Clasificación das Situacións Meteorolóxicas na Península Ibérica

Enviado por Alberto y clasificado en Geografía

Escrito el en gallego con un tamaño de 4,04 KB

Clasificación das Situacións Meteorolóxicas

Sistemas de Presión Centrados

  • B992/S.C - Alta presión centrada

    A presenza dun anticiclón centrado sobre a península produce unha gran estabilidade, con escasa nubosidade e forte insolación. A falta de nubes facilita o arrefriamento nocturno, polo que poden aparecer néboas e inversión térmica en zonas baixas do interior. Acostuma darse durante o inverno.

  • B1004 - Baixa presión centrada

    Unha borrasca centrada indica un período de baixas temperaturas e chuvias xeneralizadas. É típico de primavera e outono.

  • A1020 - Pantano barométrico

    A pouca diferenza de presións sobre a península causada pola influencia do anticiclón dos Azores provoca un estancamento do aire e unha gran estabilidade. As temperaturas adoitan ser máis altas do normal, e é frecuente que se produzan chuvias localmente intensas. Dáse nos meses de verán.

Adveccións (Fluxos de Aire)

  • B1000/S.A - Advección do Norte

    A suma dun anticiclón no Atlántico e dunha baixa sobre o continente causa a entrada de aire frío ártico na península. Produce un tempo frío e seco, xeadas e precipitacións de neve en lugares altos. Dáse durante os meses de inverno.

  • A1028 - Advección do Nordés

    A presenza dun anticiclón no norte de Europa e dunha borrasca no Mediterráneo provoca a entrada de aire polar de orixe continental (siberiana). Orixina ondas de frío, descenso da temperatura, fortes xeadas e, en ocasións, neve. Ocorre durante os meses de inverno.

  • A1036 - Advección do Leste

    Un anticiclón no Atlántico e unha borrasca sobre Alxeria provocan a entrada de aire polar a través do Mediterráneo. Dá lugar a chuvias na costa leste e a ceos despexados no interior. Durante esta situación pódense producir fenómenos de gota fría, que causan fortes chuvias, localmente moi intensas e, en ocasións, catastróficas. Esta situación dáse sobre todo durante o outono, aínda que pode producirse en calquera mes entre setembro e abril.

  • 2A1028 - Advección do Sur

    Un anticiclón sobre o Adriático xunto con depresións no Atlántico e o sur de Marrocos provoca a entrada de aire cálido e seco do Sáhara. Causa un aumento de temperaturas e ondas de calor. Se o aire chega polo mar, pode cargarse de humidade e producir chuvias de barro. É unha situación propia do verán, típica sobre todo do mes de xullo.

  • B972 - Advección do Sudoeste

    O desprazamento do anticiclón dos Azores cara ao Sur e a presenza dunha borrasca no Atlántico Norte causan a entrada de ventos procedentes do océano, cálidos e húmidos, que provocan un aumento das temperaturas e chuvias na zona sudoccidental da península. Pode darse durante todo o ano, aínda que é máis probable en inverno.

  • B976 - Advección do Oeste

    A situación do anticiclón dos Azores sobre as illas Canarias e dunha depresión na zona das illas Británicas provoca a entrada de aire húmido do Atlántico que comporta un aumento da nubosidade e das precipitacións na metade occidental da península e un lixeiro aumento das temperaturas na metade oriental. Esta situación dáse sobre todo durante o inverno, aínda que pode producirse entre os meses de setembro e maio.

  • A1024 - Advección do Noroeste

    A presenza dunha depresión sobre as illas Británicas e do anticiclón dos Azores sobre as illas que lle dan nome provoca o paso dunha fronte fría e a entrada de aire polar atlántico, moi frío. Causa un apreciable descenso das temperaturas e precipitacións na metade setentrional, como en Galicia, onde o anticiclón dos Azores está situado moi ao sur nos meses de inverno, deixando penetrar as borrascas. É unha situación propia dos meses de inverno.

Entradas relacionadas: