Composición fotográfica e formatos de imaxe

Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 5,09 KB

Definición e regras compositivas

Definición

A composición é a maneira na que ordenamos os elementos visuais dunha imaxe para lograr un efecto e un sentido. É a relación entre a forma e o significado.

Regras compositivas

  • Centro de interese: Debe ser obvio o que queremos mostrar.

  • Regra dos tercios: Dividir o encuadre en tres seccións horizontais e verticais, situando o elemento principal nos puntos centrais.

  • Lei da mirada: Deixar espazo libre na dirección cara á que mira o suxeito. Crea sensación de espazo e liberdade.

  • Lei do horizonte: Situar o horizonte nunha das liñas dos tercios horizontais.

  • Liñas de fuga: Dotan de estrutura á composición, guiando a mirada do espectador.

  • Encadre: Dirixe a atención a unha parte concreta.

  • Forma das cousas: Coincidir o formato coas liñas dominantes para maior forza e sentido.

  • Mirada en capas: Guiar o espectador desde o primeiro plano ao último.

  • Simetría: Crear equilibrio e harmonía visual.

  • Interese dos grupos de tres: Os grupos de tres elementos son máis efectivos que un ou dous.

  • Espazo negativo: Grandes espazos baleiros que transmiten soidade, aillamento ou calma.

  • Tres dimensións (frente e fondo): Importancia do contido do frente e do fondo, sen demasiados detalles que distraian.

  • Enmarcado natural: Emprego de elementos como portas, ventás ou ramas para enmarcar o centro de interese.

  • Efecto pattern: Repetición de elementos para crear unha imaxe.

Pasos para unha boa composición

  • Definir o tema.

  • Definir o achegamento (lonxe ou preto).

  • Definir a posición da cámara e o encuadre (horizontal, vertical ou diagonal).

  • Definir o ángulo.

  • Ter en conta as regras compositivas.

Fotografía analóxica

Proceso de revelado

Tres pasos fundamentais:

  1. Revelado (líquido revelador): Fai visible a imaxe latente.
  2. Paro (líquido paro): Para o efecto do revelador.
  3. Fixación (líquido fixador): Fai que a película ou o papel deixen de ser fotosensibles.

Formato 35mm

O formato máis utilizado na fotografía analóxica. Negativos de 35mm cortados en tiras de 24x36mm. Cada carrete ten 24 ou 36 exposicións.

Emulsión fotográfica no cine

William Dickson. O 35mm é considerado o estándar. Nas películas de cor, as capas de emulsión teñen unha capa de colorante (cian, maxenta e amarelo).

Formatos de negativo fotoquímico

  • 35 mm e Súper 35

  • 16 mm e Súper 16

  • 65 mm, IMAX

  • Súper 8

Fotografía dixital

Sensores

CCD (Charge-Coupled Device): Un sensor que captura a luz e a converte en sinal electrónica.

CMOS (Complementary metal-oxide-semiconductor): Cada compoñente fai a conversión a sinal electrónica individualmente.

Imaxes de mapa de bits (raster)

  • JPG ou JPEG (.jpg ou .jpeg): Formato máis coñecido, con perda de calidade pola compresión.

  • PNG (.png): Formato con compresión sen perda, permite transparencias.

  • BMP (.bmp): Formato de Windows, sen perda de calidade, gran tamaño.

  • GIF (.gif): Soporta animacións, compresión con perda.

  • TIFF (.tiff): Para imaxes de alta resolución.

  • PSD (.psd): Formato nativo de Photoshop.

  • RAW (.raw): Formato propio de cámaras réflex dixitais, máxima calidade.

Imaxes vectoriais

Formadas por obxectos modificables individualmente. Os vectores están formados por curvas Bézier.

  • AI (.ai): Formato nativo de Adobe Illustrator.

  • SVG (.svg): Formato lixeiro, sen perda de calidade, soporta animacións.

  • EPS (.eps): Formato vectorial, moitas veces substituído por PDF.

Cine dixital

Resolucións especificadas en “n K”, onde n é o multiplicador de 1024.

Escenarios de postprodución

  1. Película filmada en negativo, posproducida en negativo e proxectada en fotoquímico.
  2. Película filmada en negativo, posproducida en dixital e proxectada en fotoquímico.
  3. Película filmada en negativo, posproducida en dixital e proxectada en dixital.
  4. Película filmada en dixital, posproducida en dixital e proxectada en fotoquímico.
  5. Película filmada en dixital, posproducida en dixital e proxectada en dixital.

O estándar de proxección actual é o dixital.

Entradas relacionadas: