Climas e Paisaxes de España: Unha Análise Detallada

Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Geografía

Escrito el en gallego con un tamaño de 3,16 KB

1. Estacións do Ano

Inverno: Cando estas zonas quedan baixo a influencia da masa de aire polar.

Verán: Cando a masa de aire cálido afecta a estas terras temperadas.

Se distinguen dúas estacións intermedias: primavera e outono.

2. Paisaxes das Zonas Temperadas

  • Oceánica ou Atlántica
  • Mediterránea
  • Continental

3. Paisaxes de Climas Fríos

Están nas zonas polares e nas cordilleiras máis elevadas. Medran arbustos e praderías. As zonas polares están pouco poboadas.

4. Paisaxe Oceánica

Clima Oceánico: Ten unhas temperaturas suaves no inverno e no verán. As chuvias son abundantes ao longo do ano. Crecen bosques e prados.

5. Paisaxe Mediterránea

Está nas costas e nas illas europeas. Veráns calurosos e secos e invernos fríos. As chuvias son abundantes na primavera e outono. A vexetación son bosques de folla perenne.

6. Paisaxe Continental

Localízase nas terras do interior de Europa. Veráns calurosos e invernos fríos. As precipitacións caen sobre todo no verán. Ao norte medra taiga, bosques de abetos e bidueiros. Ao sur, estepas. O bosque caducifolio escala as abas das montañas.

7. Clima e Vexetación

As paisaxes do norte e do noroeste están baixo a influencia atlántica, con temperaturas medias de 20ºC e 10ºC no inverno. As chuvias son frecuentes pero redúcense no verán, medra bosque de folla caduca. Medra o pardo natural que permite alimentar o gando vacún.

8. Clima Mediterráneo

Veráns calurosos e invernos suaves. As chuvias mediterráneas chegan aos máximos no outono, podéndose producir chuvias torrenciais. Nas zonas máis secas esténdese a estepa.

9. Clima e Vexetación da España Interior

Nas terras interiores da península dase un clima mediterráneo con tendencia continental, con veráns secos e calorosos e invernos fríos. As chuvias chegan aos mínimos no verán.

Vexetación da España Interior: As aciñeiras e unha estepa moi pobre.

10. Poboamento da España Interior

Hábitat rural tradicional, concéntrase en vilas pequenas e de tipo medio, xa que os cultivos de secaño non esixen a presenza permanente do labrego. Só hai poboamento espallado en Andalucía, onde existen grandes casarios.

11. Clima e Vexetación da Alta Montaña

Baixas temperaturas, veráns frescos e breves. Abundantes precipitacións. Ao pé da montaña medran cultivos ou bosques mediterráneos, seguíndolle bosque de folla caduca. A partir dos 1600 m desenvolvese a landa e por riba dos 2000 m, os prados.

12. Clima e Vexetación das Illas Canarias

Clima subtropical árido, con altas temperaturas ao longo do ano. As chuvias son escasas e moi irregulares. A vexetación é pouco abundante pero conta cunha gran variedade de especies.

13. Poboamento das Illas Canarias

A zona da costa das illas Canarias está moi poboada. A actividade turística foi o elemento que favoreceu o crecemento de moitas cidades e vilas canarias. Hábitat rural con pequenas vilas de casas brancas.

Entradas relacionadas: