Clasificación Completa de Software e Licenzas Informáticas

Enviado por Chuletator online y clasificado en Informática y Telecomunicaciones

Escrito el en español con un tamaño de 3,82 KB

Tipos de Licenzas de Software

As licenzas de software definen os dereitos de uso e distribución dun programa. A continuación, detallamos os principais tipos:

  • Software Propietario

    Desenvolvido e comercializado por unha empresa determinada, que mantén os dereitos de explotación sobre el. O usuario adquire unha licenza de software para o seu uso.

    Exemplos: MS Office, Photoshop.

  • Shareware

    Tras un período de proba sen custo, poden adquirirse a baixo prezo para poder seguir utilizándoos.

    Exemplos: As demos dos xogos.

  • Freeware

    Software de uso gratuíto, pero do que o creador mantén os dereitos. Poden mesmo cambiar a licenza de futuras versións. En xeral, permítese a súa copia (mas non a venda nin modificación), e nalgúns casos a distribución non se contempla para usos comerciais.

    Exemplos: Skype, Adobe Reader.

  • Open Source (Código Aberto)

    Software de uso libre e totalmente gratuíto, do que se pode dispoñer do código fonte, incluso para modificalo e comercializalo posteriormente. É habitual que se desenvolva de xeito colaborativo.

    Exemplos: LibreOffice, VLC, GIMP, Firefox.

Existen diferentes tipos de licenzas de código aberto que definen certas restricións de uso e distribución.

Clasificación de Software por Tipo

O software pode clasificarse en diferentes categorías segundo a súa funcionalidade e propósito:

  • Software Básico

    Imprescindible para o correcto funcionamento do computador.

    • Sistema Operativo (SO)

      Programas que controlan o hardware do computador e supervisan o funcionamento de calquera programa ou aplicación de usuario.

    • Programas de Utilidade

      Resolven tarefas rutineiras tales como copiar ou borrar arquivos, amosar o contido dos soportes, etc. En ocasións veñen xa incluídos no SO (ex. Explorer de Windows). Outras veces instálanse á marxe do SO (ex. programas de compresión de arquivos – Winzip e outros).

    • Programas de Comunicación

      Programas que permiten a un equipo funcionar como parte dunha rede (moitas veces incluídos no propio SO).

    • Programas Antivirus

      Software encargado de detectar e eliminar programas intrusos que afectan o funcionamento do computador.

  • Software Específico

    Programas desenvolvidos para resolver problemas concretos dos usuarios. Poden ser produtos xenéricos, ou ben aplicacións á medida realizadas para adaptarse ás necesidades de empresas ou usuarios.

    • Paquetes Integrados de Xestión Empresarial

      Enfocados á xestión das áreas básicas das empresas: facturación, nóminas, contabilidade, almacén, etc. (ex. ERPs – Enterprise Resource Planning).

    • Paquetes de Ofimática

      Inclúen normalmente un procesador de textos, unha folla de cálculo, un programa de presentación e un xestor de bases de datos (ex. MS Office, Open Office, Libre Office).

    • Outros

      Xogos, software educativo, programas multimedia, etc.

  • Software de Programación

    Programas (código executable) que permiten a programadores desenvolver programas (código fonte) usando diferentes tipos de linguaxes de programación.

    Un programa escrito por un programador nunha linguaxe de baixo ou alto nivel chámase código fonte. O computador e o SO necesitan que tal programa sexa codificado en linguaxe máquina (código máquina). A tradución para a obtención do programa executable realízase mediante tradutores (ensambladores, compiladores, intérpretes).

Entradas relacionadas: