Climas e Paisaxes de España e Galicia
Enviado por Chuletator online y clasificado en Geografía
Escrito el en gallego con un tamaño de 7,73 KB
Lorem ipsum dolor sit amet, consectetur adipiscing elit. Vestibulum a ante ut purus aliquam pellentesque. Suspendisse potenti. In sit amet risus quam, et egestas mauris. Nunc feugiat risus ut est facilisis condimentum. Sed et turpis velit, sit amet pharetra lacus.
O Clima de España
España está situada na zona temperada do hemisferio norte. A consecuencia disto, o seu clima é temperado, pero varía segundo a distancia ao mar e a altitude. Hai seis tipos de clima: o oceánico, o continental, o mediterráneo, o semidesértico ou seco, o de montaña e o subtropical.
Clima Oceánico
É o clima característico de Galicia, costa Cantábrica e Pireneos occidentais. Defínese por:
- Temperaturas suaves.
- Veráns frescos.
- Precipitacións abundantes.
- Paisaxes verdes.
Clima Continental
É o clima propio da meseta, val do Ebro, interior de Cataluña e nordés de Andalucía. Defínese por:
- Temperaturas extremas, moi baixas en inverno e altas en verán.
- Precipitacións escasas e irregulares; en inverno adoitan ser en forma de neve.
Tamén se coñece como clima mediterráneo de interior.
Clima Mediterráneo
É o clima típico das rexións próximas ao mar Mediterráneo: a costa atlántica andaluza, levante peninsular, Illas Baleares, Ceuta e Melilla. Defínese por:
- Temperaturas altas, con invernos temperados e suaves e veráns calorosos que adoitan ser secos.
- Precipitacións escasas e irregulares.
Clima Semidesértico ou Seco
É o clima típico do sueste da Península Ibérica, nas provincias de Alacante, Murcia e Almería. Defínese por:
- Temperaturas elevadas.
- Precipitacións escasas, que se concentran nos meses fríos.
Clima de Montaña
É característico das zonas máis elevadas dos sistemas montañosos: Pireneos, Sistema Central, as Cordilleiras Béticas e a Cordilleira Cantábrica. Defínese por:
- Temperaturas baixas no inverno e frescas no verán.
- Precipitacións ao longo de todo o ano (máis abundantes no inverno).
Clima Subtropical
É característico das Illas Canarias. Defínese por:
- Temperaturas altas durante todo o ano.
- Precipitacións escasas, máis frecuentes no norte das illas.
Os Climas de Galicia
Galicia está situada na zona temperada.
Clima Oceánico Costeiro
É o clima propio da costa de Galicia. Temperaturas máis suaves que no interior. Os veráns son máis calorosos segundo imos cara ao sur. Precipitacións abundantes todo o ano e o verán do sur é máis cálido que o do norte.
Clima Oceánico Interior
É característico das chairas do interior. Veráns cálidos e invernos fríos. Precipitacións abundantes. Canto máis ao sur, máis seco é o verán.
Clima Oceánico Mediterráneo
Dáse nos vales do río Miño e do Sil. Temperaturas frías no inverno e altas no verán. Precipitacións menores que no resto de Galicia.
Clima Oceánico de Montaña
Propio das serras galegas. Invernos fríos e veráns suaves. Precipitacións moi abundantes durante todo o ano agás nos meses de verán. É habitual que no inverno neve.
Tipos de Paisaxes
A paisaxe é calquera área da superficie terrestre que pode ser alterada por diferentes causas: o clima, o relevo, a vexetación e a influencia dos seres humanos. Os elementos que a compoñen son abióticos (elementos non vivos como as montañas), bióticos (elementos vivos como a fauna propia dese lugar) e antrópicos (a acción do home).
Existen diferentes tipos de paisaxe:
- Natural: É produto da interacción do clima, temperatura, chan, relevo, vexetación e fauna.
- Humanizada: Trátase dunha paisaxe natural transformada polos homes.
En función da proximidade do mar, as paisaxes poden ser de interior (montañas e chairas) ou de costa (cabos, baías, golfos, rías, illas...).
As Paisaxes de España
Paisaxe Oceánica
A vexetación é moi abundante e variada.
Características:
- Bosques frondosos, cun arboredo autóctono de folla caduca, como son os carballos e castiñeiros.
- No sotobosque, son típicos os fentos, mofos, toxos e xestas.
- Os prados son grandes extensións de herba que rodean o bosque e están verdes todo o ano.
A influencia do ser humano:
- Localízanse as principais vías de comunicación e as cidades máis importantes.
- Importantes portos comerciais, pesqueiros e deportivos.
- Os habitantes desta zona dedícanse sobre todo á industria, aos servizos e ao turismo.
- No mundo rural, a poboación distribúese en casas de campo en pequenas aldeas.
Paisaxe Continental
Características: Vexetación moi variada aínda que reducida como consecuencia da escaseza de auga. Árbores típicas: olmo e chopo, coníferas e arbustos, entre outras.
A influencia do ser humano reflíctese da seguinte maneira:
- Cidades pouco poboadas pero ben comunicadas.
- As principais actividades económicas son a industria e o sector servizos.
- No mundo rural as poboacións concéntranse en vilas pequenas ou medianas.
Paisaxe Mediterránea
Características: A vexetación varía dependendo da zona. Son características e predominantes as árbores de folla perenne. As máis habituais son os piñeiros, carballos, castiñeiros, aciñeiras e sobreiras. No sotobosque podemos ver breixo, arbustos aromáticos (romeu, xesta, tomiño). Cando o bosque mediterráneo se deteriora por algún motivo atopámonos coa garriga e os maquis.
A influencia do ser humano:
- Zonas altamente poboadas, con moita poboación.
- As comunicacións son boas e modernas.
- A actividade económica máis importante é o turismo.
- Nas zonas rurais creáronse grandes zonas de regadío.
Paisaxe Semidesértica ou Seca
Dáse nas zonas máis secas de España. A vexetación máis habitual é o esparto, o palmito e as chumbeiras.
Paisaxe de Montaña
A vexetación varía en función da altitude e a orientación.
A influencia do ser humano:
- A xente vive en pequenas aldeas ou vilas.
- As principais actividades económicas son a gandaría e a explotación forestal.
A Paisaxe das Illas Canarias
Posúen unha gran cantidade de especies vexetais que son endémicas, non crecen en ningún outro lugar do mundo.
A influencia do ser humano:
- A costa está moi poboada.
- No rural hai moitos asentamentos.
- O turismo é a actividade económica máis importante.
As Paisaxes de Galicia
Galicia é moi variada e rica en diversidade. No clima oceánico costeiro e de interior a vexetación é abundante e variada. Na zona do litoral predomina o bosque atlántico, que está composto na súa maioría de árbores de folla caduca (carballos, bidueiros, castiñeiros, freixos, ameneiros e salgueiros, entre outros). A día de hoxe hai árbores que non son autóctonas, como o eucalipto e os piñeiros. No interior abundan os castiñeiros e carballos. No relativo ao clima oceánico mediterráneo, caracterízase por ter especies mediterráneas como a sobreira e a abeleira. A paisaxe natural do clima oceánico de montaña dáse nas serras sudorientais, cunha mestura do bosque atlántico e do mediterráneo: acivro, piñeiro silvestre, érbedo, sobreira, rebolo, teixo, etc.