Claves Históricas e Artísticas: Do Século XVIII ás Revolucións Modernas
Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en español con un tamaño de 5,18 KB
Conceptos Clave do Século XVIII e a Idade Moderna
Antigo Réxime
Denomínase Antigo Réxime ao sistema político, social e económico vixente en Europa no século XVIII. Caracterizábase por unha sociedade estamental, unha economía agraria e unha monarquía absoluta como forma de goberno.
Congreso de Viena
O Congreso de Viena foi unha conferencia internacional que tivo lugar en 1814-1815 en Austria despois da derrota de Napoleón. O seu principal obxectivo era redebuxar o mapa de Europa despois das guerras napoleónicas e restaurar a estabilidade no continente.
Absolutismo
O Absolutismo é o sistema no que o rei concentraba todos os poderes sen necesidade de consello ou control.
Domestic System
O Domestic System era unha forma de traballo industrial na que un empresario capitalista subministraba a materia prima a traballadores rurais que elaboraban os produtos nos seus fogares, e despois o empresario recollíaos e comercializábaos.
Mercantilismo
O Mercantilismo baseaba a riqueza dun país na cantidade de ouro e prata que posuíse.
Xacobinos
Os Xacobinos eran representantes da clase media que aspiraban a seguir cunha revolución que destruíse ao rei e proclamase unha república.
Xirondinos
Os Xirondinos eran representantes dos intereses da alta burguesía que consideraban que a revolución triunfara e non debía seguir adiante.
A Ilustración: Pilares do Pensamento do Século XVIII
A Ilustración foi unha corrente intelectual do século XVIII que cuestionou os principios do Antigo Réxime. As súas bases ideolóxicas foron:
- A razón debía aplicarse en todos os ámbitos da vida. Por iso, os ilustrados rexeitaban todo o que tiña que ver cos costumes e crenzas (gremios, privilexios, etc.).
- O ser humano era o centro das súas ideas. Todas as persoas, como tales, temos uns dereitos naturais como a liberdade, etc.
- O ser humano pode acadar a felicidade a través do coñecemento; por iso, impulsarán as escolas, as academias, as ciencias experimentais, etc.
- Cren na idea de progreso, en que a humanidade pode mellorar de xeito indefinido.
- A tolerancia debería ser a base da convivencia.
Contexto de Conflito Actual: Perspectivas e Obxectivos
Esta guerra es entre un grupo terrorista y un país de ciudadanos libres. Por un lado, Israel es un país muy liberal, con un sistema democrático y libertad de expresión, promoviendo la libertad del ser humano y su igualdad política y jurídica. Por el otro, los terroristas gobiernan con leyes que menosprecian a la mujer y no permiten celebraciones de diversidad sexual. Su objetivo es eliminar a todos los judíos del mundo.
A Revolución Francesa: O Fin dunha Era e o Inicio da Modernidade
A Revolución Francesa foi unha revolta acontecida en Francia en 1789 que xurdiu en contra do Antigo Réxime e o poder do clero e da nobreza.
Causas da Revolución Francesa:
- Sociais: Descontento social.
- Económicas: Crise económica e crise alimentaria.
- Políticas: Desconfianza cara ao rei.
- Ideolóxicas: Ideas ilustradas.
Consecuencias da Revolución Francesa:
- Foi unha das revolucións máis importantes da historia, a primeira en solo europeo.
- Supuxo a implantación das ideas ilustradas: división de poderes, soberanía popular e liberdade individual.
- Creou a era moderna en Francia, xa que acabou co Antigo Réxime (puxo fin aos privilexios da nobreza e aos estamentos, rematou cos dereitos feudais e instaurou unha economía liberal).
- Será unha inspiración para outras reivindicacións (Revolucións burguesas do século XIX e Independencias das colonias en Hispanoamérica).
- Foi un dos primeiros lugares onde se falou dos dereitos do home, legando á posteridade os principios de "Liberdade, Igualdade e Fraternidade".
Obras de Arte Emblemáticas: Rococó e Romanticismo
O Columpio (Jean-Honoré Fragonard)
A obra O Columpio, de 81 cm x 65 cm, realizada en óleo sobre lenzo por Jean-Honoré Fragonard en 1767, é un exemplo destacado do estilo Rococó. Representa unha moza nun frondoso xardín mentres se balancea nun columpio que empuxa un home (o seu marido), sentado nun banco xunto a dous cupidos, o que enfatiza a temática amorosa. Mentres tanto, debaixo, aparece un mozo (amante da muller) que se luce en primeiro plano, entre arbustos e flores. As cores... Hoxe en día, atopamos esta obra no museo "Colección Wallace" en Londres.
La Libertad Guiando al Pueblo (Eugène Delacroix)
La Libertad Guiando al Pueblo, de Eugène Delacroix, é unha obra de 260 cm x 325 cm realizada en 1830.
La Balsa de la Medusa (Théodore Géricault)
La Balsa de la Medusa, de Théodore Géricault, é unha obra de 491 cm x 716 cm realizada en 1819.