Conceptos Clave da Historia de España no Século XIX
Enviado por Chuletator online y clasificado en Historia
Escrito el en español con un tamaño de 3,73 KB
Abdicación de Baiona
Tras o motín de Aranjuez (18/3/1808) Fernando VII obriga a Carlos IV a renunciar ao trono. Carlos IV pide axuda a Napoleón e convoca aos dous en Baiona, suroeste de Francia. Os dous aceptan renunciar aos seus dereitos dinásticos, para que Napoleón nomease de España o seu irmán. Xosé I Bonaparte convoca Cortes en Baiona para aprobar o Estatuto de Baiona.
Afrancesados
Na Guerra da Independencia (1808-1813), as persoas que participaron na administración de Xosé I Bonaparte, ou colaboraron co exército invasor. Algúns participaron na aprobación do Estatuto de Baiona e aprobaban as ideas ilustradas ou apoiaban un suposto avance para España coa política reformista autoritaria dos franceses.
Caciquismo
Presente na vida política da Restauración e posteriormente. A súa base era o cacique, unha persoa do ámbito local con autoridade abusiva que pode adxudicar recursos públicos ou privados a cambio do voto electoral, peza clave do fraude electoral.
Cantonalismo
Modelo de organización territorial cun grave conflito na 1ª República. Republicanos federais intransixentes proclamaron unidades políticas moi pequenas que se limitaban a un concello co obxectivo de construír unha estrutura federal de forma directa e radical dende abaixo, sen someterse á autoridade central da República. Destaca a insurrección cantonal de Cartaxena que estivo fóra de control durante varios meses en 1874, ata a presidencia de Castelar.
Desamortización
Proceso legal que conleva a nacionalización de bens colectivos da Igrexa Católica (mans mortas) e propios dos concellos, expropiados para vender en poxa pública. No século XIX destacan as de Mendizábal (1836) que afecta a bens do clero regular, a de Espartero (1841) que estende a bens do clero secular, e a de Madoz (1855) que afecta a bens comunais e propios. O obxectivo era acadar recursos para o Estado, reformar a estrutura da propiedade, e ampliar a base social que apoiaba o liberalismo.
Estatuto Real
Carta outorgada asinada por Mª Cristina de Borbón en abril de 1834, na que se crean novas Cortes, cunha Cámara de Próceres e outra de Procuradores, elixidos por sufraxio restrinxido. O autor intelectual foi o político moderado Martínez de la Rosa. Era unha carta outorgada e non unha Constitución porque a soberanía seguía sendo real, non existía división de poderes, e as Cortes, elixidas por sufraxio moi restrinxido, tiñan un carácter lexislativo moi limitado. Serviron para socializar a xestión política e dar a coñecer as posicións liberais na opinión pública.
Encasillado
Proceso polo que o ministro de Gobernación coloca nas cuadrículas correspondentes a cada distrito electoral os nomes dos candidatos (ministeriais e da oposición), que o Goberno de quenda aceptaba con negociacións coas forzas implicadas. Créase así unha distribución pactada nas eleccións que garantía o éxito da quenda pacífica.
Ludismo
Forma de protesta de carácter reactivo que se dá coa destrución de máquinas e fábricas nas primeiras fases da industrialización. Os traballadores protestaban pola empeora das súas condicións pola mecanización. Os primeiros actos foron no Reino Unido nos séculos XVIII e XIX. En España, as primeiras accións luditas foron en Alcoi en 1821 e o incendio da fábrica dos irmáns Bonaplata en Barcelona en 1835.
Manifesto dos Persas
Documento ou petición asinada por deputados das Cortes españolas o 12 de abril de 1814 no que piden ao rei Fernando VII a supresión da Constitución de Cádiz de 1812, dos decretos das Cortes e a restauración do absolutismo e do Antigo Réxime. Fernando VII aceptou a petición nos decretos de maio de 1814.