Clasificación e Disposición dos Instrumentos Musicais na Orquestra

Enviado por Chuletator online y clasificado en Música

Escrito el en español con un tamaño de 3,48 KB

As Familias de Instrumentos Musicais

1. Familia de Vento

O son prodúcese pola vibración da columna de aire do interior do instrumento. A lonxitude da columna determina a altura do son: a maior lonxitude, sons máis graves. A maior parte dos instrumentos teñen mecanismos (*buracos*, *chaves*, *pistóns*) que permiten modificar o longo das columnas de aire para obter distintas alturas de son. Os instrumentos de vento clasifícanse en vento madeira e vento metal. Pero esta clasificación pode parecer enganosa, xa que non se debe ao material do que están feitos os instrumentos, senón ao tipo de *embocadura*.

Vento Madeira

Pode ter tres tipos de boquilla:

  • Bisel: O aire vibra ao romper no corte do *bisel*. É o tipo de *embocadura* que atopamos na *frauta doce* e na *fraveseira*.
  • Lengüeta simple: É unha cana fina e flexible situada xunto ao corpo do instrumento e que vibra por acción do sopro. Un exemplo sería a embocadura do *clarinete* ou a do *saxofón*.
  • Lengüeta dobre: O son prodúcese pola vibración de dúas canas que aparecen como prolongación do instrumento. É o caso do *oboe* ou o *fagot*.

Vento Metal

Son instrumentos fabricados con *aliaxes de metal*, aínda que esta non é a razón de que se inclúan neste grupo. O seu tubo adoita estar enrolado. A embocadura (en forma de *copa* ou de *embude*) colócase nun extremo do tubo, e o outro se abre formando unha *campá* ou *pabellón* que contribúe á amplificación do son. Os principais instrumentos deste grupo son a *trompeta*, a *tuba*, o *trombón* e a *trompa*.

2. Familia de Percusión

Producen o son ao ser *golpeados*, *sacudidos* ou *entrechocados*. Os instrumentos de percusión constitúen o grupo máis *variado e antigo* de todos. E do mesmo xeito que o resto das familias, podemos subdividir estes instrumentos en dous grupos:

  • Afinación determinada: Producen alturas de son definidas e poden interpretar melodías: o *xilófono*, a *celesta*, o *carillón*, os *timbales*…
  • Afinación indeterminada: Producen alturas indefinidas e non variables, polo que só poden interpretar ritmos, non melodías: *castañuelas*, *pandeireta*, *bombo*...

3. Corda Percutida

Producen o son ao golpear a corda cun macillo accionado por un teclado. Aquí incluímos o *piano*, considerado o instrumento *rei* pola posibilidade de producir varios sons á vez e pola acción dos seus pedais (sordina e sostido) que reforzan a expresividade. Este instrumento foi inventado no século XVII por *Bartolomeu Cristofori*, que o chamou *pianoforte* pola súa capacidade para producir sons *fortes ou suaves* a gusto do intérprete.

A Orquestra

Chamamos *orquestra* a unha agrupación numerosa de instrumentos. O termo orquestra deriva dunha antiga palabra grega que significaba "*lugar de danza*". Nos teatros gregos, a orquestra era o espazo reservado para os instrumentistas e para o coro. A colocación da orquestra varía en función da peza que se vaia a interpretar, das condicións do escenario, do criterio do director... Pero, en xeral, séguense estas pautas:

  1. Agrupar os instrumentos por *familias*.
  2. Afastar do público as familias de *maior intensidade*.
  3. Contrastar os instrumentos colocando a un lado os *agudos* (normalmente á esquerda do director) e ao outro lado os *graves* (á dereita, polo xeral).

Entradas relacionadas: