Conceptos Clave da Lingüística: Orixe, Crioulos e Comunicación Non Verbal
Enviado por Chuletator online y clasificado en Lengua y literatura
Escrito el en gallego con un tamaño de 3,37 KB
Pidgins: Linguas Auxiliares e Contacto Lingüístico
Unha lingua auxiliar resultado do contacto lingüístico entre grupos de falantes de linguas diferentes que necesitan comunicarse. Poden ser inestables (xerga) ou estables (linguas auxiliares simples pero estables, que xorden no contexto da colonización europea e da escravitude).
Crioulos: Orixe e Características Lingüísticas
Unha lingua pidgin que ten falantes nativos. A maioría dos crioulos comparten unha serie de características lingüísticas, a pesar de que se desenvolveron en lugares diferentes e illados xeograficamente, e a pesar de posuír linguas superestratais e subestratais distintas. As súas características inclúen: verbos en serie (oración simple cun verbo para o contido principal e outro verbo ou un grupo de verbos para marcar un significado adicional), orde de palabras SVO e construcións de dobre obxecto.
Monoxénese: Orixe Única da Linguaxe Humana
Teoría que defende para a linguaxe humana unha orixe única no tempo e no espazo. Segundo esta teoría, todas as linguas humanas faladas ata o de agora proceden en última instancia dun único grupo de Homo Sapiens que tería desenvolvido a linguaxe articulada nalgún lugar de África.
Polixénese: Múltiples Orixes da Linguaxe Humana
Teoría que defende que diferentes grupos de Homo Sapiens puideron ter desenvolvido a linguaxe articulada en diferentes lugares do planeta e en diferentes momentos da súa expansión polo mesmo.
Teoría da Continuidade: Linguaxe e Primates
A linguaxe humana xurdiu dun sistema de chamadas compartido co resto dos primates.
Teoría da Discontinuidade: Linguaxe e Herdanza Animal
A linguaxe humana é moi diferente do resto da nosa herdanza animal básica, aínda que conservamos berros animais (xemidos de dor, choros infantís) mesturados coa linguaxe.
Propiedades Fundamentais da Linguaxe Humana
- Uso da canle vocal-auditiva
- Arbitrariedade
- Semantidade
- Transmisión cultural
- Uso espontáneo
- Uso de quendas
- Dualidade
- Desprazamento
- Percepción da estrutura
- Produtividade
Paralinguaxe: Fenómenos da Comunicación
Fenómenos distintos das palabras que son parte da comunicación:
- Elementos suprasegmentais (timbre, volume, entoación, duración silábica, ritmo)
- Reaccións fisiolóxicas/emocionais (risa, suspiro, pranto)
- Cuasipalabras (clics, bisbexos, gruñidos, imitacións de sons, chamadas a animais)
Comunicación Non Verbal: Linguaxe Corporal
Kinésica: Xestos e Expresión Facial
Estuda a xesticulación e a expresión facial. Abrangue a xesticulación manual e facial que acompaña á linguaxe oral e os xestos rituais de uso común, pero non estuda os códigos xestuais utilizados en lugar da lingua oral nin as linguas de signos.
Proxémica: Proximidade e Espazo Persoal
Estuda a proximidade entre as persoas, os contactos físicos, a orientación corporal e a postura durante a comunicación. O espazo persoal é o espazo que nos rodea, no que non deixamos que outros entren a non ser que os convidemos a facelo ou se dean circunstancias especiais. É máis extenso cara adiante que cara aos lados, e é mínimo por detrás.