Clasificación e Identificación de Árbores e Arbustos por Familias Botánicas
Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
español con un tamaño de 19,93 KB
Leguminosae (Leguminosas)
Características xerais
As follas polo xeral son alternas, compostas (xeralmente pinnadas ou trifoliadas), ás veces provistas de gabiáns, con estípulas que poden ser espiñentas. As flores son hermafroditas (raramente unisexuais), pentámeras. O froito é un legume.
Porte arbustivo
- ULEX: Follas alternas, transformadas en espiñas, flores axilares, amarelas e froito en legume con 1-6 sementes.
- GENISTA: Follas alternas ou opostas, simples ou trifoliadas. Flor con cáliz campanulado ou globoso. Corola caduca ou marcescente, amarela. Froito: legume pelosa.
- CYTISUS: Follas alternas, enteiras ou trifoliadas. Flores axilares ou en ramos terminais. Corola amarela ou branca. Froito: legume dehiscente (glabro ou peloso).
- ADENOCARPUS: Follas trifoliadas. Flor con corola amarela e caduca. Froito: legume con glándulas.
Porte arbóreo
ACACIAS
O seu froito é un legume pero a flor, a diferenza doutras leguminosas, non é papilionácea. As flores forman cabezas globosas e agrúpanse en panículas. As follas nalgunhas especies son dobremente pinnadas.
Acacia dealbata: MIMOSA
- Follas: Compostas, bipinnadas, con 30-40 folíolos un chisco pubescentes, de 3-4 mm, de cor verde glauca. Ramiñas angulosas, estriadas e algo pubescentes.
- Flores: Cor amarelo brillante.
- Froito: Legume aplastada de 3-8 x 0,7-1,3 cm, recta ou lixeiramente curvada, de cor parda avermellada ao madurar.
Acacia melanoxylon: ACACIA NEGRA OU PAU DE ESPIÑO
- Follas: As adultas son filodios lanceolados con 3-5 nervios prominentes e paralelos. As follas novas son bipinnadas.
- Flores: Cor amarela clara, de cerca de 1 cm de diámetro, solitarias ou en acio, nacen nas axilas das follas.
- Froito: Legume aplastada de 4-12 x 0,5-1 cm, retortas en espiral, acastañadas, das que saen sementes negras envoltas nun funículo vermello vivo.
Albizia julibrissin: ALBICIA
- Follas: Caducas, bipinnadas, de 20-30 cm de longo, formadas por 20-25 divisións que se compoñen de 40-60 folíolos de 5 mm aprox., de cor verde clara que non cambia no outono.
- Flores: Agrúpanse en inflorescencias globosas e son de cor rosa pálido.
- Froito: Vaíña colgante de 10-15 cm de longo.
Gleditsia triacanthos: ACACIA DAS TRES ESPIÑAS
Árbore esférica regular, tronco dereito. Ramas e tronco con espiñas simples ou ramificadas de ata 10 cm de longo. Altura 12-15 m e diámetro 6-10 m. Crecemento rápido.
- Follas: Caducas, alternas, de 20-30 cm, compostas por 10-15 pares de folíolos oblongo-lanceolados de 2-3,5 cm de longo, cor verde clara. O raquis é pubescente. Tamén pode haber follas bipinnadas.
- Flores: Verdosas, pequenas, en acios de 5-7 cm. Sen importancia ornamental.
- Froito: Legume de ata 45 cm de longo, con frecuencia enrolada, que perdura durante todo o inverno, variando a cor do amarelo ao vermello.
Cercis siliquastrum: ÁRBORE DO AMOR
Forma irregular, copa transparente, ramiñas de cor púrpura escura. Altura 5-8 m e diámetro de 5-6 m. Crecemento medio.
- Follas: Caducas, simples, lisas, acorazonadas, de 7-12 cm, cor verde escura.
- Flores: Pequenas, cor lila rosada.
- Froito: Legume (vaíña) de 7-12 cm, que pasa de verde a pardo-avermellado ao madurar.
Robinia pseudoacacia: FALSA ACACIA
Forma irregular, tronco recto de madeira dura, ramiñas con espiñas. Altura 15-20 m e diámetro de 7-8 m. Crecemento rápido. Caducifolio.
- Follas: Imparipinnadas, caducas, brotan a principios da primavera. Alternas, con estípulas leñosas na base, de 15-30 cm de longo, compostas de 11-21 folíolos elípticos ou ovalados de 2,5-4,5 cm de longo, bordo enteiro, cor verde clara.
- Flores: Florece a finais da primavera. Son brancas, perfumadas, de 1,5-2 cm de ancho, en acios colgantes de 10-12 cm de largo.
- Froito: Legume de 7-10 cm, aplastada, cor parda escura, dehiscente. Duran bastante tempo na árbore.
Ceratonia siliqua: ALFARROBEIRA
Follas perennes de cor verde escura, alternas e de 5 a 10 cm de longo. Flores unisexuais en acios cilíndricos de cor vermella ou amarela. O froito é un legume de 10 a 20 cm de longo, aplastada.
Sophora japonica: SÓFORA
Tronco recto, de cor verde escura ou azulada. Follas caducas de 14 a 25 cm de longo, compostas por 7 a 17 folíolos ovais. Flores de cor branca amarelada de 1 a 1,5 cm de ancho. Froito: legume cilíndrica con estrangulacións, de 5 a 8 cm de longo, con sementes redondas e negras.
Magnoliaceae (Magnoliáceas)
Magnolia grandiflora: MAGNOLIO
Forma cónica regular, de follaxe densa, tronco recto con ramificacións dende a base, ramiñas avermelladas. Altura 15-20 m, diámetro 8-10 m. Cor verde escura. Crecemento lento.
- Follas: Perennes, alternas, oblongas, de 12-20 cm de longo, de pecíolo curto, duras, nervio central marcado, verde escuro brillante polo feixe e marrón polo envés.
- Flores: Brancas, fragrantes, en forma de copa, de 15-20 cm de diámetro, pétalos grosos e numerosos estames.
- Froito: Cilindros avermellados, de 8-10 cm de longo.
Liriodendron tulipifera: ÁRBORE DOS TULIPÁNS
Forma ovoide, de tronco dereito, ramificación baixa, follaxe densa. Altura 20-35 m e diámetro de 7-10 m. Cor verde clara e verde escura. Crecemento rápido.
- Follas: Trilobuladas, co lóbulo terminal truncado, de pecíolo longo e cor verde clara polo feixe e verde escura polo envés.
- Flores: De cor amarela e laranxa, van solitarias na terminación das ramas, erguidas e arroupadas polas follas.
- Froito: Seco, alongado a modo de piña, cor parda clara, formado por numerosos froitiños alongados.
Laurus nobilis: LOUREIRO
Raramente supera os 10 m de altura. Copa densa e irregular, tronco dereito de cortiza delgada, case lisa e sen nós. Cor parda verdosa ou agrisada. Ramas erguidas.
- Follas: Duras e correosas, cor verde escura polo feixe e máis pálidas polo envés. Bordo enteiro e algo ondulado.
- Froito: Carnoso e ovoide, de cor verde que pasa a negra ao madurar.
Liquidambar styraciflua: LIQUIDÁMBAR
Forma ovoide, altura 15-20 m e diámetro de 5-7 m. Cor de verde escura a vermella no outono. Crecemento medio.
- Follas: Caducas, alternas, palmeadas, de 5-7 lóbulos, un pouco aserradas, cor verde escura brillante que se volve de diferentes cores no outono.
- Flores: Agrúpanse en inflorescencias globosas (cabezolas).
- Froito: Pequenas cápsulas de cor marrón brillante.
Myrtaceae (Mirtáceas): Eucalyptus
Diferenzas entre E. globulus e E. nitens
- Eucalyptus nitens mantén a folla xuvenil ata os 2-3 anos.
- A folla xuvenil de E. nitens é algo máis alongada (ampla lanceolada ou ovada) que a de Eucalyptus globulus (de ovada a orbicular).
- O E. globulus presenta a follaxe xuvenil de cor máis azulada.
- A folla do globulus, ao apertala, é pringosa e máis aromática que a do nitens.
Eucalyptus globulus
Follas novas opostas, ovadas, de cor gris azulada, de 8 a 15 cm de lonxitude e 4 a 8 cm de anchura, co ápice acuminado. Flores en grupos de 2 ou 3, de ata 3 cm de diámetro e estames de cor branca. Florece en setembro-outubro. O froito é unha cápsula en forma de campá ou parafuso, cuberta dun po abrancazado.
Eucalyptus nitens
Follas novas ovadas e cordadas. As follas adultas son alternas e lanceoladas, duns 15 a 25 cm de longo e 2,5 de ancho. As flores son inflorescencias de 5 a 7 flores co pedúnculo aplanado. O froito é cilíndrico-ovoide, de 4 a 7 mm de longo. A casca é de cor agrisada escura, fibrosa e lisa.
Eucalyptus delegatensis (Eucalipto lanudo)
Caracterízase pola súa cortiza rugosa, de gris a negra, fibrosa na metade inferior do tronco, e branca lisa a agrisada na parte superior.
Aceraceae (Aceráceas)
Acer monspessulanum: Pradairo de Montpellier
Árbore pequena ou pequeno arbusto. Copa alta, arredondada e moi densa.
- Follas: De 4x7 cm, opostas, caedizas, algo coriáceas, con pecíolo de 4 cm. Palmadolobuladas con 3 lóbulos enteiros que forman ángulos rectos. No outono tórnanse de cor laranxa intensa.
- Flores: Ten flores hermafroditas e outras unisexuais, pequenas (8 mm), verdoso-amarelentas. Cáliz con 5 sépalos soldados e corola con 5 pétalos inseridos nun disco carnoso. Agrúpanse en acios, primeiro erectos e logo colgantes.
- Froito: Disámara de 2,5 cm con ás de cor avermellada e case paralelas.
Acer campestre: Pradairo campestre
Árbore que pode acadar os 18-25 m, de copa baixa, moi densa e irregular.
- Follas: De 5x10 cm, caedizas, opostas, provistas dun pecíolo verde ou rosado duns 5 cm. Palmadolobuladas, con 5 lóbulos máis ou menos dentados, base acorazonada. Cor verde opaca no feixe e pubescente no envés. No outono tórnase amarela.
- Flores: Similares ás do anterior pradairo pero dispostas en corimbos erectos.
- Froito: Disámara de 5-6 cm con ás de cor verde tinguidas de carmesí, que semellan opostas.
Acer pseudoplatanus: Pradairo común, falso plátano
Copa ovoide, ampla e densa.
- Follas: De 15x25 cm, caedizas, opostas, membranosas, provistas dun pecíolo de 15 cm de cor vermella. Con 5 lóbulos irregularmente dentados. Verde opacas polo feixe e tomentosas polo envés.
- Flores: Similares aos anteriores, en acios colgantes de 6 a 12 cm, con longos pedúnculos.
- Froito: É unha disámara coas ás de cor verde tinguida de vermello, estreitadas na base e anchas no extremo.
Betulaceae (Betuláceas)
Betula pubescens: Bidueira
As follas teñen disposición alterna con pecíolos longos. As máis novas son frecuentemente pelosas e ás veces con vesículas resinosas. A lámina é ovado-triangular ou romboidal, coa punta alongada e o bordo irregularmente aserrado. As flores masculinas son colgantes na terminación das ramiñas, cilíndricas. As femininas, sobre o mesmo pé, en amentos colgantes que se manteñen ata a diseminación do froito. O froito é unha noz lenticular provista de dúas ás membranosas, tan anchas ou un pouco máis ca elas.
Alnus glutinosa: Amieiro
O tronco é dereito con cortiza parda escura. Follas de 4-10 cm co pecíolo ben desenvolvido, de cor verde escura polo feixe e máis claras polo envés, ás veces pelosas no encontro cos nervios. Son redondeadas, elípticas ou obovadas, co bordo sinuoso. As flores masculinas están en espigas colgantes e cilíndricas en grupos de 3. As flores femininas, na mesma planta, agrúpanse por parellas na axila.
Ericaceae (Ericáceas)
Características xerais
Flores de cor rosa, con forma de trompeta.
Juglandaceae (Xuglandáceas)
Juglans regia: Nogueira común
Follas caducas, alternas e compostas, de 30 a 40 cm de longo, con 5 a 9 folíolos ovais de cor verde escura. As flores son monoicas en acios colgantes. Casca lisa, gris escura, que se fisura ao envellecer.
Juglans nigra: Nogueira negra
Follas caducas, compostas, de 30 a 60 cm de largo e de 15 a 23 folíolos aserrados e acuminados. Flores monoicas en acios colgantes. O froito é unha noz redonda envolta nunha pel carnosa moi ancha.
Oleaceae (Oleáceas)
Fraxinus excelsior: Freixo común
Follas caducas de 20 a 25 cm de longo, compostas con 9 a 11 folíolos lanceolados e aserrados, de cor verde escura. Flores en acios curtos.
Rhamnaceae (Ramnáceas)
Frangula alnus: Sanguiño, arraclán
Flores hermafroditas dispostas na axila das follas en acios pequenos. 5 sépalos verdosos e 5 pétalos branco-verdosos. Froito en drupa de 6-10 mm, verdes primeiro, logo vermellas e finalmente negras.
Ulmaceae (Ulmáceas)
Ulmus glabra: Ulmeiro de montaña
Lóbulo basal das follas tan longo ou máis que o pecíolo. Froito no centro da sámara. Follas de 7-16 cm, ásperas.
Ulmus minor: Ulmeiro común
Lóbulo basal das follas máis pequeno que o pecíolo. Froito na parte superior da sámara. Follas de 3-9 cm.
Ulmus pumila: Ulmeiro de Siberia
Follas case simétricas. Froito no centro, cara á parte superior. Follas de 2-5 cm, lisas.
Rosaceae (Rosáceas)
Prunus avium: Cerdeira
Follas simples, oblongas acuminadas, de 7,5 a 12,5 cm de lonxitude, fasciculadas no extremo. Flores brancas de 2 a 3 cm de diámetro e froitos globosos (cereixas).
Prunus laurocerasus: Lauroceraso
Follas perennes, alternas, oblongo-lanceoladas de beira finamente aserrada, de 6 a 15 cm de longo. Flores brancas, fragrantes, en acio. Froito ovoide e negro.
Pyrus cordata: Pereira brava
Follas redondeadas de tipo corazón, cor verde. Flores con corola branca e cinco pétalos con moitos estames.
Comparativa entre especies
Calluna vulgaris vs. Erica cinerea
- Calluna vulgaris: Follas imbricadas de 1,3 a 5 mm. Flores en acio nas axilas das follas superiores. Estames con anteras visibles.
- Erica cinerea: Follas lineares de 3 a 4 mm, dispostas en verticilos coas beiras reviradas, de cor rosada ou púrpura. Flores en acios que forman unha panícula case esférica. Estames con anteras inclusas.
Erica umbellata vs. Erica vagans
- Erica umbellata: Flores dispostas en umbelas terminais de 3-6 flores.
- Erica vagans: Flores en acios que rematan nun penacho de follas.
Acer campestre vs. Acer pseudoplatanus
- Acer campestre: Follas de 5 a 10 cm, verdes polas dúas caras. Froito con ás opostas.
- Acer pseudoplatanus: Follas de 15 a 25 cm, mates ou abrancazadas polo envés. Froito con ás diverxentes.
Quercus robur vs. Quercus petraea
- Quercus robur (Carballo): Pecíolo curto (2 a 7 mm) e pedúnculo longo.
- Quercus petraea (Carballo albar): Pecíolo longo (10 a 25 mm) e pedúnculo curto ou froito sentado.
Juglans regia vs. Juglans nigra
- Juglans regia: Follas con 5 a 9 folíolos.
- Juglans nigra: Follas con 15 a 23 folíolos de bordo irregularmente aserrado.
Fraxinus excelsior vs. Fraxinus angustifolia
- Fraxinus excelsior: Xemas invernantes negras. Folíolos de 10-30 (40) mm de ancho e regularmente aserrados.
- Fraxinus angustifolia: Xemas invernantes pardas. Folíolos de 6-25 mm de ancho con dentes espazados.
Ulmus glabra vs. Ulmus minor
- Ulmus glabra: Lóbulo basal das follas tan longo ou máis que o pecíolo. Froito no centro da sámara. Follas de 7 a 16 cm.
- Ulmus minor: Lóbulo basal das follas máis pequeno que o pecíolo. Froito na parte superior da sámara. Follas de 3 a 9 cm.
Identificación de especies
- Crataegus monogyna (Rosaceae)
- Erica mackaiana (Ericaceae)
- Sorbus aucuparia (Rosaceae)
- Tilia cordata (Tiliaceae)
- Vaccinium myrtillus (Ericaceae)
- Salix atrocinerea (Salicaceae)
- Acer monspessulanum (Aceraceae)
- Quercus ilex (Fagaceae)
- Alnus glutinosa (Betulaceae)
- Carpinus betulus (Betulaceae)
- Fagus sylvatica (Fagaceae)
- Jasminum officinale (Oleaceae)
- Fraxinus angustifolia (Oleaceae)
- Morus alba (Moraceae)
Clasificación por familias
- Betulaceae: Carpinus betulus
- Oleaceae: Fraxinus ornus
- Rosaceae: Crataegus monogyna
- Fagaceae: Fagus sylvatica
- Salicaceae: Populus alba
- Ericaceae: Calluna vulgaris, Vaccinium myrtillus, Arbutus unedo
Características das familias botánicas
Fagaceae
É a familia con maior importancia forestal nas zonas de clima temperado e frío. A característica común a todos estes xéneros é que o froito é seco, de cuberta correosa, que non abre ao madurar: unha noz especial chamada landra ou glande.
Rhamnaceae
Follas simples, inflorescencia en cimas, flores pequenas e froito carnoso.
Rosaceae
Árbores, arbustos e herbáceas. Flores normalmente con 5 pétalos e 5 sépalos.
Ulmaceae
Son árbores e arbustos de folla caduca, alternas, simples e algo asimétricas. Flores sen corola. O froito é seco e alado (sámara) ou ben carnoso (drupa).
Juglandaceae
Son árbores de folla caduca, alterna e imparipinnada. Flores pequenas e pouco vistosas: as masculinas en amentos e as femininas en pequenas espigas. O froito é unha drupa coa parte carnosa que seca ao madurar, ábrese e dentro garda a noz. A madeira da nogueira é dura e moi apreciada polas súas vetas e porque se traballa moi facilmente.
Betulaceae
Son árbores e arbustos de folla alterna, simple, con estípulas (que caen cedo). O froito é xeralmente unha noz, que pode ser alada ou non.
Aceraceae
Caracterízase este xénero por ter follas simples, opostas e palmadolobuladas. As flores están dispostas en acios, panículas ou corimbos.
Ericaceae
Son plantas leñosas de follas simples, xeralmente persistentes e moitas veces estreitas, case aciculares. As flores son hermafroditas, regulares, de simetría radial xeralmente. Corola dunha soa peza tubular. Froito seco en cápsula ou carnoso en baga.
Myrtaceae
Son todo plantas leñosas, árbores ou arbustos. As follas son case sempre opostas, simples, enteiras e xeralmente aromáticas.
Magnoliaceae
Son árbores e arbustos que se caracterizan por ter follas protexidas por grandes estípulas que, cando caen, deixan unha cicatriz anular nos nós. As flores son grandes, case sempre solitarias. O froito ten forma de piña, con froitiños secos ou carnosos que abren ventralmente. As sementes son grandes, teñen a cuberta algo carnosa e colgan cando se abren os froitos.
Leguminosae
O seu froito é un legume. Nalgunhas especies, a diferenza doutras leguminosas, a flor non é papilionácea; as flores forman cabezas globosas e agrúpanse en panículas. As follas nalgunhas especies son dobremente pinnadas e noutras presentan follas adultas diferentes das primeiras follas. As adultas son simples, enteiras ou pinnadas.