VII en 1830.
Decretos de Nova Planta
Conxunto de leis ditadas por **Felipe V** que consistían na abolición dos Foros do Reino de Aragón e a asunción por todos os reinos de España das mesmas leis.
Despotismo Ilustrado
Movemento político no que os Reis Absolutos trataron de mesturar as ideas ilustradas coa súa forma de goberno, sintetizada en: *“Todo para o pobo, pero sen contar co pobo”*, porque tomaban medidas que eles pensaban que eran favorables ao pobo aínda que ao pobo non lles gustasen.
Motín de Esquilache
Conxunto de revoltas que se deron en España durante o reinado de **Carlos III** e que rematou coa destitución do ministro. A excusa foi a prohibición dalgúns elementos estéticos (sombreiro de á ancha ou capas longas), pero o gran descontento debeuse á suba do **prezo do pan** e outros bens de primeira necesidade. Realmente foi un enfrontamento entre Esquilache e a Igrexa española porque o ministro deixou de permitir que a Igrexa se apropiase de terras sen consultar ao Estado.
Fidalgos
Nobres de segundo nivel que, maiormente, non tiñan sequera título oficial, aínda que exercían como nobres no nome dos donos das terras, cobrando as rendas e beneficiándose dos privilexios destes. En Galicia vivían en **pazos**.
Contexto Histórico e Reformas Borbónicas
O Reinado de Felipe V e a Centralización
Felipe V implanta ao chegar a España, trala **Guerra de Sucesión**, os chamados **Decretos de Nova Planta**. Estes consistían en:
- A unificación das leis baixo a **Lei de Castela** (fin dos Foros, agás algúns de Navarra polo seu apoio na Guerra).
- A implantación da **Lei Sálica** que negaba á muller o dereito ao trono.
- A centralización do poder político a nivel administrativo, reducindo o poder das Cortes e creando a figura do **Intendente** para controlar as contas.
O Despotismo Ilustrado de Carlos III
O goberno español de **Carlos III** quixo facer múltiples reformas dentro da tendencia do **Despotismo Ilustrado**, pero atopouse coa oposición da Igrexa en xeral e da orde dos **Xesuítas** en particular.
Oposición e Expulsión dos Xesuítas
O **Motín de Esquilache**, que lle custou o posto ao valido, foi, segundo o goberno, instigado polos xesuítas. Isto, unido ao voto de obediencia ao Papa en lugar de ao Rei, fixo que fosen **expulsados de España**.
Principais Reformas de Carlos III
As reformas impulsadas por Carlos III incluíron:
- Intentar mellorar a agricultura para evitar a fame.
- Loitar pola recuperación da honorabilidade do **traballo manual**.
- Mellorar o sistema educativo creando **escolas de oficios**.
- Favorecer o comercio como parte do plan de mellora económica e liberalizar o **comercio con América**.
- Impulsar o desenvolvemento urbanístico e viario para mellorar a imaxe do país e para aumentar os niveis de emprego.