Clasificación, Constitución e Protección dos Centros de Transformación (CT)

Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Tecnología Industrial

Escrito el en gallego con un tamaño de 8,99 KB

Clasificación dos Centros de Transformación (CT)

Segundo a súa alimentación:

  • Alimentación en punta ou radial: Só unha liña de alimentación.
  • Alimentación en anel: A liña de distribución en Media Tensión (MT) que parte da subestación receptora forma un anel que vai percorrendo os CT de maneira que entra e sae de cada un deles.
  • Alimentación con dobre procedencia: Consiste en dúas liñas de alimentación procedentes de dúas estacións transformadoras AT/MT diferentes. Precisa de dous interruptores que corresponden ás dúas liñas de chegada.

Segundo a súa propiedade:

  • CT de empresa: O CT é propiedade da empresa suministradora de electricidade, a cal efectúa o seu mantemento e responsabilízase do seu funcionamento. Este CT forma parte da rede pública e non dispoñen de equipo de medida.
  • CT de cliente: O abonado instala o seu propio CT e realiza a súa explotación e mantemento. As vantaxes son: independencia respecto doutros abonados a Baixa Tensión (BT), tarifación en MT e poder construír o CT xa previsto para futuras ampliacións.

Segundo o seu emprazamento:

  • Interiores: Cando o recinto do CT está situado dentro dun edificio ou nave.
  • Exteriores: Cando o recinto que contén o CT non forma parte do edificio. Poden ser: de superficie, soterrados, semisoterrados ou de intemperie.

Segundo a súa acometida:

  • Alimentados por liña aérea.
  • Alimentados por cable subterráneo.

Constitución

As dimensións dos CT deben permitir:

  • O movemento e colocación no seu interior dos elementos e maquinaria necesarios para a realización máis axeitada da instalación.
  • A execución das manobras propias de explotación en óptimas condicións de seguridade para as persoas que o realicen.
  • Mantemento do material.

Os compoñentes básicos dun CT son: celas de MT coa aparamenta de manobra e protección, cela do transformador de MT/BT e cadro de BT.

Tipos de transformadores de potencia

  • En baño de aceite mineral: Son os que máis se utilizan polas compañías distribuidoras para os CT das redes públicas. Non levan depósito, neles a dilatación do aceite por incremento da temperatura é compensada pola deformación elástica das aletas da cuba.
  • Transformadores secos: Nelas as súas bobinas están dentro dunha resina termoendurecible mesturada cunha carga activa formada de sílice e alúmina hidratada e con aditivos endurecedor e flexibilizador. Este tipo é máis usado nos CT de abonado que nos de rede pública.

Vantaxes do aceite sobre os secos

  • Menor custo unitario.
  • Menor nivel de ruído.
  • Menores perdas de baleiro.
  • Poden instalarse a intemperie.

Desvantaxes do aceite

  • Baixa temperatura de inflamación do aceite e, polo tanto, risco de incendio con elevado desprendemento de fumes.
  • Mantemento do aceite.

Transformador ideal

m = V1 / V2 = N1 / N2 = I2 / I1
P1 = P2 = V1 * I1 * Cosfi = V2 * I2 * Cosfi

Transformador real 1

SN = V1N * I1N = V2N * I2N
C = S1 / SN = I1 / I1N = I2 / I2N
PFE = PO
PCU = C2 * PCC
ucc (%) = UCC (V) / V1N
R = PUTIL / PABS = P2 / P1 = P2 / (P2 + PFE + PCU) = P2 / (P2 + PO + C2 * PCC)

Transformador real 2

PO = V12 / RO
IO = V1 / RO
PCC = I2N2 * RCC
PCU = I22 * RCC
ICC = I2N / ucc
SCC = SN / ucc = ICC * V2N

Transformador trifásico

m = VF1 / VF2 = N1 / N2 = IF2 / IF1
Estrela: IL = IF    VL = √3 * VF
Triángulo: IL = √3 * IF    VL = VF

Protección contra sobretemperaturas

En todos os transformadores hai dous focos de calor: no núcleo magnético, debido ás perdas por histérese e por correntes de Foucault, e nas bobinas, debido ao efecto Joule. Nos de baño de aceite a protección efectúase mediante un termómetro ou termostato que vixían a temperatura do aceite na capa superior deste, pero pode haber puntos máis quentes debido a un curtocircuíto; isto forma gases que se incrementan co aumento da temperatura, polo que se utiliza un relé de gases ou Buchholz. Nos transformadores secos, o control da temperatura vixíase mediante termistores situados na parte activa do transformador. O elemento de interrupción da alimentación nos dous casos pode ser un interruptor-seccionador. A protección contra avarías internas no transformador efectúana os fusibles cos que está equipado o interruptor-seccionador.

A protección diferencial de Merz-Price

En ausencia do relé Buchholz, esta protección é o único procedemento sensible que intervén rapidamente en casos de defectos internos no transformador. As dúas proteccións compleméntanse, non se substitúen. A protección diferencial está baseada na medida das intensidades antes e despois do transformador. Cando se supera unha relación axustable entre a intensidade de paso e a diferencial, o relé actúa. Para transformadores con depósito existen tamén desecadores de aire, válvula de sobrepresión e indicadores do nivel de aceite. As sobretensións atmosféricas ou de manobra protéxense mediante autoválvulas.

Elementos dun CT

Liñas de entrada e saída, seccionadores, proteccións, elementos de medida, transformador, centros de BT e posta a terra.

Curtocircuíto: Pode ser tripolar, bipolar ou unipolar.

Valores normalizados das características comúns

  • Tensión asignada: Indica o límite superior da tensión máis elevada da rede para a cal está prevista a aparamenta.
  • Nivel de illamento asignado: Definido polas tensións de proba que pode soportar sen deteriorarse.
  • Frecuencia asignada: 50 Hz.
  • Intensidade asignada en servizo continuo: É o valor eficaz da corrente que é capaz de soportar indefinidamente nas condicións preescritas de emprego e funcionamento.
  • Intensidade admisible asignada de curta duración: É o valor eficaz da corrente que pode soportar un aparello mecánico de conexión en posición de peche, durante un curto período especificado.
  • Valor de crista da intensidade admisible asignada: É o valor de crista da intensidade da primeira onda grande da corrente de curta duración admisible que un aparello mecánico de conexión pode soportar nas condicións de funcionamento. O valor nominal é 2,5 veces superior ao anterior.
  • Duración de curtocircuíto asignada: É o intervalo de tempo durante o cal un aparello mecánico pode soportar a intensidade asignada de curta duración admisible en posición de peche (1 segundo).
  • Tensión asignada de alimentación dos dispositivos de peche e apertura dos circuítos auxiliares.
  • Frecuencia asignada de...
  • Presión asignada de alimentación de gas comprimido para manobra.

Tipos de celas

  • Celas convencionais: Construídas por tabiques de obra con proteccións de chapa na parte frontal.
  • Celas modulares prefabricadas: Construídas de chapa de aceiro, totalmente pechadas, que o fabricante suministra montadas na súa totalidade. Hai dous tipos (con illamento ao aire e de SF6).
  • Celas compactas: Todas as celas que compoñen o CT forman un módulo completo, sendo a envolvente de chapa de aceiro.

Compartimentos básicos

  • Cuba: Compartimento do aparello de conexión que pode ser un interruptor automático.
  • Compartimento de barras xerais.
  • Compartimento cos terminais para conexión.
  • Compartimento de control e zona de manobras.

Entradas relacionadas: