Centrais termoelectricas de combustibles fósiles: funcionamento e vantaxes
Combustibles fósiles empregados
Os combustibles fósiles utilizados nas centrais termoeléctricas son o petróleo, o carbón e o gas natural. En 1970 deixáronse de construír as centrais que usan fuel como combustible. Na actualidade tendese a incrementar a utilización do gas natural respecto ao carbón como combustible.
Centrais termoeléctricas clásicas
As centrais eléctricas converten a enerxía obtida dunha fonte de enerxía primaria en enerxía eléctrica. As centrais termoeléctricas clásicas son as que usan combustibles fósiles como fonte primaria. A enerxía química contida nos combustibles fósiles transfórmase en enerxía térmica ao queimalos e empréganse para quentar un fluído. Parte da enerxía térmica transfórmase en enerxía mecánica de rotación cando o fluído quente incide sobre as pólas dunha turbina e a fai xirar. O eixe rotor da turbina está adaptado ao eixe do alternador, que é un conxunto de espiras de cobre no interior dun campo magnético. O xiro do alternador xera corrente eléctrica debido ao fenómeno da inducción electromagnética: a enerxía mecánica de rotación transfórmase en enerxía eléctrica.
Vantaxes e desvantaxes das centrais termoeléctricas
As centrais termoeléctricas que empregan combustibles fósiles producen máis do 60% da enerxía eléctrica en España. Estas centrais presentan vantaxes: o seu funcionamento non depende das condicións meteorolóxicas, o transporte de combustibles fósiles ás centrais é doado e relativamente barato. A enerxía producida en centrais térmicas é moito máis barata ca a mesma enerxía producida en outras centrais. Teñen inconvenientes moi destacables porque teñen un gran impacto ambiental. Emiten á atmosfera moito dióxido de carbono, principal gas do efecto invernadoiro.
Centrais de gas natural de ciclo combinado
Hai dous circuítos, un de gas natural e outro de vapor de auga, e dúas turbinas. Unha turbina é de gas e move-se empregando o gas como fluído. A outra turbina é de vapor e move-se grazas aos gases quentes que saen da primeira turbina, xerando electricidade. As centrais de ciclo combinado son máis eficientes e menos contaminantes ca as convencionais. O rendemento dunha central térmica convencional é inferior ao 30% e unha de ciclo combinado supera o 40%.