Conceptos Clave de Fenómenos Ondulatorios e Teorías da Luz
Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Física
Escrito el en español con un tamaño de 3,12 KB
Reflexión
Reflexión: é o fenómeno polo cal unha onda cambia a súa dirección de propagación ao chegar á superficie de separación de dous medios sen cambiar de medio.
Interferencia
Interferencia: é a superposición de dúas ou máis ondas nun punto. A vibración resultante nese punto é a suma das perturbacións que sufriría dito punto debido á acción individual de cada unha das ondas se actuasen independentemente.
Construtiva
Construtiva: é aquela que ten unha amplitude maior (en valor absoluto) que cada unha das amplitudes das ondas iniciais, como consecuencia do reforzamento entre elas.
A amplitude é máxima (o dobre da amplitude de cada unha das ondas iniciais) cando: r₂ - r₁ = n * λ, sendo n = 0, 1, 2, 3, ...
Podemos concluír afirmando que a amplitude da onda resultante en P será máxima cando a diferenza de camiños percorridos polas dúas ondas sexa cero ou un múltiplo enteiro da lonxitude de onda (λ).
Destrutiva
Destrutiva: cando teña unha amplitude menor (en valor absoluto) que cada unha das amplitudes das ondas iniciais, como consecuencia dos estados de vibración contrarios das dúas ondas iniciais.
A amplitude é nula cando: r₂ - r₁ = (2n + 1) * λ/2, sendo n = 0, 1, 2, 3, ...
Podemos asegurar que a amplitude da onda resultante en P será nula cando a diferenza de camiños percorridos polas dúas ondas sexa un número enteiro impar de semilonxitudes (λ/2) de onda.
Difracción
Difracción: é o cambio de dirección que experimenta unha onda na súa propagación cando se atopa con fendas (ou obstáculos).
A súa magnitude depende da relación existente entre a lonxitude de onda e as dimensións da fenda (ou obstáculo). Se o tamaño da fenda ou obstáculo é moi grande con respecto á lonxitude de onda non haberá difracción, pero si se a lonxitude de onda e o tamaño da fenda son da mesma magnitude. O efecto aumenta a medida que diminúe o tamaño da fenda.
Refracción
Refracción: A difracción é un fenómeno característico das ondas, este baséase no curvado e esparcido das ondas cando atopan un obstáculo ou ao atravesar unha fenda.
Onda Estacionaria
Onda Estacionaria: fórmase pola interferencia de dúas ondas da mesma natureza con igual amplitude e lonxitude de onda (ou frecuencia) que avanzan en sentido oposto a través dun medio.
Teoría Corpuscular
Teoría Corpuscular: Foi desenvolvida por Isaac Newton e publicada, no seu libro Optics, no 1704.
Segundo esta teoría, a luz consistiría na emisión, por parte dun foco luminoso, duns pequenos corpúsculos materiais, os cales se propagarían a gran velocidade e con traxectorias rectas nun medio transparente e homoxéneo.
A teoría aborda con éxito o problema da propagación rectilínea da luz e a súa reflexión. Esta última explícase tendo en conta que é producida polo choque elástico das partículas no espello.