Conceptos Clave en Filosofía: Poder, Democracia e Realidade
Enviado por D_22 y clasificado en Filosofía y ética
Escrito el en español con un tamaño de 6,83 KB
O Poder
- O poder defínese de varios modos: poder político.
- Legalidade vs. Lexitimidade: Quen ostenta o poder debe xustificar a súa lexitimidade con argumentos.
- Teorías da lexitimidade do poder: Ortega y Gasset (cosmocéntrica, teocéntrica, antropocéntrica).
Teorías Cosmocéntricas
- Aristóteles: Sociedades humanas rexen por leis naturais.
- As persoas deben desempeñar funcións segundo a súa natureza (libre/escravo).
Teorías Teocéntricas
- Bossuet: Fundamento divino do poder.
- Defende o poder monárquico absoluto.
- Os reis son ministros de Deus.
Teorías Antropocéntricas
- Idade Media / Renacemento: O poder baséase na vontade racional dos seres humanos.
- Xorde a idea de pacto ou contrato social para crear o Estado (con leis e autoridades comúns).
- Hobbes: O home é un lobo para o home. Perde liberdade individual para gañar seguridade. Defende o absolutismo.
- Locke: Democrático liberal. Primacía do individuo e a liberdade. O Estado debe garantir dereitos naturais (vida, liberdade, propiedade).
- Rousseau: Democracia directa e social. Os individuos perden liberdade individual pero gañan liberdade política ao obedecer leis que eles mesmos crean.
Legalidade e Lexitimidade
- Legalidade: Dereito positivo, leis dunha comunidade nun tempo concreto.
- Lexitimidade: Baséase en valores morais para que unha lei sexa considerada xusta (obxectivo, universal, intemporal).
- Implica revisar o concepto de natureza humana.
Dereitos Humanos
- Proclamados o 10/12/1948.
- Recollen a tradición dos dereitos civís, políticos e sociais.
- A persoa é un fin en si mesma, posúe valor e dignidade intrínseca.
A Democracia
Definición e Regras da Democracia
- Definición de democracia.
- Condicións necesarias para falar de democracia (se non se cumpren, non hai democracia):
- Todos teñen dereitos políticos.
- O voto ten igual valor para todos.
- Ser libre para votar segundo a propia opinión.
- Ser libre por ter alternativas reais (pluralismo político).
- Principio da maioría numérica.
- Non limitar os dereitos das minorías.
Estado de Dereito
- Todo Estado ten leis, pero non todos son Estados de Dereito.
- Un Estado de Dereito é un Estado sometido á lei.
- Características:
- Imperio da lei (a lei como expresión da vontade xeral).
- División de poderes (lexislativo, executivo, xudicial).
- Legalidade da administración (a administración tamén está sometida á lei).
- Garantía dos dereitos e liberdades fundamentais.
Democracia Social
- Xorde no século XX (fronte ao Estado mínimo do XIX).
- Impulsa políticas sociais debido ás loitas obreiras do XIX.
- Busca un Estado de benestar.
- Garante dereitos sociais:
- Prestacións económicas.
- Servizos xerais gratuítos (educación, sanidade).
- Políticas de axuda a colectivos vulnerables.
Preguntas Filosóficas
¿Que fai que unha pregunta sexa filosófica?
- Son radicais (van á raíz dos problemas).
- Cuestionan o evidente.
- Buscan razóns e fundamentos.
- Son universais (afectan a todos os seres humanos).
- Son abertas (non teñen unha única resposta definitiva).
- Buscan respostas, pero o proceso de busca é fundamental.
- Xorden da necesidade de dar sentido á nosa experiencia.
¿Que preguntamos cando preguntamos polo sentido?
- Está relacionada co significado.
- Implica:
- Comprensión/Significado: Buscar causas ou razóns.
- Conexión: Relacionar distintos aspectos da experiencia.
- Finalidade/Dirección: Atopar un propósito ou obxectivo.
- Valor: Reflexionar sobre o valor das cousas e conceptos (mesmo cando as palabras perden forza).
Teorías Metafísicas
Teorías Materialistas
- Buscan un principio ou substrato último material da realidade.
- Exemplos de principios propostos:
- Tales: Auga.
- Anaxímenes: Aire.
- Heráclito: Lume.
- Empédocles: Catro elementos (auga, aire, terra, lume).
- Demócrito: Átomos.
- Todos eles crían que o último substrato da realidade era material.
Teorías Idealistas
- Platón: As cousas percibidas polos sentidos non constitúen o verdadeiro mundo. O mundo ideal ou mundo das ideas é o verdadeiro mundo.
- Hegel: Representante da teoría idealista moderna.
O Ser é? E o Nada?
- Parménides: Distingue dous tipos de coñecemento:
- Sentidos: Coñecemento do mudable, aparente.
- Intelectual: Só este é auténtico, coñece o Ser.
- Só o Ser é, e o demais é pura aparencia.
- Características do Ser: único, eterno, inmutable, intelixible.
- Todo o que existe, existiu sempre; nada pode xurdir da nada.
Distintos Modos de Ser
- ¿Só existe un modo de ser? (Ex: Sócrates é humano, sabio, bo, branco...).
- Conceptos para analizar os modos de ser:
- Substancia / Accidente.
- Materia / Forma.
- Potencia / Acto (relacionado co cambio accidental e substancial).
Dualismos de Descartes
- Propón a existencia de substancias:
- Substancia infinita: Deus.
- Substancia finita: Pode ser extensa ou pensante.
- Existencia do corpo: Non é unha verdade evidente por si mesma.
- Existencia da substancia pensante (res cogitans): "Se penso, entón existo". É a primeira verdade indubidable.
- Existencia da substancia extensa (res extensa): O mundo material. A súa existencia demóstrase a través da existencia de Deus.
- Descartes admite unha substancia infinita (Deus) e substancias finitas (a pensante e a extensa).
Teorías Pluralistas
- Defenden que a realidade está composta por múltiples principios ou substancias.
- Atomistas gregos: A realidade está constituída por partículas extensas e inmateriais (átomos) que só se distinguen pola forma, extensión e movemento.
- Leibniz: Concpción pluralista baseada nas mónadas.
- As mónadas non teñen extensión.
- Son centros de forza ou enerxía.
- A harmonía entre elas está establecida por Deus (harmonía preestablecida).