Conceptos Clave en Redes Informáticas e Telecomunicacións

Enviado por Chuletator online y clasificado en Informática y Telecomunicaciones

Escrito el en español con un tamaño de 5,3 KB

Preguntas Frecuentes sobre Redes e Protocolos

Pregunta 1: Seguridade en Redes Sen Fíos

As redes Ethernet non dispoñen de ningún tipo de cifrado de datos enviados, mentres que Wi-Fi dispón de WEP e WPA, polo que podo confirmar que a rede Wi-Fi é máis segura. Verdadeiro ou falso? Xustifica.

Resposta:

Falso, porque está demostrado que tanto WEP como WPA se poden romper e descifrar.

Pregunta 2: Fiabilidade no Establecemento de Conexións

Cando se libera unha conexión nunca podo estar realmente seguro de liberala correctamente nos dous lados. Podo estar seguro do establecemento da comunicación? Xustifica a resposta.

Resposta:

Si, porque o cliente mándalle ao servidor un intento de conexión, o servidor mándalle ao cliente a confirmación de que recibiu esta petición de conexión, e dito cliente mándalle unha confirmación de recepción ao servidor. Este recíbea, e é aí cando comeza a comunicación.

Pregunta 3: TCP vs UDP para Mensaxes Curtas

Unha aplicación cliente consulta un dato dun servidor que responde cunha mensaxe curta. Indica que cres que é máis adecuado TCP ou UDP, razoando a resposta.

Resposta:

UDP, xa que se unha petición ou unha resposta se perde, o nivel de aplicación pode simplemente probar e pedila outra vez.

Pregunta 4: Significado do Estado LISTEN en TCP

Que significa que un porto TCP estea en estado LISTEN?

Resposta:

Que espera pasivamente que se inicie a conexión.

Pregunta 5: Preferencia por Protocolos de Enrutamento Dinámico

Razón pola que son preferibles os protocolos dinámicos de enrutamento á introdución de rutas estáticas.

Resposta:

Porque son capaces de buscar o mellor camiño para chegar ao destino de xeito automático, conseguindo adaptar o sistema aos cambios sen precisar dos administradores.

Pregunta 6: Interacción entre OSPF e BGP

Nun enrutador emprego OSPF para conectarme a unha rede e conéctome con outra rede a través de BGP. Podo enviar as rutas aprendidas por BGP a través de OSPF? Cal é a razón pola que che parece que se empregan estes 2 protocolos en vez de un só?

Resposta:

Si, porque o protocolo OSPF permite o paso de rutas desde outros sistemas autónomos. Para evitar un exceso de carga na rede.

Pregunta 7: Portos Ben Coñecidos (Well-Known Ports)

En TCP e UDP empréganse uns portos ben coñecidos (Well-Known Ports). Cales son e para que serven?

Resposta:

Son os 1024 primeiros, resérvanse para servizos estándar que case sempre estarán neses portos.

Pregunta 8: Funcións de NMS e Axente SNMP

Indica cales son as respectivas funcións da estación de monitorización (NMS) e o axente SNMP.

Resposta:

NMS: Serve como interface entre o Administrador de rede humano e o sistema de xestión de rede.

SNMP: Facilita o intercambio da información de administración entre dispositivos da rede.

Pregunta 9: Que é unha "Trap" en SNMP?

Que é unha "trap" en SNMP? (Debuxo/Esquema)

Resposta:

É xerado para reportar condicións e cambios de estado a un proceso de administración.

Pregunta 10: Uso de Canles en Wi-Fi

Wi-Fi emprega 14 canles dunha banda ISM libre. Podo utilizar as canles que queira sen ningún tipo de implicación no rendemento da rede? Xustifica a resposta.

Resposta:

Non, porque as canles están solapadas entre si.

Pregunta 11: O Problema da Estación Oculta

Cal é o problema da estación oculta nas redes sen fíos?

Resposta:

Que un equipo non pode detectar se hai outro transmitindo.

Pregunta 12: Utilidade do Multiplicador da Ventá en TCP

Unha das opcións de TCP é empregar un multiplicador para a ventá de transmisión. Explica cal pode ser a utilidade.

Resposta:

Para poder crear varias conexións simultáneas.

Pregunta 13: Utilidade da Ventá de Conxestión de TCP

Cal é a utilidade da ventá de conxestión de TCP? Emprega algún campo da cabeceira TCP para fixar esta ventá? Indica o tamaño da ventá corrediza de tamaño variable empregada polo protocolo TCP.

Resposta:

Evitar a perda de mensaxes entre emisor e receptor. Emprégase o tamaño da ventá, onde se indica a cantidade de bytes que se lle poden enviar a partir do primeiro byte.

Pregunta 14: NAT Estático e a Súa Utilidade

En que consiste o NAT estático e cal é a súa utilidade?

Resposta:

Tradución de direccións IP e porto TCP/UDP dun equipo interno de xeito que IP+porto da porta de enlace da rede está asignada para enviar paquetes ao equipo interno.

Pregunta 15: Utilidade do DNS e Protocolos Usados

Cal é a utilidade do DNS? Usa TCP ou UDP?

Resposta:

Sistema que permite traducir de nome de dominio a direccións IP e viceversa. Pode empregar TCP e UDP.

Entradas relacionadas: