A Comunidade Biótica: Organización e Desenvolvemento

Enviado por Chuletator online y clasificado en Química

Escrito el en gallego con un tamaño de 4,11 KB

A Comunidade Biótica

As relacións, a trama da vida, fórmase nun contexto do medio. Isto significa que lle da espazo. A comunidade biótica é un espazo, é un elemento espacial. Como ten que ver coa vida ten que ver tamén co tempo. Unha acepción pode ser 'un conxunto de animais e plantas que conviven nun hábitat determinado e que polo seu grao de relación constitúen unha unidade recoñecida'. (agregado de organismos que se adaptan ao lugar) Comunidade: unidade de vida asociada. Formación de especies que responden de xeito colectivo ás condicións do medio. Entidade dun conxunto de organismos que se adaptan ao medio. A comunidade biótica son polo tanto conxuntos recoñecibles. A comunidade biótica estúdase pola forma de organizarse e polo seu desenvolvemento. Dada a complexidade dunha comunidade biótica provoca que sexa difícil de estudar, pero é máis doado analizala por partes. Estudámola a través das seguintes características (elementos universais):

  • Hábitat

  • Nichos

  • Cadea de Alimentos

  • Dominación Pirámide de Habitantes

  • Equilibrio

Estas características son fundamentais para o estudo dunha comunidade biótica. Organización da comunidade biótica (comunidade/medio) - Hábitat: condicións físicas e químicas que distinguen unha unidade de espazo doutra. É a descrición do lugar, do domicilio dunha comunidade. Refírese ás condicións físicas e químicas dun lugar. Son os estímulos aos que os organismos teñen que responder. Son as condicións externas que afectan ao organismo, son características concretas. - Nicho: rol, papel funcional de cada especie dentro da comunidade. Refírese ao que os organismos realizan dentro do hábitat. A comunidade é unha organización de nichos. Os nichos son como os eslabóns da cadea de alimentos, polo tanto, a comunidade podería considerarse coma unha pirámide con máis nichos na parte inferior. - Cadea de Alimentos: papel de cada especie e relación dunhas coas outras. O coñecemento das relacións, dos organismos, o número de organismos é importante para definir esas relacións. Regulación do número de habitantes. Existe para cada especie e para cada xeito de vida, un número óptimo de organismos. Calquera variación afectará ás especies que o rodean. É importante buscar o número de individuos adecuados, busca dun equilibrio. O equilibrio chegará cando se consegue que a demanda coincide cos requerimentos. O equilibrio só ten sentido en comunidade, entendida como elemento único ou conxunto armónico.

Desenvolvemento da Comunidade Biótica. Posto do Home.

A comunidade, ao igual que un organismo varía sempre. Está sempre en proceso de transformación e adaptación (é fráxil). 3 ciclos fundamentais na adaptación: - invasión - competencia - establecemento (asentamento).

Posto do home na comunidade biótica. O home vai a organizar a cadea. Forma parte da comunidade biótica, pero a súa relación difire das outras especies. Primeiro, non ten o mesmo nicho. Ten variedade de funcións, ten técnicas e ten moita variabilidade. Pode variar na cadea. Por exemplo, é omnívoro e polo tanto na cadea alimentaria xoga un papel importante, ten moita cantidade de alimentos. Pode vivir en lugares moi distintos. Ten ferramentas. Versatilidade para relacionarse, atópase en todos os hábitats do planeta e pode relacionarse en todos. Se o home non é capaz de gobernar o medio, poderíamos clasificar as poboacións en función da capacidade de adaptación. A cidade é o culmen do home sobre o medio. O papel do home no medio é de dominación porque ten moita capacidade adaptativa (ferramentas e memoria) (inventa e ten acumulación de experiencia) o que conleva a crear cultura, reflexo da capacidade humana de responder ás condicións externas. Factores (condicións de medio físico e hábitos e desexos do home) asociados ao home na comunidade biótica: - condicións do medio: clima, solo - aspiracións da xente: desexos... 'a cidade é a expresión máis completa da dominación humana'.

Entradas relacionadas: