A comedia de Plauto na literatura latina
Enviado por Hugo Francos y clasificado en Latín
Escrito el en gallego con un tamaño de 3,35 KB
PLAUTO.
Atribúenselle a Plauto 130 obras, das cales son auténticas 21. A súa produción abarca tres períodos:
- - Iniciación (ata o 200 a.C.): Mercator, Asinaria, Miles, Cistellaria, Stichus.
- - Madurez (1º decenio do II a.C.): Amphitruo, Menaechmi, Curculio, Rudens, Aulularia, Persa, Poenulus, Mostellaria, Epidicus.
- - Últimos anos da súa vida (191-184 a.C.): Pseudolus, Bacchides, Trinummus, Captivi, Truculentus, Casina.
Os seus modelos son tomados da νεα grega, sobre todo Menandro; pero tamén é deudor de Aristófanes, pola amplitude do seu efecto cómico e o seu incontenible deroche de palabrería.
Comentario:
A intriga é a miúdo moi complicada pero a comprensión dos espectadores facilítase por “apartes” ou mediante alocucións directas, e ante todo polo prólogo que indica o curso da acción. Tan pronto actúa un persoaxe da peza teatral en función de locutor do prólogo (Mercurio no Anfitrión) como un persoaxe divino que non intervén na representación (lares domésticos na Aulularia), hai ocasións nas que non se caracterizou ó locutor do prólogo (actor sen caracterización en Captivi).
Os persoaxes son planos e constitúen unha sucesión de tipos que forman parte da sociedade romana, modelos que xa existían de antes, sen profundización psicolóxica, meras máscaras teatrais (esclavos inxeniosos e intrigantes, xóvenes enamorados ou irreflexivos, doncellas honestas ou desvergonzadas, pais despreciables, tiránicos, avaros, o parásito, o soldado fanfarrón, matronas autoritarias, cortesanas insaciables de diñeiro...). É mérito de Plauto a potenciación, dacordo co tono farsesco da súa comedia, do papel dalgunhos persoaxes e a exaxeración dos aspectos cómicos ou ridículos doutros, sempre pensando en manter ó público atento e divertido. Neste sentido os seus persoaxes deben máis ó teatro latino indíxena que á comedia grega. Destacan pola súa vis cómica:
- Os escravos. Istos son esenciais na comedia romana. Frente ó escravo sumiso, máis propio da comedia grega, Plauto destaca ó escravo listo, que sabe máis có amo, que non para quedo, que termina atando todos os cabos da intriga.
- O parásito, un persoaxe que fará furor na literatura posterior, ó igual que o fará o “caradura”. Este persoaxe vive do conto, sobrevive a mil peripecias e, ameazado permanentemente, acaba, nembargantes, por saír airoso, xa que ten a habilidade de acertar no momento oportuno.
O seu mérito radica na linguaxe: sabe adaptar o tono da conversación a cada persoaxe e explotar as inmensas posibilidades da lingua familiar. Iste dominio maxistral da linguaxe unido ó seu inxenio para ver o aspecto cómico da vida (chistes, insultos, acertixos…) lévao a creación dun estilo persoal vivo, espontáneo e divertido. As influencias do teatro popular indexena refléxanse: no desenrolo dado a expensas da trama amorosa ó motivo do engano e dos equívocos, no gusto pola parodia de temas serios (en primeiro lugar mitolóxicos), na despreocupación pola articulación da intriga, no tratamento dos persoaxes (aspecto xa mencionado), na gran importancia concedida ós xestos e á mímica, no papel desempeñado polo canto, a música e a danza.