Conceptos clave de historia política y económica en España y sus antiguas colonias (s. XIX-XX)
Conceptos clave da historia política e económica (s. XIX–XX)
Pronunciamento
Pronunciamento: (s. XIX–XX — España e nas antigas colonias) É un intento de cambiar o poder político mediante as armas. Os protagonistas son os militares, con apoio civil, maioritariamente progresistas, pero tamén o poden facer os conservadores.
Cantonalismo
Cantonalismo: Movemento político nacido a partir do republicanismo federal que considera que a soberanía está nas unidades políticas de base. Se unha destas unidades o desexa, pode recuperar todo o poder e declararse independente do Estado do que formaba parte.
Estado unitario
Estado unitario: Estado no que hai un único poder orixinario, soberano. Pode ser centralizado ou descentralizado.
Estado federal
Estado federal: Sistema no que hai varios núcleos orixinarios de poder, soberanos. Cada territorio ten institucións propias.
Carlismo
Carlismo: Ideoloxía e movemento político antiliberal que defende os dereitos ao trono de Carlos María Isidro e os seus descendentes.
Agricultura de subsistencia
Agricultura de subsistencia (etapas anteriores á contemporánea): Agricultura pouco produtiva que fai que os campesiños obteñan recursos para pagar os impostos e sobrevivir. É unha agricultura extensiva que ten escasa produción por hectárea. Base cerealística.
Propiedade amortizada
Propiedade amortizada: É a propiedade non libre, que non se pode vender, nin cambiar de adicación, nin dividir. Só pode aumentar e ten que transmitirse integramente aos descendentes.
Morgado
Morgado: É unha institución propia da nobreza no Antigo Réxime pola que o fillo varón maior herda toda a riqueza. É copiado polos campesiños vellos.
Señorío
Señorío (Antigo Réxime, Europa): Institución pola que grandes porcións de terra están en mans da nobreza, da Igrexa ou da Coroa. Cobran rendas e exercen de xuíces no seu territorio.
Desamortizacións
Desamortizacións (España, s. XIX): Incautación por parte do Estado das propiedades pertencentes á Igrexa, aos concellos (propios) e aos bens comunais. Posteriormente o Estado póñaas á venda e os compradores convértense en propietarios libres.
Foros
Foros (Galicia, Antigo Réxime, s. XIX): Contratos agrarios de lonxísimo prazo, polo cal os arrendatarios considerábanse copropietarios.
Fábrica
Fábrica: Novo modelo de produción industrial; o dono é un empresario con mentalidade capitalista e os traballadores son obreiros asalariados. A produción é abundante; empregase maquinaria de vapor movida por carbón. Nace en Gran Bretaña no século XVIII.
Mercado nacional
Mercado nacional: Intercambio áxil e intenso de produtos dentro do territorio dun Estado. Para logralo debe contar con excedentes agrícolas, produción industrial en fábricas e un sistema de transportes rápido.
Arancel aduaneiro
Arancel aduaneiro: Tarifa oficial que determina os dereitos que teñen que pagar determinados produtos para poder ser importados.
Librecambio
Librecambio: Política económica que suprime as trabas ao comercio internacional e postula a libre circulación de mercadorías.
Proteccionismo
Proteccionismo: Política económica que dificulta a entrada nun país de produtos estranxeiros que compiten cos nacionais.
Ferraría
Ferraría: Sistema tradicional de traballar o ferro por forxado. Presente desde a Idade Media. Industria moi dispersa polo territorio que emprega a forza da auga e atende as necesidades básicas da poboación local ou rexional.
Alto forno
Alto forno: Sistema fabril de traballar o ferro por fundición. Produce grandes cantidades e utiliza como combustible o carbón vexetal, o mineral ou o coque.
Metalurxía
Metalurxía: Industrias derivadas que empregan como materia prima o produto obtido dos altos fornos.
español con un tamaño de 4,87 KB