Conceptos Clave da Historia Contemporánea: Guerra Fría, Descolonización e Transición Española

Enviado por Chuletator online y clasificado en Historia

Escrito el en español con un tamaño de 4,44 KB

Figuras Clave da Guerra Fría e Contexto Soviético

Definicións Biográficas

  • Gorbachev: Foi o presidente da URSS desde 1988 ata 1991.
  • Khrushchev: O líder do sector revisionista impúxose ao stalinista no XX Congreso do Partido Comunista da Unión Soviética (PCUS) trala morte de Stalin en 1953 e fíxose co goberno do país. El comezou a Desestalinización.
  • Truman: Presidente dos EEUU trala morte de Roosevelt. Residiu na Casa Branca desde 1945 ata 1953 e traballou para conter o comunismo.

A Desestalinización

Desestalinización: Conxunto de medidas tomadas por Khrushchev contra o réxime de Stalin:

  • Realizou unha revisión crítica do stalinismo e denunciou a política represiva de Stalin.
  • Produciu unha certa apertura política e económica.
  • Diminuíu a tensión con EEUU, o que se materializou na Coexistencia Pacífica.

O Terceiro Mundo e a Descolonización

Conceptos Fundamentais

Terceiro Mundo: Estaba constituído en gran parte por novos estados xurdidos da descolonización. Estes espazos non pertencían nin ao mundo comunista nin ao capitalista e caracterizáronse pola súa inestabilidade e menor desenvolvemento.

Trazos Comúns do Terceiro Mundo
  • Pobreza e desigualdades sociais.
  • Elevado crecemento da poboación (explosión demográfica).
  • Forte endebedamento.
  • Importancia do sector primario e atraso industrial.
  • Inestabilidade política.

Definicións Relacionadas coa Soberanía

  • Países Non Aliñados: Países dos novos Estados que non desexan integrarse nin no bloque comunista nin no bloque capitalista.
  • Neocolonialismo: Situación de independencia económica en que se encontran moitos países subdesenvolvidos respecto aos desenvolvidos.
  • Panarabismo: Apoio da independencia cun extenso movemento cultural e relixioso que promovía a solidaridade entre países de lingua árabe e civilización musulmá.

Economía e Bloques Políticos

Modelos Económicos e Xeopolíticos

  • “Dragóns Asiáticos”: Grupo de cidades (Taiwán, Corea do Sur, Singapur e Hong Kong) que estaban na órbita occidental e aplicaron políticas semellantes ás xaponesas.
  • BRIC: Grupo de países composto por … no século XXI que se converteu nun elemento clave no panorama internacional, tanto pola súa influencia política como na súa economía.
  • Estado de Benestar: Modelo socioeconómico que procura a mellora das condicións laborais e de vida dos cidadáns, aumentando o papel económico e social do Estado (pensións, sanidade pública, etc.).

Organizacións e Réximes Políticos

  • COMECON: Consello de Axuda Mutua Económica que tiña o obxectivo de coordinar a planificación da economía dos países membros e conservar un sistema de axuda mutua.
  • Democracias Populares: Ditaduras de partido único en que non se respectaban os dereitos e liberdades fundamentais dos cidadáns e se reprimía con gran dureza calquera tipo de oposición.
  • Estado de Excepción: Situación en que se suspenden temporalmente as leis vixentes nun país para facer fronte a circunstancias excepcionais.

Historia de España: Franquismo e Transición

A Ditadura Franquista

Trazos da Ditadura Franquista

  • Franco asumiu todos os poderes do Estado.
  • Só existía un partido legal (FET y de las JONS).
  • Suprimíronse os dereitos e liberdades.
  • Prohibiuse calquera manifestación de nacionalismo rexional.
  • O franquismo foi apoiado polo Exército, a Igrexa Católica, os terratenentes, grandes empresarios e un sector da clase media (o conservador) que desexaba a paz ante todo.

A Transición e a Constitución de 1978

Principios da Constitución de 1978

  • España é un Estado social e democrático de dereito.
  • Soberanía nacional que reside no pobo español, xa que elixe mediante sufraxio universal en eleccións libres.
  • Monarquía parlamentaria como forma política.
  • Separación de poderes.
  • Dereitos e liberdades.
  • Posibilidade de Comunidades Autónomas.

Entradas relacionadas: